Yeşilgiresun Belediyespor

(Redirección desde «Yeşilgiresun Belediye»)

O Yeşilgiresun Belediyespor, antes coñecido como Yeşilgiresun Belediyes, foi un equipo de baloncesto da cidade de Giresun (Turquía). Xogaba os seus partidos como local no 19 Eylül Spor Salonu, recinto con capacidade para 3 500 espectadores.

Yeşilgiresun Belediyespor
Información xeral
Liga BSL
Fundación 2006
Desaparición 2018
Historia Yeşilgiresun Belediye (2006-2015)
Cores           Verde, branco
Presidente Kerim Aksu
Adestrador Mihailo Uvalin
Localización
Cidade Giresun, Turquía
Pavillón 19 Eylül Spor Salonu
Capacidade 3.500
ygbspor.com

Historia editar

O club foi fundado en 2006 polo Concello de Giresun. O equipo comezou a xogar na tempada 2006-2007 na Erkekler Bölgesel Basketbol Ligi. Entre 2006 e 2012, o equipo xogou entre a Erkekler Bölgesel Basketbol Ligi e a TB3L. Na tempada 2011-12 na TB3L, o equipo finalizou a tempada en terceiro lugar, perdendo a oportunidade de ascender. Con todo, o campión da tempada, o Söğüsten Seramik, retirouse da liga e o Yeşilgiresun foi convidado á TB2L pola Federación turca de baloncesto (TBF).

Na tempada 2012-13, o equipo finalizou a liga regular en terceiro lugar. Nos play-offs, o equipo venceu ao Darüşşafaka S.K. en cuartos de final, mais perdeu contra o Trabzonspor Basketbol en semifinais, disipándose a oportunidade de ascender. Na tempada 2013-14, o equipo finalizou a liga regular en quinto lugar. Nos play-offs, o equipo venceu ao Akhisar Belediye en cuartos de final, mais caeu derrotado contra Darüşşafaka Doğuş en semifinais, perdendo de novo a oportunidade de ascender.

Na tempada 2014-15, o equipo finalizou a liga regular en sexto lugar. Nos play-offs, o equipo derrotou ao BEST Balıkesir Basketbol Kulübü en cuartos de final e en semifinais venceu ao Sakarya BB, ascendendo desta maneira á TBL, máxima categoría de baloncesto do país. O equipo gañou na final ao Tüyap Büyükçekmece e proclamouse campión da [[TBL. O club permaneceu durante tres temporadas na máxima categoría, mais ao final da 2017−2018 o equipo descende á Türkiye Basketbol Ligi após finalizaren no 15º lugar. Ao ano seguinte o club non se inscribe en ningunha competición.

Ano a ano editar

Ano Nivel Liga Pos. Copa
2011–12 3 TB3L
2012–13 2 TB2L
2013–14 2 TB2L
2014–15 2 TB2L
2015–16 1 BSL 12º
2016–17 1 BSL 11º Cuartos de final
2017–18 1 BSL 15º

Xogadores editar

Destacados editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar