Pallacanestro Reggiana

O Pallacanestro Reggiana, actualmente coñecido como UnaHotels Reggio Emilia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Reggio Emilia, Emilia-Romaña. O Basket Brescia foi fundado en 1974 e actualmente compite na Serie A, máxima categoría do baloncesto transalpino, e na Eurocup. No palmarés do equipo destacan a súa vitoria no EuroChallenge en 2014 e a Supercopa de Italia de 2015.

UnaHotels Reggio Emilia
Información xeral
Liga LBA
Fundación 1974
Cores           Branco, vermello
Presidente Italia Veronica Bartoli
Adestrador Italia Attilio Caja
Patrocinador UnaHotels
Localización
Cidade Italia Reggio Emilia, Italia
Pavillón PalaBigi
Capacidade 4 530
Inauguración 1980
Campionatos
EuroChallenge 1 (2014)
Supercopa 1 (2015)
pallacanestroreggiana.it

Historia editar

O Pallacanestro Reggiana foi fundado no ano 1974, fusionándose dous anos despois, en 1976, co equipo da Cestistica Tricolore. En 1984 logran o seu primeiro ascenso á Serie A, e durante varias tempadas mantéñense nos postos de cabeza grazas a xogadores como Bob Morse ou Joe Bryant. En 1992 chega ao equipo o xogador Mike Mitchell, que tras dez tempadas na NBA, xoga outras sete na Reggiana, converténdose no xogador que máis partidos e máis puntos conseguiu na historia do equipo.

En 1998 disputa a súa primeira competición internacional, a Copa Korać, mais en 2001 descende á Legadue, onde permanece até 2004, cuanco consegue o campionato e o ascenso á Serie A, categoría que perde en 2007, xogando desde entón na segunda división do baloncesto italiano até 2012, cando ascende á máxima categoría quedando campión da liga regular. Tras o seu regreso, no primeiro ano consegue finalizar sexto, podendo participar nos play-offs polo título, onde son derrotados na primeira rolda. O mesmo sucedería o ano seguinte. Porén, nas temporadas 2014−15 e 2015−16, consegue acadar o subcampionato, perdendo na final ante o Dinamo Sassari e o Olimpia Milano respectivamente.

Patrocinios editar

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Magazzini Jolly Reggio Emilia (1974−1977)
  • Cantine Riunite Reggio Emilia (1977−1990)
  • Sidis Reggio Emilia (1990−1993)
  • Ceramica Campeginese Reggio Emilia (1993−1994)
  • Meta System Reggio Emilia (1994−1995)
  • CFM Reggio Emilia (1995−1998)
  • Zucchetti Reggio Emilia (1998−1999)
  • Bipop Carire Reggio Emilia (1999−2007)
  • Trenkwalder Reggio Emilia (2007−2012)
  • Grissin Bon Reggio Emilia (2013−2020)
  • UnaHotels Reggio Emilia (2020−presente)

Xogadores editar

Salón da Fama editar

Os seguintes xogadores foron incluídos no Salón Fama do club:[1]

Palmarés editar

Nacional editar

Liga de Italia

  • Subcampións (2): 2015, 2016

Copa de Italia

  • Subcampións (1): 2005

Supercopa de Italia

  • Campións (1): 2015

Segunda División de Italia

  • Campións (2): 2004, 2012

Copa da Segunda Divisón

  • Campións (1): 2012

Europeo editar

EuroChallenge

  • Campións (1): 2014

Historial editar

Ano Liga Copa Europa
Nivel Liga Pos. Play-off Nivel Resultado Nivel Liga Resultado
2003–04 2 LegaDue 1
NP
2004–05 1 Serie A 13 1 Subcampión
2005–06 1 Serie A 11
2
ULEB Cup CF
2006–07 1 Serie A 17
2007–08 2 LegaDue 4 Semifinalista
2008–09 2 LegaDue 14
2009–10 2 LegaDue 5 Semifinalista 2 Semifinalista
2010–11 2 LegaDue 13
2011–12 2 LegaDue 1 2 Cuartofinalista
2012–13 1 Serie A 6 Cuartofinalista 1 Cuartofinalista
2013–14 1 Serie A 7 Cuartofinalista 1 Semifinalista
3
EuroChallenge
C
2014–15 1 Serie A 3 Subcampión 1 Semifinalista
2
EuroCup
1FG
2015–16 1 Serie A 2 Subcampión 1 Cuartofinalista
2
EuroCup
2FG
2016–17 1 Serie A 6 Cuartofinalista 1 Semifinalista
2017–18 1 Serie A 12
2
EuroCup
SF
2018–19 1 Serie A 13
2019–20 1 Serie A
2020–21 1 Serie A 11 1 Cuartofinalista
4
FIBA Europe Cup
CF
2021–22 1 Serie A 7 Cuartofinalista 1 Cuartofinalista
4
FIBA Europe Cup
CF

Notas editar

  1. "Hall of fame". PallacanestroReggiana.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2015. Consultado o 04 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar