Abrir o menú principal

EWE Baskets Oldenburg

O EWE Baskets Oldenburg é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Oldenburg, Baixa Saxonia. Fundado en 1954 co nome de Oldenburger TB, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano, e na Eurocup. Xoga os seus partidos no EWE Arena, pavillón con capacidade para 6.069 espectadores.[1] O seu nome deriva do seu principal patrocinador: EWE AG.

EWE Baskets Oldenburg
Choreo EWE Baskets Oldenburg Playoffs 2014.jpg
Información xeral
Liga BBL
Fundación 1954
Historia Oldenburger TB (1954−2001)
Cores           Azul, amarelo
Presidente Alemaña Hermann Schüller
Adestrador Bosnia e Hercegovina Mladen Drijenčić
Patrocinador EWE AG
Localización
Cidade Alemaña Oldenburg, Alemaña
Pavillón Große EWE Arena
Capacidade 6.069
Inauguración 20 de abril de 2013
Campionatos
Liga 1 (2009)
Copa 1 (2015)
Supercopa 1 (2009)
ewe-baskets.de

HistoriaEditar

O club foi fundado en 1954 como unha sección do club Oldenburger TB. No ano 2001 a sección separouse formando un novo club chamado EWE Baskets Oldenburg, mentres que o antigo Oldenburger TB pasou a ser o sistema de formación e canteira do equipo. O primeiro éxito chegou na temporada 2007−08. O equipo, após finalizar no quinto lugar da liga regular, chegou ata as semifinais do campionato nos play-offs, sendo derrotados polo Alba Berlín, que posteriormente acabaron por proclamarse campións.[2] Con todo, a culminación chegou o ano seguinte. O club finalizou na terceira posición a fase regular, e conseguiron chegar á final das eliminatorias polo título onde venceron ao Telekom Baskets Bonn no quinto e definitivo encontro e conseguiron a súa primeira Bundesliga.[3] Alén diso, a nivel europeo, o equipo consegue acadar o terceiro posto no EuroChallenge após perder nas semifinais da Final Four ante o Pınar Karşıyaka e vencer na loita polo terceiro posto ao BCM Gravelines.

O éxito atinxido en Liga en 2009 otorgou ao EWE Baskets o dereito á xogar a Euroliga 2009−10, aínda que finalizaron no último lugar do seu grupo con unha soa vitoria (81−87 ante o Asseco Prokom Gdynia no Hala Sportowo-Widowiskowa Gdynia na primeira xornada). Na temporada 2012−13 o equipo acaba en segundo lugar na liga regular, chegando nas eliminatorias polo título até a final. Porén, perden por 3−0 ante o Brose Baskets. Apesar de non gañar o título, o equipo volve a gañar o dereito de participar nas rolda clasficatoria para xogar na Euroliga 2013−14. Na primeira rolda conseguen eliminar ao Cimberio Varese (74−79), mais na segunda e penúltima rolda clasficatoria caen ante o Lietuvos rytas (87−99). O seguinte éxto chega na temporada 2014−15, cando o equipo consegue o título da Copa de Alemaña, na cal exercían como equipo anfitrión. No torneo venceron en semifinais ao Telekom Baskets Bonn (71−77) e veneron na final ao Brose Baskets (70−72). Na temporada 2016−17 o equipo debuta na Basketball Champions League e volve xogar unha final de Liga, perdendo de novo na final por 3−0 ante o Brose Baskets.

TemporadasEditar

Ano Nivel Liga Pos. Copa Competicións europeas
2001–02 1 BBL 12º Subcampión
2002–03 1 BBL
2003–04 1 BBL
2004–05 1 BBL
2005–06 1 BBL
2006–07 1 BBL
2007–08 1 BBL
2008–09 1 BBL 3 EuroChallenge T16 10–1–5
2009–10 1 BBL Cuartos de final 1 Euroliga LR 1–9
2010–11 1 BBL Cuartos de final 2 Eurocup LR 1–5
2011–12 1 BBL 10º Cuartos de final 3 EuroChallenge T16 9–3
2012–13 1 BBL Cuartos de final 3 EuroChallenge 14–3
2013–14 1 BBL Cuartos de final 1 Euroliga RC2 1–1
2 Eurocup LR 5–5
2014–15 1 BBL Campión 2 Eurocup LR 4–6
2015–16 1 BBL Cuartos de final 2 Eurocup OF 8–8
2016–17 1 BBL 3 Champions League OF 11–1-6
2017–18 1 BBL 3 Champions League R16 10–6

TítulosEditar

Liga de Alemaña

  • Campión (1): 2009
  • Subcampión (2): 2013, 2017

Copa de Alemaña

  • Campión (1): 2015

Supercopa de Alemaña

  • Campión (1): 2009

XogadoresEditar

NotasEditar

  1. eurobasket.com EWE Baskets Oldenburg - team details, stats, news, roster, consultado en Agosto de 2009
  2. "BBL: Season 2007-2008". eurobasket.com. Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  3. "BBL: Season 2008-2009". eurobasket.com. Consultado o =17 de outubro de 2018. 

Véxase taménEditar