Vlatko Čančar
baloncestista esloveno
Vlatko Čančar, nado o 10 de abril de 1997 en Koper, é un xogador profesional esloveno de baloncesto que xoga nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA). Con 2,03 metros de estatura xoga na posición de ala.
![]() | |
Denver Nuggets – No. 31 | |
Posición | Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 10 de abril de 1997 (26 anos)![]() |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 107 kg (236 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2017 / Rolda: 2 / Elección: 49 Por Denver Nuggets |
Carreira | 2014−presente |
Historial de equipos | |
Koš Koper (2012–2013) Union Olimpija (2013–2016) → Škofja Loka (2014–2016) Mega Leks (2016–2018) → San Pablo Burgos (2018) San Pablo Burgos (2018–2019) Denver Nuggets (2019–presente) → Erie BayHawks (2019) → Grand Rapids Gold |
Traxectoria profesional Editar
Europa Editar
O 16 de abril de 2015, Čančar asinou un contrato de cinco anos co KK Union Olimpija esloveno.[1] Tras unha tempada no Olimpija, o 30 de xuño de 2016 asinou co KK Mega Basket serbio.[2]
O 13 de xuño de 2018, Čančar asinou dous anos polo San Pablo Burgos da Liga ACB.[3]
NBA Editar
O 22 de xuño de 2017, Čančar foi seleccionado polos Denver Nuggets na 49ª posición do Draft da NBA de 2017.
O 1 de agosto de 2019, Čančar asinou un contrato de rookie cos Nuggets.[4]
Notas Editar
- ↑ "Olimpija Ljubljana signs Vlatko Cancar to a 5-year contract.". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2017. Consultado o 12 de agosto de 2020.
- ↑ "Mega Leks signs Slovenian prospect Vlatko Cancar.". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 12 de agosto de 2020.
- ↑ "ACB.COM - Vlatko Čančar renueva con el San Pablo Burgos por dos años". www.acb.com. 13 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2019. Consultado o 2 de agosto de 2019.
- ↑ "Denver Nuggets sign Vlatko Čančar". NBA.com. 2 de agosto de 2019. Consultado o 2 de agosto de 2019.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 10 de agosto de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en ACB.com (en castelán)