Alen Omić

baloncestista esloveno

Alen Omić, nado o 6 de maio de 1992 en Tuzla, é un xogador profesional de baloncesto esloveno. Cunha estatura de 2,16 metros xoga na posición de pivote para o KK Cedevita Olimpija da ABA Liga.

Alen Omić
Cedevita Olimpija  – No. 24
Información persoal
Nacemento 6 de maio de 1992 (31 anos)
Bosnia e Hercegovina Tuzla, Bosnia e Hercegovina
Nacionalidade Eslovenia Eslovenia
Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina
Altura 2,16 m (7 ft 1 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Carreira 2009−presente
Historial de equipos
Zlatorog Laško (2009–2012)
Union Olimpija (2012–2015)
Gran Canaria (2015–2016)
Anadolu Efes (2016–2017)
Unicaja Málaga (2017)
Hapoel Jerusalem (2017–2018)
Crvena Zvezda (2018)
Budućnost Podgorica (2018)
Olimpia Milano (2019)
Joventut Badalona (2019–2020)
JL Bourg (2020–2021)
Cedevita Olimpija (2021−presente)

Traxectoria profesional editar

Omić comezou a xogar coma profesional no Zlatorog Laško esloveno, equipo co que asinou no ano 2009, e que deixou en 2012. O 30 de agosto de 2012, Omić asinou un contrato de catro anos co KK Union Olimpija esloveno.[1]

En xullo de 2014, Omić disputou a Liga de Verán da NBA cos Brooklyn Nets.[2] Ó ano seguinte disputou de novo a Liga de Verán cos Denver Nuggets.

O 1 de agosto de 2015, Omić asinou un contrato de dous anos co Herbalife Gran Canaria.[3]

Notas editar

  1. "Union Olimpija Ljubljana signs youngster Alen Omic". Sportando.com. 30 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 26 de marzo de 2014. 
  2. "Brooklyn Nets Announce Summer League Roster". NBA.com. 1 de xullo de 2014. Consultado o 1 de xullo de 2014. 
  3. "Alen Omic, refuerzo de altura para el Herbalife Gran Canaria". Abaliga.com. 1 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar