Copa de baloncesto de Italia

A Copa de baloncesto de Italia (en francés: Coppa Italiana di Pallacanestro) é competición de copa do baloncesto profesional masculino en Italia. Ten carácter anual e compiten nela equipos da Lega Basket Serie A (LBA), a máxima categoría do baloncesto transalpino.

Coppa Italia
VINCITORE COPPA ITALIA PALLACANESTRO.png
Fundación1968
RexiónItalia Italia
ConfederaciónUnión Europea FIBA Europa
Equipos8
Actual campiónOlimpia Milano (7º título)
Máis laureadoVirtus Bologna (8 títulos)
P. Treviso (8 títulos)
OrganizadorFIP
Sitio webfip.it

HistoriaEditar

A primeira edición da Coppa Italia tivo lugar en 1968, sendo gañada polo Partenope Napoli. Entre 1975 e 1983, non se diputou o torneo, mais desde 1984 é celebrado con carácter anual. A fórmula da competición ten mudado ao longo dos anos. Nos anos 1990 o torneo consistía nunha rolda eliminatoria que finalizaba coa disputa dunha "final four". Desde o ano 2000 o torneo está composto polos oito primeiros clasificados na Liga ao final da primeira volta, os cales xogan eliminatorias a xogo único. Así, o torneo consiste en eliminatorias de cuartos de final, semifinais e final, as cales se xogan en tres días. O campión da Copa xoga ao ano seguinte co campión de Liga para conseguir a Supercopa.

PalmarésEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar