Abrir o menú principal

Dražen Petrović Basketball Hall

(Redirixido desde "Dvorana Dražen Petrović")

O Dražen Petrović Basketball Hall (en croata: Košarkaški centar Dražen Petrović ou Dvorana Dražen Petrović) é un pavillón deportivo cuberto situado en Zagreb, Croacia. É a cancha onde xoga os seus partidos como local o club de baloncesto profesional KK Cibona. Ten capacidade para 5.400 espectadores.

Dražen Petrović Basketball Hall
Dvorana Dražen Petrović.jpg
Croacia Košarkaški centar Dražen Petrović
Datos
LocalizaciónFlag of Zagreb.svg Zagreb
Outros nomesCibona Sports Center (1987-1993)
Construción
Inauguración1987
Estadio
Capacidade5.400 espectadores
LocalíaKK Cibona (A1 Liga)
Eventos
  • Concerto de Nadal en Cibona (dende 1989)

HistoriaEditar

O pavillón foi construído en 1987, coñecido entón co nome de Cibona Sports Center. En 1993 cambiou ao nome coma homenaxe ao lendario xogador croata de baloncesto de Europa e a NBA, membro do Basketball Hall of Fame, Dražen Petrović. Petrović, que xogou no Cibona Zagreb, morrera ese mesmo ano, con tan só vinte e oito anos, anos nun accidente de tráfico, na metade da súa carreira.

EventosEditar

O cardenal Franjo Kuharić organizou o primeiro Concerto de Nadal en Cibona en 1989, celebrándose dende aquela anualmente.[1] O pavillón tamén foi escenario de moitos concertos, destacando grupos coma, Pink, Nightwish, Pain, Muse, Bryan Ferry, James Brown, Boney M, Seal, Joe Cocker, Simple Minds, José Carreras, Michael Bolton, Diana Krall ou Pet Shop Boys.

NotasEditar

  1. "Tereza i Thompson obradovali narod". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2009. Consultado o 25 de abril de 2010. 

Véxase taménEditar