Ionikos Nikaias B.C.

O Ionikos Nikaias B.C. (en grego: Iωνικός Νικαίας K.A.E.), é un equipo de baloncesto grego en Nikaia, no Pireo. Actualmente xoga na A1 Ethniki, a máxima categoría do baloncesto heleno, tras conseguir o ascenso na temporada 2018−19. Disputa os seus partidos como local no Platonas Gymnasium, un pavillón con capacidade para 1.200 espectadores.

Ionikos Nikaias
Información xeral
Nome Iωνικός Νικαίας K.A.E.
Liga A1 Ethniki
Fundación 1965
Cores           Branco, azul
Presidente Grecia Vangelis Tsapas
Adestrador Grecia Stergios Koufos
Localización
Cidade Grecia Nikaia, Grecia
Pavillón Platonas Gymnasium
Capacidade 1.200
ionikosbc.gr

Historia editar

O club polideportivo Ionikos foi fundado en 1965 con sección de fútbol e de baloncesto. O equipo xogou o seu primeiro xogo o 9 de agosto de 1966 contra o Α.Ο. Zografou participando no campionato da Clase A de Atenas-O Pireo. Xogou en categorías inferiores até que na temporada 1972−73 logrou o ascenso á segunda división nacional. En 1975, con Panagiotis Giannakis liderando ao equipo, logrou o ascenso á A1 Ethniki, a primeira división helena. En 1979 logran acceder por vez primeira a unha competición europea, a Copa Korać, caendo na primeira rolda.[1]

Permaneceu na primeira división até a temporada 1986-87, na que descenderon á A2 Ethniki, comezando un longo período no que se moverían en diferentes niveis inferiores do baloncesto grego, chegando mesmo a descender até a quinta división. Xa na tempada 2017-18 fixéronse co campionato da B Ethniki, a terceira división, regresando á segunda categoría.[2] No seu primeiro ano na A2 o equipo consegue facerse co campionato e regresar á elite do baloncesto heleno.

Xogadores editar

Destacados editar

Notas editar

  1. "Α.Ο. Ιωνικός Νικαίας: Προσφορά στο Ελληνικό Μπάσκετ". ionikosbc.gr. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2019. 
  2. "B Season 2017-2018". eurobasket.com. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Sitio web oficial