Abrir o menú principal

O Club Deportivo Basket Bilbao Berri S.A.D., tamén chamado RETAbet Bilbao Basket por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto da cidade de Bilbao, na provincia de Biscaia (Euskadi), que na actualidade compite na Liga ACB. Foi fundado o 7 de marzo de 2000, substituíndo ao anterior equipo de baloncesto bilbaíno xa desaparecido, o "Caja Bilbao". Xogan os seus partidos coma local no Bilbao Arena, inaugurado no ano 2010.

RETAbet Bilbao Basket
JBlums.JPG
Información xeral
Liga Liga ACB
Fundación 7 de marzo de 2000
Historia Bilbao Basket Berri (2000–presente)
Cores           Negro, prata
Presidente España Xabier Davalillo
Adestrador Croacia Veljko Mršić
Patrocinador RETAbet
Vestimenta Errea
Localización
Cidade Flag of the Basque Country.svg Bilbao, País Vasco
Pavillón Bilbao Arena
Capacidade 10.014
Inauguración 24 de setembro de 2010
Campionatos
Liga LEB 1 (2004)
bilbaobasket.biz

HistoriaEditar

 
Xogadores e corpo técnico do Bilbao Berri en 2009.

O Basket Bilbao Berri foi fundado o 7 de marzo de 2000, sendo creado para substituír ao vello equipo da cidade, o Caja Bilbao. Comezou a súa andaina na LEB-2, cun comezo regular xa que rematou loitando polos postos da parte baixa da liga, rematando finalmente décimo terceiros. A seguinte tempada, a súa segunda na categoría, creouse un proxecto máis ambicioso, coas vistas postas na ACB. Así, ese ano, o Bilbao Berri consegue disputar aos playoff de ascenso, acadando finalmente o ascenso á segunda máxima categoría do baloncesto estatal tras vencer ao Guadalajara e ao La Palma. Finalmente, na tempada 2003-04 o Bilbao Basket ascendeu á máxima categoría, a liga ACB.[1]

Na súa estrea na categoría de prata durante a tempada 2002-03, o Bilbao convertese no equipo revelación e consegue acabar loitando polo ascenso á ACB, aínda que finalmente foi derrotado nos playoffs de ascenso ás primeiras de cambio polo León. Ao ano seguinte os rexistros durante a tempada regular melloraron, terminando coma líder da clasificación, o que lles permitía acceder ás eliminatorias polos ascenso como favoritos. Na primeira rolda venceron, aínda que con dificultade ao Huelva, e nas semifinais vingáronse do León, vencendo por 3 a 0, o que lles supuxo o ascenso á máxima categoría.[1]

Durante os seus dous primeiros anos na ACB, o seu patrocinador foi a a aseguradora "Lagun Aro", que logo pasou a patrocinar ao San Sebastián Gipuzkoa Basket Club, pasando a chamarse Lagun Aro Bilbao Basket; despois o patrocinador que lle deu nome foi o grupo Inmobiliario Iurbentia, pasando a chamarse "Iurbentia Bilbao Basket". Outros patrocinadores importantes do club foron ou son FEVE, El Correo e a Diputación Foral de Vizcaya. Ao chegar á Liga ACB, o Bilbao contou cun dos presupostos máis baixos da categoría durante os seus primeiros anos. Durante a tempada 2005-06, conseguiu derrotar por primeira vez ao seu máximo rival, o TAU Baskonia no Bizkaia Arena ante 12.500 espectadores. Así mesmo, derrotou no vello pavillón de "La Casilla" ao Winterthur F.C. Barcelona e ao Unicaja Málaga, campión da Liga Regular.

Foi no Bizkaia Arena onde o Bilbao Basket conseguiu o maior rexistro de asistencia a un partido da ACB con 15.414 persoas o 6 de xaneiro de 2007 ante o TAU Baskonia.[2] O pavillón no que xogaba o Iurbentia era o "Pabellón de Deportes Municipal de La Casilla" ou "La Casilla Udal Pabilioia", con capacidade para 5.200 espectadores.[3] Metro Bilbao, na súa Estación de Indautxu, e as estacións de tren de Autonomía (Renfe Cercanías) e Ametzola (Renfe Cercanías e Feve) daban servizo ao pavillón.

Durante o ano 2006 asinouse o acordo institucional para a construción dun novo pavillón en Miribilla para 8.500 espectadores, que se prevé que poida ser inaugurado para a tempada 2010-11. Para facer fronte á demanda de socios e seareiros na tempada 2009-10 pasou a xogar na localidade veciña de Barakaldo, concretamente no Bizkaia Arena, xunto á Estación de Metro de Ansio, onde xa se disputaban partidos de especial expectación, sendo esta a localización provisional. En Xaneiro do 2010, logo dun mal comezo de tempada (4 vitorias e 13 derrotas), adestrador Txus Vidorreta dimitiu. Vidorreta fora o adestrador co que o Bilbao Basket ascendeu en tódalas categorías e estivo ao mando do equipo durante nove anos dende os inicios do club.

PalmarésEditar

 
Javier Salgado.

Títulos NacionaisEditar

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

RETAbet Bilbao Basket 2017-2018
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso
AP/P 2   Thomas, Devin 2.06 m (6 ft 9 in) 111 kg (245 lb)
B 5   Fischer, Ricardo 1.85 m (6 ft 1 in) 84 kg (185 lb)
B/E 9   Tabu, Jonathan 1.83 m (6 ft 0 in) 88 kg (194 lb)
A 10   Mendía, Borja 1.98 m (6 ft 6 in) 89 kg (196 lb)
E/A 11   Hammink, Shane 1.98 m (6 ft 6 in) 86 kg (190 lb)
B/E 12   Redivo, Lucio 1.83 m (6 ft 0 in) 75 kg (165 lb)
B 14   Salgado, Javi 1.83 m (6 ft 0 in) 82 kg (181 lb)
A 15   Mumbrú, Álex (C) 2.03 m (6 ft 8 in) 100 kg (220 lb)
AP 17   Hervelle, Axel 2.06 m (6 ft 9 in) 109 kg (240 lb)
A 19   Tomàs, Pere 2.01 m (6 ft 7 in) 91 kg (201 lb)
A 20   Todorović, Dejan 1.96 m (6 ft 5 in) 89 kg (196 lb)
AP/P 22   Vučetić, Vasilije 2.06 m (6 ft 9 in) 107 kg (236 lb)
P 32   Gladness, Mickell 2.11 m (6 ft 11 in) 104 kg (229 lb)
Adestrador
Asistente(s)

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 27-11-2017

Dorsais retiradosEditar

Dorsais retirados do Obradoiro CAB
Xogador Posición Etapa Data de retiro do dorsal
14   Javi Salgado Base 2001–2010, 2016–presente 2010 [4]

Palmarés individualEditar

 
Marko Banić.

Primeiro quinteto da ACB

MVP da ULEB Eurocup

Primeiro quinteto da Eurocup

Segundo quinteto da Eurocup

AdestradoresEditar

SeareirosEditar

O club conta na actualidade con sete agrupacións de seareiros. A pioneira foi Hirukoa, á que seguiron a "Peña Vidorreta" e a "Peña Javi Salgado". Despois chegarían a "Peña 2.18", adicada a Frédéric Weis, e a "Peña Marko Banić". Algo máis tarde se fundou a "Peña La Casa" e, finalmente, a "Peña Bilbao Basket de Erandio".

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Bizkaia Bilbao Basket. Historia". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 08 de febreiro de 2010. 
  2. 15.414 espectadores[Ligazón morta]
  3. "Web Oficial de Iurbentia Bilbao Basket". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2009. Consultado o 08 de febreiro de 2010. 
  4. "El club retira el dorsal del bilbaíno". 16 de xullo de 2010. 

Véxase taménEditar