Malcolm Delaney

baloncestista estadounidense

Malcolm Hakeem Delaney, nado o 11 de marzo de 1989 en Baltimore (Maryland) é un xogador profesional de baloncesto estadounidense.

Malcolm Delaney
Información persoal
Nacemento 11 de marzo de 1989 (35 anos)
Maryland Baltimore, Maryland
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto Towson Catholic (Towson, Maryland)
Universidade Virginia Tech (2007–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: Sen draftear
Carreira dende 2011
Historial de equipos
Élan Chalon (2011–2012)
Budivelnyk (2012–2013)
Bayern München (2013–2014)
Lokomotiv Kuban (2014–2016)
Atlanta Hawks (2016–2018)
Guangdong Southern Tigers (2018–2019)
Barcelona (2019–2020)
Olimpia Milano (2020–2022)

Traxectoria profesional editar

O 15 de xullo de 2016, Delaney asinou cos Atlanta Hawks un contrato de dous anos e 5 millóns de dólares.[1] Fixo o seu debut na National Basketball Association (NBA) o 27 de outubro de 2016, facendo 4 puntos e 5 asistencias na vitoria dos Hawks por 114–99 contra os Washington Wizards.[2]

O 12 de setembro de 2019, Delaney asinou un contrato dun ano co FC Barcelona da Liga ACB.[3] O 14 de maio de 2020, Delaney e o Barcelona acordaron a rescisión do contrato do xogador.[4]

O 2 de xuño de 2020, Delaney asinou un contrato de dous anos co Olimpia Milano da Lega Basket Serie A.[5]

Notas editar

  1. "Hawks Re-Sign Humphries, Add Jack & Delaney". NBA.com. 15 de xullo de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2016. 
  2. "Wizards vs. Hawks – Box Score". ESPN.com. 27 de outubro de 2016. Consultado o 25 de febreiro de 2017. 
  3. "Barcelona lands former All-Euroleague guard Delaney". EuroLeague.net. 12 de setembro de 2019. Consultado o 12 de setembro de 2019. 
  4. Acuerdo para la finalización del contrato de Malcolm Delaney
  5. Olimpia Milano officially signs Malcolm Delaney

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar