Tadija Dragićević
Tadija Dragićević (en serbio cirílico: Тадија Драгићевић), nado o 28 de xaneiro de 1986 en Čačak é un xogador profesional de baloncesto serbio. Formado nas categorías inferiores do KK Crvena zvezda, cunha altura de 2,06 m xoga na posición de ala-pivote. Entre os seus logros destacan o ser o MVP da Liga do Adriático (ABA Liga) en 2008 e dúas veces máximo anotador desta competición (2008 e 2016). No ano 2008 foi elixido no draft da NBA polos Utah Jazz. Actualmente xoga para o Club Baloncesto Breogán da Liga ACB.[1]
Cafés Candelas Breogán – No. 20 | |
Ala-pivote | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1986 (33 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 112 kg (247 lb) |
Información da carreira | |
Canteira | Crvena zvezda |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 2 / Elección: 53 Por Utah Jazz |
Carreira | 2004−presente |
Historial de equipos | |
Crvena zvezda (2004–2010) KLS → Mega Vizura (2005–2006) KLS Lottomatica Roma (2010) LBA Alba Berlin (2010−2011) BBL Angelico Biella (2011–2012) LBA Azovmash (2012–2013) VTB Anadolu Efes (2013) BSL Crvena zvezda (2014) KLS SIG Strasbourg (2014–2015) Pro A Budućnost Podgorica (2015–2016) Pro A Aris Thessaloniki (2016–2017) A1 Yeşilgiresun Belediye (2018) BSL Cafés Candelas Breogán (2018– ) ACB |
TraxectoriaEditar
Nado en Čačak, Dragićević formouse na categorías inferiores do Crvena zvezda (Estrela Vermella). Co paso dos anos acabou por chegar ao primeiro equipo, onde acabou sendo o capitán e nomeado como mellor xogador (MVP) da Liga do Adriático (ABA Liga) en 2008. Ese mesmo ano é escollido no Draft da NBA polos Utah Jazz, os cales venderon os seus dereitos polo xogador aos Dallas Mavericks, quenes o traspasaron aos Chicago Bulls en troca de Greg Smith. Debido ás graves dificultades económicas que pasou o seu club a comezos da década de 2010, o 22 de xaneiro ten que deixar o equipo, asinando coa Lottomatica Roma da Lega Basket Serie A para o que restaba de temporada. Na seguinte campaña asina co Alba Berlin da Basketball Bundesliga. Tras rematar o seu contrato regresa a Italia, onde asina co Angelico Biella, club onde fai unha media de 10,6 puntos e 6,4 rebotes por partido. Após xogar en diferentes equipos do máximo nivel europeo, en 2015 recala no Budućnost Podgorica, onde se converte por segunda vez na súa carreira no máximo anotador da Liga do Adriático. Tras pasar por Turquía, o 29 de decembro de 2018 anúnciase a súa fichaxe polo Club Baloncesto Breogán da Liga ACB.
ClubsEditar
- Crvena zvezda (2004–2010)
- Mega Vizura (2005–2006)
- Lottomatica Roma (2010)
- Alba Berlin (2010−2011)
- Angelico Biella (2011–2012)
- Azovmash (2012–2013)
- Anadolu Efes (2013)
- Crvena zvezda (2014)
- SIG Strasbourg (2014–2015)
- Budućnost Podgorica (2015–2016)
- Aris Thessaloniki (2016–2017)
- Yeşilgiresun Belediye (2018)
- Cafés Candelas Breogán (2018– )
PalmarésEditar
- Liga de Montenegro
- Campión (1): 2016
- Copa de Montenegro
- Campión (1): 2016
- Copa Radivoj Korać
- Campión (2): 2006, 2014
- Copa de Francia
- Campión (1): 2015
- MVP da ABA Liga (Liga do Adriático) (1): 2008
- Máximo anotador da Liga ABA (2): 2008, 2016
- Quinteto ideal da ABA Liga (1): 2016
NotasEditar
- ↑ "O Cafés Candelas Breogán incorpora a Tadija Dragićević". Club Baloncesto Breogán. 29 de decembro de 2018.