A1 Ethniki
A A1 Ethniki (en grego: Α1 Εθνική, A1 Nacional), coñecida por motivos de patrocinio como Stoiximan.gr Basket League,[1] é a máxima categoría do baloncesto grego entre clubs. Está organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto Helenos (en grego: ΕΣΑΚΕ, Esake, tamén coñecida en inglés como HEBA, Hellenic Basketball Clubs Association). O campionato de Primeira División é o denominado "A1", e é disputada por catorce equipos que xogan entre eles entre os meses de outubro e xullo, xogando entre eles vinte e seis partidos de liga regular, cos oito mellores xogando un playoff para decidir o campión. Por outra banda, os dous último clasificados descenden á segunda categoría, a A2 Ethniki. Disputada por primeira vez na temporada 1927–28, tan só novo equipos diferentes conseguiron o título de campión, sendo o gran dominador o Panathinaikos, que gañou o campionato en máis de trinta ocasións. A liga grega está considereda como unha das 3 ou 5 mellores competicións domésticas do baloncesto europeo desde que se fan clasificacións das mesmas.
A1 Ethniki / Α1 Εθνική | |
---|---|
Fundación | 1927 |
País | ![]() |
Confederación | ![]() |
Presidente | Vangelis Galatsopoulos |
Equipos | 15 |
Copa | Copa de Grecia |
Descenso | A2 Ethniki |
Actual campión | Panathinaikos (37º título) |
Máis laureado | Panathinaikos (37 títulos) |
Televisión | ERT / Cosmote Sport |
Organizador | HEBA |
Sitio web | esake.gr |
HistoriaEditar
O baloncesto chegou a Grecia por primeira vez en 1910. En 1925 disputouse o primeiro campionato non oficial, e en 1927 comezou o primeiro campionato oficial. Hai tres diferentes períodos do campionato oficial. O primeiro período ou Panhellenic Championship tivo lugar entre 1927 e 1963, cando non había un campionato nacional e os campións de cada distrito xogaban entre eles para decidir o campión grego. O segundo ciclo ou A Ethniki comezou na tempada 1963-64, cando se fundou a Primeira División Grega (A Ethniki). En 1969, a EOK fíxose cargo das funcións da competencia e así o fixo ata 1992. A terceira etapa ou A1 Ethniki comezou na tempada 1986-87, cando foron fundadas a A1 (coa súa liga regular e playoffs) e a A2 (chamada A2 Ethniki ou Liga Grega A2).
A Liga Grega foi unha das ligas de baloncesto máis competitivas de Europa ao longo dos anos e foi amplamente considerada como a segunda mellor liga nacional do mundo logo da NBA na década dos '90. Na actualidade encóntrase entre as mellores ligas nacionais do mundo (a excepción da NBA), como a Liga ACB en España e a Lega A de Italia. É considerada unha das 3 mellores ligas de Primeira División de Baloncesto de Europa baixo a Europa League Rankings System. A liga ten varias grandes potencias, que pertencen aos máis tradicionais clubs de baloncesto de Europa, sobre todo os xigantes da Euroliga: Panathinaikos e o Olympiakos. Outros equipos que tiveron un importante éxito na historia do baloncesto grego foron o Aris Tesalónica e o AEK Atenas. Estes equipos, xunto co PAOK son considerados os equipos gregos de maior éxito. Só tres equipos participaron en tódolos campionatos dende a fundación da Primeira División en 1964: Panathinaikos, AEK Atenas e Aris Tesalónica.
FormatoEditar
- Véxase tamén: A2 Ethniki.
As princpais categorías do baloncesto grego, na súa forma actual, están organizadas desde a temporada 1992−93 pola Asociación de Clubs de Baloncesto Helenos. Deste forma, trinta equipos de baloncesto profesional están divididos en dúas divisións diferentes. No campionato de Primeira División, chamado "A1", compiten catorce equipos, mentres que no campionato de Segunda División, chamado "A2", compiten dezaseis. Os dous últimos equipos da clasificación da liga regular da A1 descenden á A2 Ethniki, mentres que os dous primeiros clasificados son ascendidos á A1.
En canto ao formato da máxima categoría, catorce equipos xogan unha fase de liga regular onde se enfrontan todos entre si dúas veces, unha como local e outra como visitante. Os equipos que finalizan entre os postos cinco e oito xogan unha primeira rolda de eliminatorias ao mellor de tres partidos, pasando os dous eequipos vencedores aos cuartos de final, onde se enfrontan aos equipos que finalizaron no terceiro e cuarto posto. Esta eliminatoria tamén se xoga ao mellor de tres partidos. Finalmente, os dous equipos vencedores da rolda de cuartos enfróntanse en semifinais ao primeiro e segundo clasificados da liga regular. Esta eliminatoria xógase ao mellor de cinco. Finalmente, os vencedores enfróntanse na final polo título, tamén ao mellor de cinco, mentres que os dous equipos derrotados xogan outra eliminatoria polo terceiro posto.
EquiposEditar
Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2019−20 da A1 Ethniki.
Equipo | Cidade | Periferia | Pavillón | Capacidade |
---|---|---|---|---|
AEK | Atenas | Ática | OAKA Indoor Hall | 19.250 |
Aris | Tesalónica | Macedonia Central | Alexandrio Melathron | 5.138 |
Holargos | Colargos | Ática | Antonis Tritsis | 1.100 |
Ifaistos Limnou | Mirina | Exeo Setentrional | Nikos Samaras | 1.200 |
Ionikos Nikaias | Nikaia | Ática | Platonas Gymnasium | 1.500 |
Iraklis Thessaloniki | Tesalónica | Macedonia Central | Ivanofio Gymnastírio | 2.443 |
Kolossos | Rodas | Exeo Meridional | Kalamitsa Indoor Hall | 1.700 |
Kymis | Kymi | Eubea | Tasos Kabouris Kanithou | 1.620 |
Lavrio | Lavrio | Ática | Lavrio Indoor Hall | 1.700 |
Panathinaikos | Atenas | Ática | OAKA Indoor Hall | 19.250 |
Panionios | Nea Smyrni | Ática | Nea Smyrni Indoor Hall | 2.000 |
PAOK | Tesalónica | Macedonia Central | PAOK Sports Arena | 8.500 |
Peristeri | Peristeri | Ática | Andreas Papandreou | 4.000 |
Promitheas Patras | Patras | Grecia Occidental | Dimitris Tofalos Arena | 4.150 |
Rethymno Cretan Kings | Retimno | Creta | Rethymno Indoor Hall | 1.600 |
PalmarésEditar
- 1927–28 Iraklis
- 1928–29 Panellinios
- 1929–30 Aris
- 1930–34 Non celebrado
- 1934–35 Iraklis
- 1935–36 Near East
- 1936–37 Panepistímion Athinón
- 1937–38 Non celebrado
- 1938–39 Panellinios
- 1939–40 Panellinios
- 1940–45 Non celebrado
- 1945–46 Panathinaikos
- 1946–47 Panathinaikos
- 1947–48 Non celebrado
- 1948–49 Olympiacos
- 1949–50 Panathinaikos
- 1950–51 Panathinaikos
- 1951–52 Non celebrado
- 1952–53 Panellinios
- 1953–54 Panathinaikos
- 1954–55 Panellinios
- 1955–56 Non celebrado
- 1956–57 Panellinios
- 1957–58 AEK
- 1958–59 PAOK
- 1959–60 Olympiacos
- 1960–61 Panathinaikos
- 1961–62 Panathinaikos
- 1962–63 AEK
- 1963–64 AEK
- 1964–65 AEK
- 1965–66 AEK
- 1966–67 Panathinaikos
- 1967–68 AEK
- 1968–69 Panathinaikos
- 1969–70 AEK
- 1970–71 Panathinaikos
- 1971–72 Panathinaikos
- 1972–73 Panathinaikos
- 1973–74 Panathinaikos
- 1974–75 Panathinaikos
- 1975–76 Olympiacos
- 1976–77 Panathinaikos
- 1977–78 Olympiacos
- 1978–79 Aris
- 1979–80 Panathinaikos
- 1980–81 Panathinaikos
- 1981–82 Panathinaikos
- 1982–83 Aris
- 1983–84 Panathinaikos
- 1984–85 Aris
- 1985–86 Aris
- 1986–87 Aris
- 1987–88 Aris
- 1988–89 Aris
- 1989–90 Aris
- 1990–91 Aris
- 1991–92 PAOK
- 1992–93 Olympiacos
- 1993–94 Olympiacos
- 1994–95 Olympiacos
- 1995–96 Olympiacos
- 1996–97 Olympiacos
- 1997–98 Panathinaikos
- 1998–99 Panathinaikos
- 1999–00 Panathinaikos
- 2000–01 Panathinaikos
- 2001–02 AEK
- 2002–03 Panathinaikos
- 2003–04 Panathinaikos
- 2004–05 Panathinaikos
- 2005–06 Panathinaikos
- 2006–07 Panathinaikos
- 2007–08 Panathinaikos
- 2008–09 Panathinaikos
- 2009–10 Panathinaikos
- 2010–11 Panathinaikos
- 2011–12 Olympiacos
- 2012–13 Panathinaikos
- 2013–14 Panathinaikos
- 2014–15 Olympiacos
- 2015–16 Olympiacos
- 2016–17 Panathinaikos
- 2017–18 Panathinaikos
- 2018–19 Panathinaikos
Por equipoEditar
Títulos | Club | Anos |
---|---|---|
37 | Panathinaikos | 1945–46, 1946–47, 1949–50, 1950–51, 1953–54, 1960–61, 1961–62, 1966–67, 1968–69, 1970–71, 1971–72, 1972–73, 1973–74, 1974–75, 1976–77, 1979–80, 1980–81, 1981–82, 1983–84, 1997–98, 1998–99, 1999–00, 2000–01, 2002–03, 2003–04, 2004–05, 2005–06, 2006–07, 2007–08, 2008–09, 2009–10, 2010–11, 2012–13, 2013–14, 2016−17, 2017−18, 2018−19 |
12 | Olympiacos | 1948–49, 1959–60, 1975–76, 1977–78, 1992–93, 1993–94, 1994–95, 1995–96, 1996–97, 2011–12, 2014–15, 2015–16 |
10 | Aris | 1929–30, 1978–79, 1982–83, 1984–85, 1985–86, 1986–87, 1987–88, 1988–89, 1989–90, 1990–91 |
8 | AEK | 1957–58, 1962–63, 1963–64, 1964–65, 1965–66, 1967–68, 1969–70, 2001–02 |
6 | Panellinios | 1928–29, 1938–39, 1939–40, 1952–53, 1954–55, 1956–57 |
2 | Iraklis | 1927–28, 1934–35 |
PAOK | 1958–59, 1991–92 | |
1 | Near East | 1935–36 |
Panepistímion Athinón | 1936–37 |
Finais da A1Editar
Por clubEditar
Club | Vitorias | Derrotas | Total |
---|---|---|---|
Panathinaikos | 17 | 6 | 23 |
Olympiacos | 8 | 14 | 22 |
Aris | 4 | 0 | 4 |
PAOK | 1 | 6 | 7 |
AEK | 1 | 3 | 4 |
Panionios | 0 | 1 | 1 |
Maroussi | 0 | 1 | 1 |
Promitheas | 0 | 1 | 1 |
CuriosidadesEditar
As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
En toda a súa historia tan só houbo nove equipos que conseguisen proclamarse campións da Liga Grega, sendo todos eles das cidades de Atenas e Tesalónica ou as súas áreas.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
NotasEditar
- ↑ "Συμφωνία ΕΣΑΚΕ - Stoiximan.gr για τη Basket League". Sport24 (en grego).