Joe Cocker

cantante de rock e blues inglés

John Robert Cocker, coñecido co nome artístico de Joe Cocker, nado en Sheffield o 20 de maio de 1944 e finado o 22 de decembro de 2014[1], foi un cantante inglés de música rock e blues.

Infotaula de personaJoe Cocker

(2013) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) John Robert Cocker Editar o valor em Wikidata
20 de maio de 1944 Editar o valor em Wikidata
Sheffield, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte22 de decembro de 2014 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Crawford (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGarden of Memories Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCrawford (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Altura1,74 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , pianista , compositor de cancións , actor , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor em Wikidata - 2014 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoBlues e música rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoPiano, voz e Harmónica Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoRegal Zonophone
IL (en) Traducir
Chrysalis
DJM Records
Decca Records
Capitol Records
Island Records
A&M Records
The Rocket Record Company Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePam Baker
Premios

Páxina webcocker.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0168312 Allocine: 6655 Allmovie: p13866 TV.com: people/joe-cocker
Facebook: joecockerofficial Instagram: joecockerofficial MySpace: joecocker Youtube: UCxuJgU_RrAKETUInMzpbfkg TikTok: joecockerofficial Souncloud: joe-cocker-official Spotify: 3pFCERyEiP5xeN2EsPXhjI iTunes: 133557 Last fm: Joe+Cocker Musicbrainz: 32f2d6bd-c22b-42cf-a7bc-0c4b48cd2bcb Songkick: 544851 Discogs: 124497 Allmusic: mn0000149515 WikiTree: Cocker-369 Find a Grave: 140345547 Deezer: 1866 Genius: Joe-cocker Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Joe Cocker iniciou a súa carreira musical en Sheffield, onde nace, participando en pequenas bandas desde os 15 anos. A primeira delas é The Avengers (baixo o nome artístico de Vance Arnold), seguida de Big Blues en 1963 e The Grease Band (1966). O seu primeiro sinxelo é "I’ll Cry Instead", e foi o primeiro en conter varias versións dos Beatles.

Logo de éxitos menores en Gran Bretaña co sinxelo "Marjorine", tivo o seu momento de éxito cunha versión innovadora de "With a Little Help from My Friends", outra versión de The Beatles, do álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, no que incorporan ó guitarrista principal de Led Zeppelin Jimmy Page, liderando a lista de sinxelos de Gran Bretaña nunha semana de novembro de 1968.

En 1969 participou no Festival de Woodstock, onde interpretou cinco cancións: "Delta Lady", "Some Things Goin' On", "Let's Go Get Stoned", "I Shall Be Released" e "With a Little Help from my Friends".

Cocker logrou un segundo éxito en Gran Bretaña coa canción de Leon Russell "Delta Lady". Novamente acada grandes logros con versións de The Beatles, en especial en 1970 coa versión de "She Came in Through the Bathroom Window" do álbum Abbey Road.

Mentres os seus éxitos británicos demostraron ser difíciles de manter, desfrutou varios éxitos nos Estados Unidos con "Cry Me a River" e "Feelin' Alright" de Dave Mason. En 1970 a versión do famoso tema "The Letter" de The Box Tops, que apareceu no álbum en vivo Mad Dogs and Englishmen, converteuse na súa primeira canción en estar entre as 10 mellores nos Estados Unidos.

En 1969 foi invitado ó Ed Sullivan Show. No escenario amosou unha grande intensidade física, axitando os brazos e simulando tocar a guitarra, dándolle ocasionalmente aparencia superflua á banda.

A principios dos 70 estivo involucrado en problemas con abuso de drogas, incluíndo problemas co alcohol. Pero logrou recuperarse para regresar á escena nos 80 con éxitos que incluían:

Cocker participou na apertura de Woodstock '94, como un dos poucos que tocaran no festival orixinal en 1969, sendo moi ben recibido.

Foi coñecido como "The Sheffield Soul Shouter" (A alma que berra de Sheffield)

Discografía editar

  • With a Little Help from My Friends (1969)
  • Joe Cocker! (1969)
  • Mad Dogs & Englishmen (1970)
  • Joe Cocker: Something to say (1972)* I Can Stand A Little Rain (1974)
  • Jamaica Say You Will (1975)
  • Stingray (1976)
  • Greatest Hits (1977)
  • Luxury You Can Afford (1978)
  • Sheffield Steel (1982)
  • Civilized Man (1984)
  • Cocker (1986)
  • Unchain My Heart (1987)
  • One Night Of Sin (1989)
  • Joe Cocker Live (1990)
  • Night Calls (1992)
  • The Best Of Joe Cocker (1993)
  • Have A Little Faith (1994)
  • The Long Voyage Home (1995)
  • Organic (1996)
  • Across From Midnight (1997)
  • Greatest Hits (1998)
  • No Ordinary World (1999)
  • Respect Yourself (2002)
  • Ultimate Collection (2004)
  • Heart & Soul (2005)

Notas editar

  1. "Joe Cocker dies aged 70" (en inglés). ITV News. Consultado o 22 de decembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar