Beno Udrih

baloncestista esloveno

Beno Udrih, nado o 5 de xullo de 1982 en Celje, é un ex xogador esloveno de baloncesto profesional. Cunha altura de 1,91 metros xogaba nas posicións de base e escolta.

Beno Udrih
Información persoal
Nacemento 5 de xullo de 1982 (41 anos)
Celje, Iugoslavia
Nacionalidade Eslovenia Eslovenia
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 92 kg (203 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
NBA Draft 2004 / Rolda: 1 / Elección: 28
Por San Antonio Spurs
Carreira 1997–2018
Historial de equipos
Hopsi Polzela (1997–2000)
Union Olimpija (2000–2002)
Maccabi Tel Aviv (2002–2003)
Avtodor Saratov (2003–2004)
Olimpia Milano (2004)
San Antonio Spurs (2004–2007)
Sacramento Kings (2007–2011)
Milwaukee Bucks (2011–2013)
Orlando Magic (2013)
New York Knicks (2013–2014)
Memphis Grizzlies (2014–2015)
Miami Heat (2015–2016)
Detroit Pistons (2016–2017)
Žalgiris (2017–2018)

Traxectoria profesional editar

Udrih foi elixido na 28ª posición do Draft da NBA de 2004 polos San Antonio Spurs e asinou con eles un contrato de tres anos e 2.4 millóns de dólares. No seu ano coma rookie, foi elixido para xogar o Rookie Challenge do All-Star Weekend.

O 27 de outubro de 2007, Udrih foi traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2008.[1] Os Wolves o cortaron inmediatamente.[1] Pouco máis tarde asinou cos Sacramento Kings.[2]

O 23 de xuño de 2011, foi traspasado ós Milwaukee Bucks nun traspaso entre tres equipos que incluía tamén ós Kings e ós Charlotte Bobcats.[3]

O 21 de febreiro de 2013, Udrih foi traspasado xunto a Tobias Harris, Doron Lamb ós Orlando Magic, a cambio de J. J. Redick, Gustavo Ayón e Ish Smith.[4]

O 10 de novembro de 2015, Udrih foi traspasado xunto a Jarnell Stokes ós Miami Heat, a cambio de Mario Chalmers e James Ennis.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Wolves get younger with buyout of Howard's contract". ESPN.com. 29 de outubro de 2007. Consultado o 29 de outubro de 2007. 
  2. "Kings Sign Udrih to Fill in for Bibby". NBA.com. 2 de novembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2007. Consultado o 2 de novembro de 2007. 
  3. "Bucks part of 3-team draft day trade". NBC15.com. 24 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2011. 
  4. "Magic Acquire Harris, Lamb and Udrih From Milwaukee; Warrick from Charlotte". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 21 de febreiro de 2013. Consultado o 30 de marzo de 2013. 
  5. "HEAT Acquire Beno Udrih and Jarnell Stokes". NBA.com. 10 de novembro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar