Jerome Jordan

baloncestista xamaicano

Jerome Adolphus Jordan, nado o 29 de setembro de 1986 en Kingston, é un xogador xamaicano de baloncesto profesional. Cunha estatura de 2,15 metros xoga na posición de pivote.

Jerome Jordan
Información persoal
Nacemento 29 de setembro de 1986 (37 anos)
Kingston, Xamaica
Nacionalidade Xamaica Xamaica
Altura 2,15 m (7 ft 1 in)
Peso oficial 115 kg (253 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Instituto Jamaica College
(Kingston, Jamaica)
Florida Air Academy
(Melbourne, Florida)
Universidade Tulsa (2006–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 2 / Elección: 44
Por Milwaukee Bucks
Carreira 2010−presente
Historial de equipos
KK Hemofarm (2010−2011)
KK Krka (2011)
New York Knicks (2011−2012)
Erie BayHawks (2012)
Reno Bighorns (2012−2013)
Los Angeles D-Fenders (2013)
Virtus Bologna (2013–2014)
Brooklyn Nets (2014–2015)
Jiangsu Monkey King (2015–2016)
Baloncesto Sevilla (2016)
Joventut Badalona (2016–2018)
Breogán (2018)
Andorra (2018−2019)

Traxectoria editar

Jordan foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Milwaukee Bucks.[1] Foi traspasado aos New York Knicks o 8 de xullo de 2010 a cambio de diñeiro.[2] Tras xogar na liga de verán cos Knicks, decidiu xogar en Europa, no KK Hemofarm serbio, pero os Knicks seguían tendo os seus dereitos. En xullo de 2011, asinou un contrato dun ano co KK Krka en Eslovenia.[3] Os Knicks anunciaron que Jordan ía asinar un contrato con eles para a tempada 2011-12.[4]

O 9 de xullo de 2012, Jordan foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Toney Douglas, Josh Harrellson e dúas eleccións da 2ª rolda do Draft de 2014 e 2015 a cambio de Marcus Camby.[5] Foi cortado polos Rockets o 18 de xullo de 2012.

O 11 de setembro de 2014, asinou cos Brooklyn Nets.[6]

O 11 de outubro de 2015, Jordan asinou cos New Orleans Pelicans,[7] pero foi cortado sen chegar a debutar.[8] O 15 de decembro de 2015, fichou polo Jiangsu Monkey King chinés para a tempada 2015-16.[9] Tras o remate da tempada regular na China, o 20 de febreiro fichou polo Baloncesto Sevilla da Liga ACB.[10]

O 29 de setembro de 2018, Jordan fichou polo CB Breogán da Liga ACB.[11] O 31 de decembro de 2018, anunciouse a súa marcha do Breogán para fichar polo BC Andorra.[12]

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2010. Consultado o 19 de decembro de 2011. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2010. Consultado o 11 de xullo de 2010. 
  3. "KRKA updates roster with Balazic, Baxter & Jordan". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2011. 
  4. "New York Knicks Continue to Get Big, Likely to Add Jerome Jordan". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2012. Consultado o 19 de decembro de 2011. 
  5. Rockets make trades official
  6. "Brooklyn Nets Sign Jerome Jordan". NBA.com. 11 de setembro de 2014. Consultado o 11 de setembro de 2014. 
  7. "Pelicans sign Jerome Jordan". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 11 de outubro de 2015. Consultado o 11 de outubro de 2015. 
  8. "Pelicans Waive Jerome Jordan". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 16 de outubro de 2015. Consultado o 16 de outubro de 2015. 
  9. "Jerome Jordan joins Jiangsu Tongxi". Asia-Basket.com. 15 de decembro de 2015. Consultado o 15 de decembro de 2015. 
  10. "Jerome Jordan inks with Sevilla". Sportando.com. 20 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 20 de febreiro de 2016. 
  11. "Jerome Jordan: poderío interior para el Cafés Candelas Breogán". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de decembro de 2018. 
  12. "Jerome Jordan, de Lugo a Andorra". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de decembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar