O G.S. Lavrio K.A.E. (en grego: Γ.Σ. Λαυρίου K.A.E.), tamén coñecido en inglés como Lavrio B.C., é un equipo profesional de baloncesto da localidade de Lavrio, Grecia. Fundado no ano 1990, o club compite actualmente na máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. O logo do club é un bufo, o cal homenaxea ao dekadrachm, moeda da Antiga Grecia. O Koroivos xoga os seus partidos como local no Pavillón de Lavrio, recinto con capacidade para 1.700 espectadores.

Lavrio Megabolt
Información xeral
Nome Gymnastikos Syllogos Lavrio
Liga A1 Ethniki
Fundación 1990
Cores           Azul, amarelo
Presidente Grecia Ioannis Psarakis
Adestrador Grecia Christos Serelis
Localización
Cidade Grecia Lavrio, Grecia
Pavillón Pavillón de Lavrio
Capacidade 1.700
lavrio-bc.gr

Historia editar

O Gymnastikos Syllogos Lavrio foi fundado no ano 1990, participando en categorías rexionais (ESKA) desde 1990 até 2002, ano no que conseguen o ascenso á Gamma Ethniki (4ª dvisión). Nesta categoría permanecen até o ano 2007, cando acadan o ascenso á Beta Ethniki (3ª división). Durante as dúas primeiras temporadas do equipo nesta categoría, a 2007–08 e a 2008–09, o equipo finaliza en sexto posto. Porén, na temporada 2009–10, conseguen proclamarse campións tras gañar no desempate ao Panelefsiniakos (24 vitorias por 6 derrotas). Así, por vez primeira no club, o club ascende á A2 Ethniki. Ao mesmo tempo, o equipo consegue gañar catro partidos na Copa de Grecia, sendo eliminados na segunda rolda da senda fase do torneo polo PAOK (73-83).

Durante a súa primeira temporada na Segunda División, en 2010–11, o Lavrio finaliza en cuarto lugar. Tras manternse nos postos intermedios da táboa clasificatoria durante as seguintes temporadas, en 2014–15 o equipo finaliza en terceiro lugar, o que unido ao descenso e desaparición do KAOD da A1 Ethniki, levou ao Lavrio á máxima categoría por primeira vez na súa historia.[1] Ao ano seguinte o club consegue manter a categoría a falta dunha xornada para o final do campionato, podendo finalmente perder sen consecuencias na última xornada ante o Aries Trikala.

Patrocinadores editar

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Lavrio DHI (2016–2017)
  • Lavrio Megabolt (2017− )

Traxectoria editar

Ano Categoría División Pos. Playoffs Copa Europa
2009–10
3
B Ethniki
1
Ascende
2010–11
2
A2 Ethniki
4
2011–12
2
A2 Ethniki
8
2012–13
2
A2 Ethniki
5
2013–14
2
A2 Ethniki
10
2014–15
2
A2 Ethniki
3
Ascende
2015–16
1
A1 Ethniki
9
2016–17
1
A1 Ethniki
8

Notas editar

  1. "Τίτλοι τέλους ο ΚΑΟΔ, το Λαύριο στην Α1" (en grego). gazzetta.gr. 04-09-2015. Consultado o 07-05-2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar