Chinese Basketball Association
A Chinese Basketball Association (do inglés: Asociación de Baloncesto Chinesa; en chinés: 中国男子篮球职业联赛, pinyin: Zhōngguó Nánzǐ Lánqiú Zhíyè Liánsài) é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino na República Popular da China. Fundada no ano 1995, está considerada a máis importante competición deste deporte en Asia. A liga é coñecida de forma habitual tanto por fans como en xeral co acrónimo CBA. A CBA non debe confundirse coa National Basketball League (NBL), outra competición profesional chinesa de inferior categoría. Existe tamén a Women's Chinese Basketball Association (WCBA) feminina.
Nome oficial | 中国男子篮球职业联赛 中國男子籃球職業聯賽 |
---|---|
Tipo | liga deportiva |
Deporte | baloncesto |
Número de participantes | 20 |
Localización e Datas | |
País | República Popular da China |
Vixencia | 1995 – |
Competición | |
Primeiro posto | Xinjiang Flying Tigers (valor descoñecido) |
Outro | |
Páxina web oficial | cbachina.sports.sohu.com… |
Algúns xogadores chineses desta competición teñen chegado a xogar na National Basketball Association (NBA), entre eles Wang Zhizhi, Mengke Bateer, Yao Ming, Yi Jianlian, Sun Yue ou Zhou Qi. Por outra banda, estrelas da NBA teñen participado nesta competición, entre eles os All-Stars Stephon Marbury, Tracy McGrady, Gilbert Arenas, Steve Francis e Metta World Peace (Ron Artest).
Contexto
editarA CBA comezou a disputarse na temporada 1995–96. Non debe confundirse a competición coa Asociación Chinesa de Baloncesto, organización fundada en xuño de 1956 e que representa ao país na Federación Internacional de Baloncesto (FIBA).[1] Actualmente, o baloncesto chinés está regulado polo Centro de Xestión do Baloncesto Chinés. Outras competición dee baloncesto chinesas importantes son a National Basketball League (NBL), a Chinese University Basketball Association (Liga universitaria, CUBA) e a Chinese High School Basketball League (Liga de Institutos, CHBL). Pouco despois de fundarse a CBA, naceu a Chinese New Basketball Alliance (CNBA, 中国人的新的篮球赛事), outra competición profesional de baloncesto. Porén, só durou funcionou durante a temporada 1996–97. Tivo ademais problemas co seu nome debido ao parecido coa marca NBA da National Basketball Association.[2]
O primeiro xogador non chinés en participar na CBA foi o uzbeko Mihail Savinkov, o cal xogou para os Zhejiang Squirrels na temporada inaugural 1995–96. Durante a temporada 1996–97 chegou o primeiro xogador estadounidense, James Hodges, o cal asinou cos Liaoning Hunters, abrindo o camiño para a chegada de novos xogadores dese país ao longo dos seguintes anos. Outros importantes pioneiros estranxeiros na competición foron John Spencer, que xogou para os Jiangsu Dragons máis tarde durante a temporada 1996–97 e David Vanterpool, que asinou un contrato cos Jilin Northeast Tigers. A nivel de adestradores, o primeiro técnico internacional foi o estadounidense Robert Hoggard, o cal liderou aos Sichuan Pandas durante os últimos oito encontros da temporada 1997–98. Desde aquela teñen participado na competición destacados xogadores a nivel internacional como Stephon Marbury, Tracy McGrady, Steve Francis, Metta World Peace (Ron Artest), Michael Beasley, Jimmer Fredette, Lester Hudson, Kenyon Martin, Shavlik Randolph, J. R. Smith ou Jerome Jordan.
Equipos
editarCampións
editar- 1995–96 Bayi Rockets
- 1996–97 Bayi Rockets
- 1997–98 Bayi Rockets
- 1998–99 Bayi Rockets
- 1999–00 Bayi Rockets
- 2000–01 Bayi Rockets
- 2001–02 Shanghai Sharks
- 2002–03 Bayi Rockets
- 2003–04 Guangdong Southern Tigers
- 2004–05 Guangdong Southern Tigers
- 2005–06 Guangdong Southern Tigers
- 2006–07 Bayi Rockets
- 2007–08 Guangdong Southern Tigers
- 2008–09 Guangdong Southern Tigers
- 2009–10 Guangdong Southern Tigers
- 2010–11 Guangdong Southern Tigers
- 2011–12 Beijing Ducks
- 2012–13 Guangdong Southern Tigers
- 2013–14 Beijing Ducks
- 2014–15 Beijing Ducks
- 2015–16 Sichuan Blue Whales
- 2016–17 Xinjiang Flying Tigers
- 2017–18 Liaoning Flying Leopards
Finais
editarTemporada | Campión | Resultado | Subcampión | MVP das Finais |
---|---|---|---|---|
Bayi Rockets | Guangdong Southern Tigers | |||
Bayi Rockets | Liaoning Hunters | |||
Bayi Rockets | Liaoning Hunters | |||
Bayi Rockets | Liaoning Hunters | |||
Bayi Rockets | Shanghai Sharks | Wang Zhizhi (Bayi) | ||
Bayi Rockets | Shanghai Sharks | Liu Yudong (Bayi) | ||
Shanghai Sharks | Bayi Rockets | Yao Ming (Shanghai) | ||
Bayi Rockets | Guangdong Southern Tigers | Liu Yudong (Bayi) | ||
Guangdong Southern Tigers | Bayi Rockets | Du Feng (Guangdong) | ||
Guangdong Southern Tigers | Jiangsu Dragons | Zhu Fangyu (Guangdong) | ||
Guangdong Southern Tigers | Bayi Rockets | Yi Jianlian (Guangdong) | ||
Bayi Rockets | Guangdong Southern Tigers | Wang Zhizhi (Bayi) | ||
Guangdong Southern Tigers | Liaoning Hunters | Zhu Fangyu (Guangdong) | ||
Guangdong Southern Tigers | Xinjiang Flying Tigers | Zhu Fangyu (Guangdong) | ||
Guangdong Southern Tigers | Xinjiang Flying Tigers | Zhu Fangyu (Guangdong) | ||
Guangdong Southern Tigers | Xinjiang Flying Tigers | Wang Shipeng (Guangdong) | ||
Beijing Ducks | Guangdong Southern Tigers | Lee Hsueh-lin (Beijing) | ||
Guangdong Southern Tigers | Shandong Gold Lions | Yi Jianlian (Guangdong) | ||
Beijing Ducks | Xinjiang Flying Tigers | Randolph Morris (Beijing) | ||
Beijing Ducks | Liaoning Flying Leopards | Stephon Marbury (Beijing) | ||
Sichuan Blue Whales | Liaoning Flying Leopards | Hamed Haddadi (Sichuan) | ||
Xinjiang Flying Tigers | Guangdong Southern Tigers | Darius Adams (Xinjiang) | ||
Liaoning Flying Leopards | Zhejiang Lions | Lester Hudson (Liaoning) |
Finais por equipo
editarNº | Equipo | V | D | % |
---|---|---|---|---|
13 | Guangdong Southern Tigers | 8 | 5 | .615 |
11 | Bayi Rockets | 8 | 3 | .727 |
3 | Beijing Ducks | 3 | 0 | 1.000 |
7 | Liaoning Flying Leopards | 1 | 6 | .143 |
5 | Xinjiang Flying Tigers | 1 | 4 | .200 |
3 | Shanghai Sharks | 1 | 2 | .333 |
1 | Sichuan Blue Whales | 1 | 0 | 1.000 |
1 | Jiangsu Dragons | 0 | 1 | .000 |
1 | Shandong Golden Stars | 0 | 1 | .000 |
1 | Zhejiang Lions | 0 | 1 | .000 |
Récords
editarGlobais
editarCategoría | Total | Xogador |
Puntos | 11.287 | Zhu Fangyu |
Rebotes | 4.548 | Mengke Bateer |
Asistencias | 1.807 | Hu Xuefeng |
Roubos | 1.313 | Hu Xuefeng |
Tapóns | 736 | Wang Zhizhi |
Triplas | 1.621 | Zhu Fangyu |
Mates | 498 | Jason Dixon |
Nun partido
editarCategoría | Total | Xogador | Data |
Puntos | 82 | Errick McCollum | 30 de xaneiro de 2015 |
Rebotes | 38 | Garth Joseph | 20 de marzo de 2002 |
Asistencias | 28 | Li Qun | 2 de febreiro de 2000 |
Roubos | 13 | Ju Weisong | Temporada 1995–96 |
Zhang Yongjun | Temporada 1996–97 | ||
Hu Xuefeng | 1 de decembro de 2004 | ||
Tapóns | 13 | Yao Ming | Temporada 2000–01 |
Hervé Lamizana | 10 de febreiro de 2010 | ||
Sean Williams | 26 de febreiro de 2010 | ||
Triplas | 15 | Leon Rodgers | 11 de marzo de 2009 |
Dunks | 10 | James Hodges | Temporada 1998–99 |
Minutos | 67 | Samad Nikkhah Bahrami | 9 de febreiro de 2014 |
Notas
editar- ↑ "Chinese Basketball Association (CBA)". china.org.cn. 26 de xaneiro de 2005.
- ↑ "短命联赛CNBA仅存活一年便夭折 NBA曾状告其侵权". Sports 163 (en chinés). 22 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2012. Consultado o 04 de outubro de 2018.