ALBA Berlin

(Redirección desde «Alba Berlín»)

O Alba Berlin, tamén coñecido como Berlin Albatrosse, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Berlín. O club foi fundado en 1991, e é hoxe o dos equipos de baloncesto xermano con máis afiliados. O Alba Berlin, que xoga os seus partidos como local no Mercedes-Benz Arena con capacidade para 14 500 espectadores, actualmente participa na Basketball Bundesliga e na Eurocup. Tras gañar once Ligas de Alemaña, once Copas, tres Supercopas e a Copa Korać en 1995, o Alba Berlin está considerado un dos clubs de baloncesto xermanos máis exitosos. Cunha media de asistencia por partido de máis de 10.000 espectadores durante a liga doméstica, é tamén un dos clubs máis populares de Europa. No ano 2012, o Alba foi o primeiro equipo alemán en xogar contra un campión da NBA, os Dallas Mavericks.

Alba Berlin
Información xeral
Liga BBL / Euroleague
Alcume Berlin Albatrosse
Fundación 1991
Cores                Amarelo, azul
Presidente Alemaña Dieter Hauert
Adestrador España Israel González
Localización
Cidade Alemaña Berlín, Alemaña
Pavillón Mercedes-Benz Arena
Capacidade 14 500
Inauguración 10 de setembro de 2008
Campionatos
Copa Korać 1 (1995)
Liga 11 (1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2008, 2020, 2021, 2022)
Copa 11 (1997, 1999, 2002, 2003, 2006, 2009, 2013, 2014, 2016, 2020, 2022)
Supercopa 3 (2008, 2013, 2014)
albaberlin.de

Historia

editar

Comezos

editar

Alba Berlin remonta a súa historia ao BG Charlottenburg, un club de baloncesto do oeste de Berlín que foi fundado en 1989. En 1991, o club é patrocinado pola empresa de reciclaxe Alba AG, acordando mudar o seu nome a Alba Berlín. Pouco despois, baixo a dirección do adestrador Faruk Kulenović, o Alba Berlín consegue finalizar en segundo lugar no campionato alemán. En 1993, o serbio Svetislav Pešić asume o cargo de adestrador, levando ao club a cultivar moitos éxitos, cousa que ningún outro equipo de baloncesto alemán lograra anteriormente. De feito, en 1995 gañan a Copa Korać, sendo o primeiro título internacional dun equipo alemán de baloncesto. En 1996, pouco despois de mudarse ao club do Sömmeringhalle ao Max-Schmeling-Ache, finalmente conseguiron a súa primeira liga após vencer ao campión Bayer Leverkusen e gañou. Ademais de gañar a Copa Korać e outros éxitos a nivel europeo, na súa carreira de sete anos como adestrador no club, Pešić gañou catro ligas e unha copa.

Profesionalización

editar

Baixo a dirección do adestrador Emir Mutapčić o equipo gañou tres campionatos alemáns e dúas Copas de Alemaña, mais a nivel europeo non conseguiron nada. Como reacción á seca de títulos, o equipo era reconstruído cada tempada. En liga, nas temporadas 2004 e 2005 o equipo foi eliminado nas semifinais dos play-offs. A raíz diso, o club creou o cargo de director deportivo, que foi ocupado por Henning Harnisch. Ademais, a sección profesional do club transformouse en GmbH (Gesellschaft mit beschränkter Haftung, do alemán: Sociedade con Responsabilidade Limitada) o 1 de setembro de 2005.

Na tempada 2005−06, con Henrik Rödl como novo adestrador, o Alba Berlin gañou outra Copa de Alemaña. Ademais, o equipo acaba en primeiro posto na liga regular, mais finalmente perden na final das eliminatorias polo título ante o RheinEnergie Köln. Casualmente, o Köln estaba adestrado por Saša Obradović, ex xogador do Alba que axudara a gañar a Copa Korać de 1995. Na temporada seguinte, 2006−07, o club foi unha vez máis o campión da temporada regular, mais no play-offs foi eliminado en cuartos de final polos Artland Dragons. Este feito provocou o despedimento de Rödl e a sinatura dun novo adestrador, Luka Pavićević, seguido doutra importante remodelación do equipo. Despois de problemas de lesións na preparación e no curso da tempada da tempada 2007−08, incluíndo a perda de Goran Jeretin para toda a temporada e de Aleksandar Rašić para os play-offs, en xaneiro de 2008 o equipo aproveitouse da insolvencia dos Köln 99ers e asinou aos seus principais xogadores, Immanuel McElroy e Aleksandar Nađfeji. Liderados polo MVP da liga Julius Jenkins, o equipo foi superior a todos os outros competidores nos play-offs e gañou o campionato de novo despois de cinco anos sen conseguilo.

Novo pavillón

editar

Co traslado ao pavillón O2World con capacidade para 14.500 espectadores, o entón campión rexente Alba Berlín abriu un novo capítulo na súa historia. De feito, foi o primeiro equipo na historia de Alemaña que facía unha media de máis de 7.000 afeccionados por partido. Por tanto, o director da ALBA Marco Baldi e o presidente do Consello de Supervisión, Axel Schweitzer, decidiron dar o seguinte paso cara a unha presenza permanente nas competencións internacionais. O Anschutz Group, propietario do O2World, e o club acordaron un contrato de quince anos, até 2023, con opción para outros 10 anos.

Como campión rexente, o Alba participou na Euroliga 2008−09. Alí, o equipo atinxiu o Top 16, mais non puido loitar contra clubs europeos de elite como o Real Madrid ou Maccabi Tel Avis. Con todo, Alba tivo a asistencia ao pavillón máis alta de Europa con 11.264 espectadores por encontro. Ademais, o club reuniu a 14.800 espectadores no principal partido en casa de fase de grupos contra o Union Olimpija, récord nun partido de Euroliga en Alemaña. A nivel nacional, na final de Copa, Alba derrotou a Baskets Bonn. Máis tarde, Alba foi eliminado polo mesmo equipo nas semifinais do play-off a cinco partidos. En 2009 e 2015, o director do equipo, Marco Baldi, foi premiado polos executivos da Euroliga de Baloncesto co premio de Executivo do Ano.

O 8 de outubro de 2014, o Alba enfrontouse ao campión da NBA, San Antonio Spurs, aos que conseguiron gañar cunha canastra no último segundo de Jamel McLean (94–93).[1] Nese mesma temporada, o Alba regresou á Euroliga, atinxindo de novo o Top 16. Porén, a nivel doméstico o equipo tivo unha temporada decepcionante: aínda que finalizaron en segun do lugar, o equipo foi eliminado en semifinais. A cousa sería peor ao ano seguinte, cando o equipo ten unha das súas peores temporadas da súa historia ao finalizar en sétimo lugar na liga regular. Nos play-offs foron eliminados nos cuartos de final. A situación foi parecida na campaña 2006−17 co equipo finalizando en sexto lugar, aínda que ao ano seguinte (2017−18) o equipo volve ocupar os postos de cabeza ao finalizar segundo.

Títulos

editar
 
A Copa Korać.

Domésticos

editar

Liga

  • Campións (10): 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2008, 2020, 2021

Copa

  • Campións (10): 1997, 1999, 2002, 2003, 2006, 2009, 2013, 2014, 2016, 2020

Supercopa

  • Campións: 2008, 2013, 2014

Europeos

editar

Copa Korać

  • Campións: 1995

Eurocup

  • Subcampións: 2010

Xogadores

editar

Cadro actual

editar
Alba Berlín 2022−2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Idade
B 0   Lô, Maodo 1,91 m (6 ft 3 in) 82 kg (181 lb) 31 anos − 01992-12-31 31 de decembro de 1992
E 1   Procida, Gabriele 1,98 m (6 ft 6 in) 88 kg (194 lb) 22 anos − 02002-06-01 1 de xuño de 2002
B 3    Smith, Jaleen 1,93 m (6 ft 4 in) 93 kg (205 lb) 29 anos − 01994-11-24 24 de novembro de 1994
P 5   Wetzell, Yanni 2,08 m (6 ft 10 in) 109 kg (240 lb) 28 anos − 01996-07-08 8 de xullo de 1996
A 6   Delow, Malte 1,98 m (6 ft 6 in) 84 kg (185 lb) 23 anos − 02001-04-22 22 de abril de 2001
E 8   Eriksson, Marcus 2,01 m (6 ft 7 in) 94 kg (207 lb) 30 anos − 01993-12-05 5 de decembro de 1993
E 9   Mattisseck, Jonas 1,95 m (6 ft 5 in) 84 kg (185 lb) 24 anos − 02000-01-16 16 de xaneiro de 2000
AP 10   Schneider, Tim 2,08 m (6 ft 10 in) 108 kg (238 lb) 27 anos − 01997-09-01 1 de setembro de 1997
A 19   Olinde, Louis 2,05 m (6 ft 9 in) 82 kg (181 lb) 26 anos − 01998-03-18 18 de marzo de 1998
P 21   Koumadje, Christ 2,24 m (7 ft 4 in) 121 kg (267 lb) 28 anos − 01996-07-24 24 de xullo de 1996
AP 32   Thiemann, Johannes 2,05 m (6 ft 9 in) 110 kg (243 lb) 30 anos − 01994-02-09 9 de febreiro de 1994
AP 43   Sikma, Luke 2,03 m (6 ft 8 in) 107 kg (236 lb) 35 anos − 01989-07-30 30 de xullo de 1989
B 45   Blatt, Tamir 1,82 m (6 ft 0 in) 75 kg (165 lb) 27 anos − 01997-05-04 4 de maio de 1997
A 50   Zoosman, Yovel 2,00 m (6 ft 7 in) 90 kg (198 lb) 26 anos − 01998-05-12 12 de maio de 1998
P 55   Lammers, Ben 2,08 m (6 ft 10 in) 103 kg (227 lb) 28 anos − 01995-11-12 12 de novembro de 1995
Adestrador
  •   Israel González
Asistente(s)
  •   Sebastian Trzcionka
  •   Thomas Päch

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 22−082022

Dorsais retirados

editar
Números retirados
Nac. Xogador Posición Etapa
4   Henrik Rödl A 1993–2004
12   Wendell Alexis AP 1996–2002

Destacados

editar

Partidos fronte equipos da NBA

editar
6 de outubro de 2012 Dallas Mavericks   89–84   Alba Berlin   Mercedes-Benz Arena, Berlín
8 de outubro de 2014 San Antonio Spurs   93–94   Alba Berlin   Mercedes-Benz Arena, Berlín
  1. Herbert, James (8 de outubro de 2014). "VIDEO: Spurs lose to ALBA Berlin at the buzzer". CBS Sports (en inglés). 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar