O A.O. Near East Kesariani (en grego: Α.Ο. Νήαρ Ηστ Καισαριανής) é un dos clubs de baloncesto máis antigos de Grecia. Fundado en 1927, ten a súa sede en Kaisariani, Atenas (Ática). Actualmente xoga na G Ethniki, cuarta categoría do baloncesto heleno. O seu pavillón como local é o Near East, recinto con capacidade para 1.300 espectadores. Posúe nas súas vitrinas un título de campión da Liga de Grecia, o cal conseguiron en 1936.

Near East
Información xeral
Nome Αθλητικός Όμιλος Νήαρ Ηστ Καισαριανής
Liga G Ethniki
Fundación 1927
Cores           Vermello, branco
Presidente Grecia Chamiadis Dimitrios
Adestrador Grecia Tolis Karnesis
Localización
Cidade Grecia Kaisariani, Grecia
Pavillón Near East
Capacidade 1.300
Campionatos
Liga 1 (1936)

Historia editar

O Near East B.C. foi un dos equipos que participaron no primeiro torneo Pan-Helénico de Baloncesto, o cal tivo lugar en Tesalónica. En 1936, o equipo gaña o seu primeiro título oficial da Liga de Grecia tras derrotar na final ao equipo da Universidade de Atenas en Tesalónica. Con todo, este trofeo é o único título de liga que posúe até a actualidade o club.[1] En 1937 estiveron cerca de conseguir revalidar o campionato, mais foron derrotados precisamente na final ante a Univesidade de Atenas. Nos últimos anos o equipo conseguiu loitou para conservar a súa praza nas máximas categorías do baloncesto heleno. En 1998, o equipo gañou o título da A2 Ethniki, a segunda división, conseguindo o ascenso. Pouco despois, nos anos 2000 e 2001, o equipo competiu na Copa Korać. Na edición de 2000 clasificouse até a terceira rolda, onde foi eliminado polo Nikas Peristeri, mentres que na edición de 2001 chegaron a xogar o Top 16, mais foron eliminados ante o Telit Trieste. Con todo, en 2002 perde a categoría, sendo esta a súa última participación na primeira división até o momento.

Palmarés editar

Xogadores editar

Destacados editar

Notas editar

  1. "About the A1 Basket League". Agona Sport (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2018. Consultado o 7 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar