Cidade metropolitana de Reggio de Calabria

Cidade metropolitana na rexión de Calabria

Coordenadas: 38°06′41″N 15°39′43″L / 38.11139, -15.66194

A cidade metropolitana de Reggio de Calabria (en italiano città metropolitana di Reggio Calabria) é unha das 14 cidades metropolitanas de Italia, situada na rexión da Calabria.

Palazzo Corrado Alvaro, sede institucional da cidade metropolitana.

XeografíaEditar

 
A cidade metropolitana, dentro da rexión.

Ocupa unha superficie de 3 183 km², e a súa poboación, segundo o censo do 31 de agosto de 2018, era de 549 505 habitantes,[1], polo que a súa densidade de poboación nesa data era de 172,64 hab./km².

A cidade metropolitana engloba 97 municipios (comune).

HistoriaEditar

O establecemento da cidade metropolitana de Reggio de Calabria tivo lugar o 31 de xaneiro de 2016, ao finalizar o mandato do presidente da provincia de Reggio de Calabria, Giuseppe Raffa, despois dun "semestre branco" durante o cal se produciu a transición da provincia á cidade metropolitana.[2]

O 7 de agosto de 2016 celebráronse eleccións de segundo nivel (indirectas) para elixir o primeiro Consello metropolitano.[3] O cargo de alcalde metropolitano (sindaco metropolitano) foi cuberto por Giuseppe Falcomatà, alcalde (sindaco) de Reggio de Calabria.

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. "ISTAT - Bilancio demografico mensile agosto 2018". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2018. Consultado o 16 de abril de 2019. 
  2. "A gennaio 2017 la Città Metropolitana di Reggio Calabria diventerà realtà". www.strill.it. Consultado o 16 de abril de 2019. 
  3. "Reggio Calabria, il 7 agosto le elezioni per la Città Metropolitana: ecco come funzionano". 7 de xullo de 2016. Consultado o 16 de abril de 2019. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar