Os Bayi Shuanglu Dianchi Rockets (chinés: 八一双鹿电池火箭), tamén coñecidos como Bayi Shuanglu Dianchi, Bayi Army Rockets ou Bayi Rockets, son un equipo profesional de baloncesto da China con sede na cidade de Ningbo (Zhejiang). Os Rockets son un dos equipos máis exitosos da Chinese Basketball Association (CBA), máxima competición do baloncesto chinés, tendo gañado até oito títulos de liga, récord só igualado polos Guangdong Southern Tigers. Alén diso, o club xa gañara 34 títulos nacionais antes da fundación da CBA. O equipo xoga os seus partidos como local no Youngor Arena, recinto con capacidade para 5.000 espectadores. Ocasionalmente, o equipo é chamado Bayi Deers, xa que as mascotas do seu principal patrocinador, Pairdeer, son un par de cervos (en inglés: deer).

Bayi Rockets
Información xeral
Nome Bayi Shuanglu Dianchi Rockets (八一双鹿电池火箭)
Liga CBA (Sur)
Fundación 1955
Cores                Vermello, amarelo, branco
Presidente República Popular da China Grupo Fubang Holding
Adestrador República Popular da China Wang Zhizhi
Localización
Cidade República Popular da China Ningbo, China
Pavillón Youngor Arena
Capacidade 5.000
Inauguración 1994
Campionatos
Liga 8 (1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2003, 2007)
cba.hupu.com/teams/bayi

Historia editar

Os fundadores dos Bayi Rockets serviron no Exército Popular de Liberación, sendo o nome do club, "Bayi", unha homenaxe do aniversario da fundación do EPL: o 1 de agosto (八一, "Bayi" quere dicir "oito un" en chinés). Os Rockets non son o único co club do deporte chinés co nome de "Bayi" en homenaxe ao exército. Algúns exemplos son o Bayi Kylin da WCBA feminina, e os clubs de fútbol Bayi Xiangtan (feminino) e Bayi Zhengbang (masculino). Os Bayi Rockets teñen unha ampla historia anterior á actual Chinese Basketball Association (CBA). De feito, antes da temporada inaugural da CBA o club tiña gañado 34 títulos nacionais. Os Rockets gañaron os seis primeiros títulos da CBA (desde 1996 até 2001) e posteriormente en 2003 e 2007.

Xogadores editar

Destacados editar

Títulos editar

Liga da China

  • Campións (8): 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2003, 200
  • Subcampións (3): 2002, 2004, 2006

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar