EuroCup Basketball
A EuroCup Basketball, coñecida anteriormente como ULEB Cup, e chamada tamén actualmente como 7DAYS EuroCup debido a motivos de patrocinio, é unha competición europea de baloncesto organizada pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) na que compiten os equipos mellor clasificados das ligas nacionais que non estean clasificados para disputar a Euroliga. Dende a tempada 2008-2009, esta competición, a segunda competición europea de clubs, comezouse a chamar "Eurocup" (antes ULEB Cup). Na Eurocup participan corenta e catro equipos, trinta e seis clasificados directamente, mentres que os oito restantes acceden tras quedar eliminados da fase grupos da Euroliga.
7DAYS EuroCup | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 2002 |
Rexión | ![]() |
Confederación | FIBA Europa |
Presidente | Jordi Bertomeu |
Equipos | 24 |
Ascenso | Euroleague (o campión) |
Actual campión | ![]() |
Máis laureado | ![]() |
Televisión | EuroLeague TV |
Lema | I Feel Devotion |
Sitio web | [1] |
Esta competición foi creada na tempada 2002-2003 para recoller a testemuña da desaparecida Copa Korać que organizou a Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) entre 1972 e 2002, considerada a segunda en importancia do continente tras a Euroliga, tamén organizada pola ULEB. O campión do torneo participa ao ano seguinte na Euroliga.
Historia editar
A competición foi creada en 2002 como a ULEB Cup, e dende entón tivo as seguintes denominacións:
- De 2002–03 a 2007–08: ULEB Cup
- De 2008–09 a 2015–16: Eurocup Basketball
- Dende 2016–17: EuroCup Basketball
Formato editar
Sistema de competición editar
Dende a tempada 2016-17, a primeira fase da EuroCup é a tempada regular, onde participan 24 equipos. Cada equipo xoga dous partidos (un na casa e outro fóra) contra o resto de equipos do seu grupo. Ó remate da tempada regular, o número de equipos redúcese a 16, no denominado Top 16, onde se dividen os equipos en catro grupos. Os dous primeiros clasificados de cada grupo avanzan ós playoffs finais, onde cada eliminatoria se xoga ó mellor de tres partidos.
Equipos 2019-20 editar
Historial editar
Palmarés editar
Clubs editar
Equipo | Campión | Finalista | Anos campión | Anos finalista |
---|---|---|---|---|
Valencia | 4 | 2 | 2003, 2010, 2014, 2019 | 2012, 2017 |
Rytas | 2 | 1 | 2005, 2009 | 2007 |
Khimki | 2 | 1 | 2012, 2015 | 2009 |
Real Madrid | 1 | 1 | 2007 | 2004 |
UNICS | 1 | 1 | 2011 | 2014 |
Lokomotiv Kuban | 1 | 1 | 2013 | 2018 |
Hapoel Jerusalem | 1 | 0 | 2004 | – |
Dinamo Moscova | 1 | 0 | 2006 | − |
Joventut Badalona | 1 | 0 | 2008 | − |
Galatasaray | 1 | 0 | 2016 | − |
Málaga | 1 | 0 | 2017 | − |
Darüşşafaka | 1 | 0 | 2018 | − |
Krka | 0 | 1 | − | 2003 |
Makedonikos | 0 | 1 | − | 2005 |
Aris | 0 | 1 | − | 2006 |
Girona | 0 | 1 | − | 2008 |
Alba Berlín | 0 | 1 | − | 2010 |
Sevilla | 0 | 1 | − | 2011 |
Bilbao | 0 | 1 | − | 2013 |
Gran Canaria | 0 | 1 | − | 2015 |
Strasbourg | 0 | 1 | − | 2016 |
Por país editar
Posto | País | Veces campión | Campións | Veces finalista | Finalistas |
---|---|---|---|---|---|
1 | España | 7 | Valencia (4), Real Madrid (1), Joventut Badalona (1), Málaga (1) | 7 | Valencia (2), Real Madrid (1), Girona (1), Sevilla (1), Bilbao (1), Gran Canaria (1) |
2 | Rusia | 5 | Khimki (2), Dynamo Moscova (1), UNICS (1), Lokomotiv Kuban (1) | 3 | Khimki (1), UNICS (1), Lokomotiv Kuban (1) |
3 | Lituania | 2 | Rytas (2) | 1 | Rytas (1) |
- | Turquía | 2 | Galatasaray (1), Darüşşafaka (1) | ||
5 | Israel | 1 | Hapoel Jerusalem (1) | ||
6 | Grecia | 2 | Makedonikos (1), Aris (1) | ||
7 | Eslovenia | 1 | Krka (1) | ||
- | Alemaña | 1 | Alba Berlin (1) | ||
- | Francia | 1 | Strasbourg (1) |