Cidades metropolitanas de Italia
As cidades metropolitanas (en italiano: città metropolitane) son 14 entes administrativos territoriais italianos,[1] previstos polo artigo 114 da Constitución da República Italiana.[2]

Están en funcionamento desde o 1 de xaneiro de 2015.
Esta institución supón a oficialización da máis informal denominación de área metropolitana, para dotalas das competencias propias das ex provincias respectivas.
Historia
editarA lei orixinaria de 1990 identificaba como cidades metropolitanas as comunas de Turín, Milán, Venecia, Xénova, Boloña, Florencia, Roma, Bari, Nápoles e as súas respectivas terras circundantes, reservando ás rexións autónomas o dereito de concretar as cidades metropolitanas no seu territorio.[3] En 2009, unha emenda engadiu a Reggio de Calabria á lista.[4] As ciddes metropolitanas designadas polas rexións autónomas son: Cagliari, en Sardeña, e Catania, Messina e Palermo en Sicilia.
O 3 de abril de 2014 o Parlamento italiano aprobou unha lei que establecía 10 cidades metropolitanas en Italia.[5] excluído as das comunidades autónomas (estas catro engadíronse máis tarde).
As novas cidades metropolitanas funcionan desde o 1 de xaneiro de 2015.
Órganos de goberno
editarA cidade metropolitana comprende tres institucións gobernativas:
- O Alcalde metropolitano.
- O Consello metropolitano.
- A Conferencia metropolitana.
A cidade metropolitana está composta polos municipios (comuni) da cidade metropolitana (ex provincia). Cada cidade metropolitana está encabezada por un alcalde metropolitano (sindaco metropolitano), a quen asiste un corpo lexislativo, o Consello metropolitano (Consiglio metropolitano) e unha asemblea non lexislativa, a Conferencia metropolitana (Conferencia metropolitana). Os membros do Consello metropolitano son elixidos polos alcaldes e concelleiros de cada municipio da cidade metropolitana. O alcalde metropolitano é elixido en eleccións nas que participan todos os habitantes da cidade metropolitana. A Conferencia metropolitana está composta polos alcaldes dos municipios da capital metropolitana.[6]
Funcións e atribucións
editarO artigo 18, parágrafo 7 da lei do 6 de xullo de 2012, nº 95, atribúe á cidade metropolitana:
- As funcións fundamentais das provincias suprimidas.
- As seguientes funcións fundamentais:
- A planificación territorial e das redes de infraestruturas.
- A estruturación do sistema coordinado de xestión dos servizos públicos, así como a organización dos servizos públicos de interese xeral de ámbito metropolitano.
- A mobilidade e o tráfico.
- A promoción e coordinación do gasto público e social.
- O patrimonio e os recursos humanos e intrumentais da provincia suprimida, dos cales a cidade metropolitana sucede a título universal en todos os activos e pasivos adscritos.
- Os recursos financeiros referidos aos artigos 23 e 24 da lei de 6 de maio de 2011.
Cidades metropolitanas
editarCidades metropolitanas e as súas delimitaciónes previstas polo ordeamento xurídico nacional,[7] e rexiónes con estatuto especial.[8][9]
Nº | Cidade metropolitana | Delimitación teritorial | Poboación (habitantes)[10] |
Superficie (km2) | Densidade de poboación (hab./km2) |
---|---|---|---|---|---|
1 | Roma Capital | ex Provincia de Roma | 4 336 915 | 5 352 | 807 |
2 | Milán | ex Provincia de Milán | 3 190 340 | 1 575 | 2 016 |
3 | Nápoles | ex Provincia de Nápoles | 3 128 702 | 1 171 | 2 670 |
4 | Turín | ex Provincia de Turín | 2 293 340 | 6 829 | 336 |
5 | Palermo | ex Provincia de Palermo | 1 300 000 | 5 009 | 254 |
6 | Bari | ex Provincia de Bari | 1 261 004 | 3 821 | 329 |
7 | Catania | ex Provincia de Catania | 1 192 891 | 3 852 | 309 |
8 | Florencia | ex Provincia de Florencia | 1 002 831 | 3 514 | 285 |
9 | Boloña | ex Provincia de Boloña | 1 007 435 | 3 514 | 286 |
10 | Xénova | ex Provincia de Xénova | 864 008 | 1 839 | 472 |
11 | Venecia | ex Provincia de Venecia | 858 455 | 2 462 | 348 |
12 | Messina | ex Provincia de Messina | 647 477 | 3 266 | 198 |
13 | Reggio de Calabria | ex Provincia de Reggio Calabria | 558 959 | 3 183 | 175 |
14 | Cagliari | 17 municipios da ex Provincia de Cagliari |
431 302 | 1 248 | 345 |
Localización das cidades metropolitanas dentro das súas rexións respectivas
editar-
Bari
-
Boloña
-
Cagliari
-
Catania
-
Florencia
-
Messina
-
Milán
-
Nápoles
-
Palermo
-
Regio de Calabria
-
Roma Capital
-
Turín
-
Venecia
-
Xénova
Notas
editar- ↑ Città metropolitane en Biblioteca Nazionale Centrale Firenze.
- ↑ «La Repubblica è costituita dai Comuni, dalle Province, dalle Città metropolitane, dalle Regioni e dallo Stato». (A República está constituída polos municipios, as provincias, as cidades metropolitanas, as rexións e polo estado).
- ↑ Lei de 8 de xuño de 1990, nº 142.
- ↑ Lei de 5 de maio de 2009, nº 42. Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ Addio vecchie provice.
- ↑ Città metropolitane. I nuovi organi.
- ↑ Comunicato di Palazzo Chigi, 5 luglio 2012
- ↑ "Disposizioni in materia di liberi Consorzi comunali e Città metropolitane (Legge 4 agosto 2015, nº 15)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de outubro de 2018. Consultado o 14 de abril de 2019.
- ↑ Riordino del sistema delle autonomie locali della Sardegna (Legge Regionale 4 febbraio 2016, nº 2) Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine..
- ↑ "Datos de 2014 do [[ISTAT]].". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2020. Consultado o 14 de abril de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cidades metropolitanas de Italia |
Ligazóns externas
editar- Città metropolitane en Biblioteca Nazionale Centrale Firenze (en italiano).