Reggio de Calabria
Coordenadas: 38°06′52″N 15°39′00″L / 38.11444, -15.65000
Reggio de Calabria (en italiano, Reggio di Calabria ou Reggio; en grecocalabrés, Righi; en dialecto regino, Rrìggiu, en catalán, Regols, na época da Coroa de Aragón, no século XIII e, en castelán antigo, Ríjoles),[1] é unha cidade e poto da Italia meridional, na rexión de Calabria, situada xunto ao estreito de Messina, enfronte de Sicilia.

Foi a antiga capital da provincia de Reggio Calabria e, desde o 1 de xaneiro de 2015, é a capital da Cidade metropolitana de Reggio de Calabria,
Xeografía editar
O municipio (comuna) ocupa unha superficie de 236 km², sobre a que se asentaba, no ano 2016, unha poboación de 182 703 habitantes, o que facía unha densidade de poboación de 790,52 hab./km².
Evolución demográfica editar
Gráfica de evolución demográfica de Reggio de Calabria entre 1861 e 2008 |
![]() |
Fonte: ISTAT |
Historia editar
Etimoloxía editar
O nome de Reggio é posíbel que teña a súa orixe, segundo di Esquilo no seu drama satírico Galuco marino, nos desastres que tiveron lugar nesta rexión. Segundo o tráxico ateniense, Sicilia foi arrincada do continente por un sismo. A etimoloxía establécese a partir da raíz verbal grega rhēg-, sobre o seu significado "arrincar", "separar".[2]
Fundación editar
A cidade foi fundada por colonos gregos de Calcis (Eubea),[3][2][4] co nome de Ῥήγιον, no século VIII a.C., no ano 730 a. C., no lugar dun asentamento de época anterior chamado chamado Pallantión, e en grego antigo Ερυθρά Erythrá, "A Vermella".
Nomes a través da Historia editar
Ao longo da Historia, a cidade recibiu distintos nomes:[Cómpre referencia]
- Erythrá (Ερυθρά, "A Vremella"), asentamento pre-grego habitado por itálicos;
- Rhégion, cidade da Magna Grecia, até a época romana;
- Febea, durante o breve período baixo Dionisio II de Siracusa;
- Regium, primeira latinización do nome;
- Rhegium Julium, na era augusta;
- Risa, baixo os normandos;
- Rivà, durante o breve período baixo a dominación árabe;
- Regols, na época da Coroa de Aragón, no século XIII;
- Reggio ou Regio, na Idade Moderna;
- Reggio di Calabria, despois da unificación de Italia.
Cultura editar
A cidade é sede do Consello Rexional da Calabria e da Superintendecia Arqueolóxica da Calabria. En Reggio hai dúas novas universidades, a "Mediterránea" (fundada en 1968) e a "Dante Alighieri" (instituída en 1984), ademais posúe un dos máis importantes museos arqueolóxicos nacionais de Italia, no que están expostos os notábeis Bronces de Riace, que se converteron nun símbolo da cidade.
Galería de imaxes editar
-
Piazza Italia
-
Teatro Cilea
-
Catedral de Reggio
-
Bronces de Riace
-
Municipalidade
Notas editar
- ↑ Na literatura dos séculos XVI e XVII adoita transcribirse como Ríjoles: Jerónimo Zurita: Historia del rey Don Fernando el Católico. De las empresas, y ligas de Italia, libro V, cap. XXIII. Juan de Mariana: Historia general de España (1616).
- ↑ 2,0 2,1 Estrabón VI, 1, 6.
- ↑ Tucídides VI,79.
- ↑ Diodoro Sículo XIV, 40.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reggio de Calabria |
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Páxina web oficial Arquivado 02 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (en italiano).
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |