Baltimore
Coordenadas: 39°17′N 76°37′O / 39.283, -76.617
Baltimore é unha cidade do estado de Maryland, Estados Unidos. En 2007 tiña unha poboación de 637 455 habitantes. Debe o seu nome a Cæcilius Calvert, 2º Barón Baltimore. A cidade forma parte da área metropolitana Baltimore-Washington. O porto de Baltimore é un dos máis importantes da costa leste americana.
Baltimore | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
Vistas da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Estado | Maryland | ||
Condados | Bronx, Brooklyn, Manhattan, Queens e Staten Island | ||
Xeografía | |||
Altitude | 10 msnm | ||
Superficie | 238,4 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 621 342 hab. (2012) | ||
Densidade | 2 962,6 hab/km² | ||
Xentilicio | Baltimorean | ||
Outros datos | |||
Código postal | 21201–21231, 21233–21237, 21239–21241, 21244, 21250–21252, 21263–21265, 21268, 21270, 21273–21275, 21278–21290, 21297–21298 | ||
Alcalde | Stephanie C. Rawlings-Blake (D) | ||
Páxina Oficial de Baltimore |
Historia Editar
Durante o século XVII fundáronse varias localidades co nome de Baltimore no norte da baía de Chesapeake. A actual localización data de 1729, Baltimore medrou rapidamente durante mediados do século XIX como o graneiro do azucre que se producía nas colonias do Caribe. Durante a guerra de 1812 os británicos atacaron Fort McHenry, situado no porto de Baltimore, con ese motivo escribiuse o poema co texto que logo se convertería no texto do himno norteamericano, The Star-Spangled Banner. En 1851 deuselle o título de cidade independente, polo que non pertence a ningún condado. O 7 de febreiro de 1904 o lume destruíu 1 500 edificios.
Xeografía Editar
Baltimore está no centro norte do estado de Maryland, á beira do río Patapsco preto da súa desembocadura na baía de Chesapeake. A cidade localízase nunha discordancia entre a chaira de Piedmont e a chaira costeira do Atlántico, que divide Baltimore na "cidade baixa" e na "cidade alta", nun rango que vai do nivel do mar ata os 480 m no nordeste nas proximidades de Pimlico.[1]
Segundo o censo de 2010, a cidade ten unha superficie total de 239 km 2, 210 de terra e 29 de auga.[2]
Baltimore está case completamente rodeada polo condado de Baltimore, tan só polo sur limita co condado Anne Arundel.
Irmandamentos Editar
Notas Editar
- ↑ "Highest and Lowest Elevations in Maryland's Counties". Maryland Geological Survey. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2007. Consultado o 14 de novembro de 2007.
- ↑ United States Census Bureau, ed. (22 de agosto de 2012). "2010 Census Gazetteer Files". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2014.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baltimore |
Ligazóns externas Editar
Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Nova York Os Ánxeles Chicago | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Nova York | Nova York | 8.622.698 | 11 | Austin | Texas | 950.715 | |||
2 | Os Ánxeles | California | 3.999.759 | 12 | Jacksonville | Florida | 892.062 | |||
3 | Chicago | Illinois | 2.716.450 | 13 | San Francisco | California | 884.363 | |||
4 | Houston | Texas | 2.312.717 | 14 | Columbus | Ohio | 879.170 | |||
5 | Phoenix | Arizona | 1.626.078 | 15 | Fort Worth | Texas | 874.168 | |||
6 | Filadelfia | Pensilvania | 1.580.863 | 16 | Indianapolis | Indiana | 863.002 | |||
7 | San Antonio | Texas | 1.511.946 | 17 | Charlotte | Carolina do Norte | 859.035 | |||
8 | San Diego | California | 1.419.516 | 18 | Seattle | Washington | 724.745 | |||
9 | Dallas | Texas | 1.341.075 | 19 | Denver | Colorado | 704.621 | |||
10 | San Jose | California | 1.035.317 | 20 | Washington, D.C. | Distrito de Columbia | 693.972 | |||
Datos do censo de 2017.[1] |