Krešimir Ćosić
Krešimir Ćosić, nado o 26 de novembro de 1948 en Zagreb, Iugoslavia (actual Croacia) e finado o 25 de maio de 1995 en Baltimore, Estados Unidos, foi un xogador e adestrador profesional de baloncesto croata. A Copa de Croacia de baloncesto recibe o nome de Kup Krešimira Ćosića (do croata: Copa Krešimir Ćosić) na súa honra.
Considerado un dos trinta e cinco mellores xogadores da historia da Euroliga, é tamén membro do Basketball Hall of Fame (o terceiro xogador non americano en conseguilo) e do FIBA Hall of Fame. Embaixador croata en Washington, D.C. (Estados Unidos), foi tamén un líder espiritual e misioneiro da Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días. Cunha altura de 2,11 metros xogaba na posición de pivote.
Traxectoria
editarZadar e a NCAA
editarOs seus primeiros pasos baloncestísticos deunos na cidade de Zadar,[1][2] no equipo local do KK Zadar. Con apenas 17 anos xa gañara o seu primeiro título, a liga de Iugoslavia, algo que repetiría en 1967 e 1968. O 6 de agosto de 1967 conseguría un récord que non foi batido até moitos anos despois por outro gran xogador, Dražen Petrović, anotando 61 puntos nun partido de liga. Con 20 anos foi convocado coa selección iugoslava para participar nos Xogos Olímpicos de México 1968, onde conseguiron a medalla de prata tras perder na final coa selección dos Estados Unidos por 65 a 50.
Non tardaron en fixarse nel no país inventor do baloncesto a acabou índo a xogar á universidade mormona de Brigham Young,[1] converténdose no primeiro europeo en irse a xogar alén do Atlántico. O seu paso polo equipo, onde xogou entre 1971 e 1973, foi todo un éxito, sendo elixido en dúas ocasións "All-American", e promediando 19,1 puntos por partido. A súa camiseta co número 11 foi retirada en 2006 por Brigham Young como homenaxe á súa traxectoria deportiva, sendo o segundo xogador dese equipo que recibe tal honra tras Danny Ainge. Ademais, alí converteuse en líder e misioneiro da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días, sendo bautizado por Hugh Nibley, un dos especialistas máis famosos desta doutrina.
Regreso a Europa
editarA pesar de ser seleccionado no draft da NBA en dúas ocasións (en 1972 na posición 144 da décima rolda por Portland Trail Blazers,[3][4] e en 1973 na posición 84 da quinta rolda por Los Angeles Lakers, e mesmo no draft da ABA polos Carolina Cougars, mais finalmente decidiu decidiu a Iugoslavia, cedendo ás presións gobernamentais.
Alí asinou co seu primeiro equipo, o KK Zadar, que o ano anterior estiver a piques de perder a categoría. Con todo, coa súa achega converteuno en campión de liga en 1974 e en 1975. Tras pasar dous anos na Union Olimpija de Liubliana, decidiu irse a unha liga potente como a italiana, fichando pola Virtus Bolgna, equipo co que gañou de novo dous campionatos de liga, en 1979 e 1980. Tras ese ano decide regresar ao seu pais, fichando pola Cibona Zagreb, gañando a liga nunha ocasión (1981) e a copa noutras tres. Ademais anotouse o seu primeiro título europeo de clubs, ao gañar ao Real Madrid a final da Recopa de Europa por 93 a 92, nun partido disputado en Bruxelas en 1982.
Tras abandonar o baloncesto en activo, seguiu vinculado ao deporte da canastra, sendo adestrador da Jugoplastika Split na tempada 1984-85. Posteriormente, en 1986 fíxose cargo durante un ano do posto de seleccionador nacional de Iugoslavia. Rematou a súa carreira no baloncesto profesional adestrando en Italia ao seu exequipo Virtus Bologna, e en Grecia ao AEK Atenas.
Equipos
editar- Xogador
- KK Zadar (1964-1969)
- Universidade de Brigham Young (1970-1973)
- KK Zadar (1973-1975)
- Brest Ljubljana (1976-1978)
- Sinudyne Bolgna (1978-1980)
- Cibona Zagreb (1980-1983)
- Adestrador
Selección iugoslava
editarCadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Iugoslavia | |||
Xogos Olímpicos | |||
Prata | México 68 | Iugoslavia | |
Prata | Montreal 76 | Iugoslavia | |
Ouro | Moscova 80 | Iugoslavia | |
Campionato do Mundo | |||
Prata | Uruguai 67 | Iugoslavia | |
Ouro | Eslovenia 70 | Iugoslavia | |
Prata | Porto Rico 74 | Iugoslavia | |
Ouro | Filipinas 78 | Iugoslavia | |
Eurobasket | |||
Prata | Italia 69 | Iugoslavia | |
Prata | Alemaña 71 | Iugoslavia | |
Ouro | España 73 | Iugoslavia | |
Ouro | Iugoslavia 75 | Iugoslavia | |
Ouro | Bélxica 77 | Iugoslavia | |
Bronce | Italia 79 | Iugoslavia | |
Prata | Checoslovaquia 81 | Iugoslavia |
Ćosić Foi 303 veces internacional coa selección de Iugoslavia. Acudiu coa mesma a catro Xogos Olímpicos: México 1968, Múnic 1972, Montreal 1976 e Moscova 1980, gañando a medalla de prata nas dúas primeiras ocasións e por fin o ouro en 1980.
Participou tembién en catro edicións do Campionato Mundial de Baloncesto, gañando o ouro en 1970 en Liubliana e en 1978 en Manila, e a prata en Montevideo en 1967 e Porto Rico en 1974. En canto aos Campionatos Europeos de Baloncesto, participou en sete ocasións, gañando a medalla de ouro en tres delas, en 1973, 1975 e 1977.
Labor como diplomático
editarNos seus últimos anos de vida Ćosić exerceu como conselleiro da Embaixada de Croacia en Washington, D.C., mesmo continuou exercendo o seu labor cando se lle detectou un cancro que finalmente acabaría coa súa vida. Dada a súa encantadora personalidade contribuíu en gran medida a mellorar as relacións de amizade entre Croacia e Estados Unidos, recibindo en 1993 o prestixioso Premio da Liberdade pola súa contribución á promoción da paz e a reconciliación dos grupos étnicos no seu país. Faleceu en 1995, na cidade de Baltimore (Estado de Maryland), vítima dun Linfoma de Non-Hodgkin.
Premios
editar- En 1996 foi incluído no prestixioso Basketball Hall of Fame, sendo un dos primeiros xogadores europeos en logralo.
- En 2007 é incluído no Salón da Fama FIBA a título póstumo.
- Desde 1998, a Copa de baloncesto de Croacia recibe o nome de Copa Krešimir Ćosić na súa honra.
- Na cidade de Zadar ten unha rúa co seu nome. Ademais o 4 de abril de 2002 inaugurouse un monumento coa súa figura fronte ao Palacio dos Deportes de Jazine.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Croatian Sport - Krešimir Ćosić (1948 - 1995)[Ligazón morta]
- ↑ "Olympic Basketball". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2009. Consultado o 17 de novembro de 2011.
- ↑ "1972 NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2008. Consultado o 17 de novembro de 2011.
- ↑ "Los Angeles Lakers Draft Register". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2011. Consultado o 17 de novembro de 2011.