Vassilis Xanthopoulos

baloncestista grego

Vassilis Xanthopoulos (en grego: Βασίλης Ξανθόπουλος), nado o 29 de abril de 1984 en Marusi, Atenas, é un xogador profesional de baloncesto grego que xoga para o Panionios BC da A1 Ethniki grega. Cunha estatura de 1,88 metros xoga na posición de base.

Vassilis Xanthopoulos
AEK Atenas  – No. 4
Información persoal
Nacemento 29 de abril de 1984 (40 anos)
Grecia Marusi, Atenas
Nacionalidade Grecia Grecia
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Posición Base
Liga A1 Ethniki
Información da carreira
Canteira Olympiacos
Carreira 2002−presente
Historial de equipos
Near East (2002–2004)
Panathinaikos (2004–2005)
PAOK (2005–2006)
Panathinaikos (2006–2007)
Panionios (2007–2009)
Panellinios (2009–2011)
Panionios (2011–2012)
Panathinaikos (2012–2013)
Obradoiro (2013–2014)
Panionios (2014–2015)
Aris (2015–2017)
AEK Atenas (2017–presente)
Premios e galardóns
Campión da Euroliga (2007)

Traxectoria profesional editar

Xanthopoulos medrou xogando nas categorías inferiores do Olympiacos dende o ano 1997. Comezou a xogar coma profesional en 2002, no Near East da liga grega. No ano 2004, Xanthopoulos fichou polo Panathinaikos. En 2005, fichou polo PAOK Tesalónica. En 2006 volveu ó Panathinaikos, onde conseguiu a Tripla Coroa no ano 2007, tras gañar a liga grega, a copa grega, e a Euroliga na mesma tempada. Co Panathinaikos, Xanthopoulos gañou dúas ligas gregas e dúas copas gregas. En 2013, tras pasar polo Panionios en 2009, o Panellinios en 2011, e volver ó Panathinaikos en 2012,[1] fichou polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[2] Posteriormente regresa a Grecia para xogar no Panionios, o Aris Tesalónica e o AEK Atenas.

Notas editar

  1. "Euroleague.net PANATHINAIKOS brings back Xanthopoulos.". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2012. Consultado o 08 de xaneiro de 2015. 
  2. "Vasilis Xanthopoulos completa la tripleta de bases del Blusens Monbus". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2015. Consultado o 08 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar