Bandırma B.İ.K.
O Bandırma Basketbol İhtisas Kulübü foi un club profesional de baloncesto turco con sede na cidade de Bandırma. Ao finalizar a temporada 2019−20 o club anunciou a renuncia á súa praza na Basketbol Süper Ligi, máxima categoría do baloncesto turco, debido a problemas financeiros. O seu maior éxito foi o título de Copa obtido no ano 2017.
Teksüt Bandırma | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BSL / BCL |
Fundación | 1994 |
Desaparición | 2020 |
Historia | Banvit (1994–2019) |
Cores | Laranxa, verde, branco |
Presidente | Özkan Kılıç |
Adestrador | Sašo Filipovskik |
Patrocinador | Banvit |
Localización | |
Cidade | Bandırma, Turquía |
Pavillón | Kara Ali Acar Sport Hall |
Capacidade | 3 000 |
Inauguración | 2001 |
Campionatos | |
Copa | 1 (2017) |
bandirmabk.com |
Historia
editarO club fundouse en 1994 polos traballadores da empresa cárnica Banvit, e até o ano 2001 xogou en competicións rexionais. Ao ano seguinte xogou na TBL2, a segunda competición do país, acabando no cuarto lugar do gurupo B. En 2004 alcanzan a primeira posición, ascendendo á TBL1.
Desde entón mantivéronse na máxima competición turca, xogando competicións europeas, conseguindo o seu maior logro en 2005, cando se clasificaron para a Final Four da FIBA Eurocup, perdendo en senifinales contra o que finalmente sería o campión, o CSU Asesoft Ploiesti de Romanía. O 1 de xuño de 2019, o Banvit cambiou o nome do equipo a Bandırma B.İ.K.[1] Ao finalizar a temporada 2019−20, o 21 de agosto, o club anunciou a renuncia á súa praza na Basketbol Süper Ligi debido a problemas financeiros.
Notas
editar- ↑ @. "EFSANELER ADIYLA DEĞİL, RUHUYLA ANILIR" (Chío) – vía Twitter.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial Arquivado 30 de setembro de 2020 en Wayback Machine. (en turco)