PalaLottomatica

pavillón polideportivo en Roma (Italia)

O PalaLottomatica, antes coñecido como Palazzo dello Sport ou PalaEUR, é un pavillón polideportivo situado na cidade de Roma, Italia. Con capacidade para 11.200 espectadores, foi inaugurado en 1960 con motivo dos Xogos Olímpicos de Roma. Albergou os encontros como local da Virtus Roma mentres competía na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto italiano, e na Euroliga.

PalaLottomatica

Tipomulti-purpose sports venue (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Material usadoferrocement (en) Traducir e Formigón armado Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°49′31″N 12°28′00″L / 41.825337, 12.46657
PaísItalia
RexiónLazio
Cidades metropolitanasCidade metropolitana de Roma Capital
ConcelloRoma Capitale
Municipio of Rome (en) TraducirMunicipio IX (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRoma, Italia
Código postal00144 Editar o valor en Wikidata
EnderezoP.le Pier Luigi Nervi, I-00144 Roma Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1958 Editar o valor en Wikidata
Inauguración1960
Acontecementos
Dimensións
Capacidade11.200 espectadores
Superficie7.800 m² Editar o valor en Wikidata
Tipo superficieParquet
Persoas e organizacións
PropietarioEUR S.p.A. (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ArquitectoPier Luigi Nervi
OcupantePallacanestro Virtus Roma Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deportevoleibol, baloncesto e boxeo Editar o valor en Wikidata
LocalíaVirtus Roma (até 2012)
Contacto
Páxina WEBeurspa.it… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia

editar

O edificio foi encargado ao arquitecto Pier Luigi Nervi, en colaboración con Marcello Piacentini. O proxecto iniciouse en 1956, sendo construído entre 1958 e 1960. O estadio coñeceríase polo nome de PalaEUR, debido á súa localización no barrio romano do mesmo nome. Entre os anos 1999 e 2003, o edificio foi remodelado polo arquitecto Massimiliano Fuksas, pasando a ser o estadio dun equipo de baloncesto romano patrocinado pola empresa de apostas Lottomatica. Por este motivo, o estadio foi rebautizado co nome de Palatottomática.

Ademais da competición olímpica de baloncesto de 1960, neste estadio celebráronse diversos eventos deportivos internacionais, entre os que destacan os torneos entre equipos NBA e FIBA dos anos 1989 e 2006, e o EuroBasket de 1991. Tamén, debido á súa boa acústica e gran capacidade, é sede de numerosos concertos musicais (como os Rolling Stones en 1970, Pink Floyd en 1971, Elton John en 1973 e 2003, Bob Dylan en 1984, Green Day1996, Bruce Springsteen en 2005 ou Guns N' Roses en 2010).

Construción

editar

O estadio é unha xigantesca cúpula de 100 m de diámetro,[1] construída cunha fina lámina encartada de formigón armado, apoiada en 48 soportes inclinados. No perímetro da cúpula, e compensando o esforzo dos alicerces de soporte, disponse un cilindro acristalado que alberga as circulacións exteriores. Do mesmo xeito que no Panteón de Agripa, a iluminación realízase por un oco circular central, protexido por unha pequena lanterna.

Características

editar

O estadio ten capacidade para 11.200 espectadores,[2] e posúe un comedor para 300 persoas, unha zona de exposicións, e unha terraza panorámica ao EUR de 2.700 m².[2]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar