Michael Beasley

baloncestista estadounidense

Michael Paul Beasley, nado o 9 de xaneiro de 1989 en Frederick, Maryland, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Cangrejeros de Santurce do Baloncesto Superior Nacional (BSN). Cunha altura de 2,06 metros xoga na posición de ala.

Michael Beasley
Cangrejeros de Santurce  – No. 6
Información persoal
Nacemento 9 de xaneiro de 1989 (35 anos)
Frederick, Maryland
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Posición Ala / Ala-pivote
Información da carreira
Instituto Notre Dame Prep
(Fitchburg, Massachusetts)
Universidade Kansas State (2007–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 2
Por Miami Heat
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Miami Heat (2008–2010)
Minnesota Timberwolves (2010–2012)
Phoenix Suns (2012–2013)
Miami Heat (2013–2014)
Shanghai Sharks (2014–2015)
Miami Heat (2015)
Shandong Golden Stars (2015–2016)
Houston Rockets (2016)
Milwaukee Bucks (2016–2017)
New York Knicks (2017–2018)
Los Angeles Lakers (2018–2019)
Guangdong Southern Tigers (2019)
Cangrejeros de Santurce (2021–presente)

Traxectoria deportiva editar

Instituto editar

Xogou os catro anos de instituto en catro colexios diferentes, con 138 vitorias e só 5 derrotas. Promediou 28 puntos e 16 rebotes no seu último ano. Foi incluído na selección de baloncesto dos Estados Unidos sub-18, onde promediou 13,8 puntos e 8,3 rebotes por partidos.

Universidade editar

Xogou unha temporada nos Wildcats da Universidade de Kansas State, pero bastoulle para amosar que estaba preparado para xogar na NBA, facendo 26,2 puntos por partido e 12,4 rebotes por partido. O 14 de abril de 2008 anunciou a súa intención de presentarse ao Draft da NBA, renunciando aos 3 anos que lle quedaban como universitario.

Profesional editar

Miami Heat (2008–2010) editar

 
Michael Beasley facendo un mate, 2009

O 26 de xuño de 2008 foi elixido na segunda posición do Draft da NBA de 2008 polos Miami Heat.[1] Asinou polos Heat o 2 de xullo.[2] No seu debut na Summer League da NBA o 7 de xullo, Beasley anotou 28 puntos e capturou 9 rebotes (e 2 asistencias[3]) en 23 minutos de xogo.[4][5] Foi segundo na liga en rebotes conseguidos, e empatou no terceiro posto de anotación na Summer League de 2008.[6] No seu primeiro adestramento con Miami, foi golpeado accidentalmente no peito polo cóbado dun compañeiro.[7] Foi evaluado e ao día seguinte volveu ao equipo cun hematoma no peito, e só participou nos exercicios sen contacto.[8] Tiña lixeiramente fracturado o externo, e puido adestrar con normalidade 2 días despois do golpe.[9]

No seu primeiro partido da pretempada, Beasley anotou 16 puntos contra os Detroit Pistons.[10] Nos seguintes partidos fixo 21 puntos e 7 rebotes contra os Nets,[11] 12 puntos e 11 rebotes tamén contra os Nets,[12] 14 puntos e 6 rebotes contra os Magic,[13] 19 puntos contra os Grizzlies,[14] 14 puntos e 3 rebotes contra os Hornets,[15] e 19 puntos e 9 rebotes contra os San Antonio Spurs.[16] No primeiro partido da tempada 2008-09, Beasley anotou 9 puntos na derrota contra os New York Knicks. Conseguiu unha anotación de dobres díxitos nos seguintes nove partidos, incluíndo 25 puntos contra os Charlotte Bobcats, o que supuso a súa máxima anotación da tempada, o 1 de novembro.[17]

Despois da eliminación dos Heat na primeira rolda dos playoffs de 2009, sóubose que Beasley, xunto ao seu compañeiro Mario Chalmers, tamén rookie, foron sancionados en varias ocasións durante a tempada por violar as normas internas do equipo.[18]

Durante a tempada 2009-10 foi titular en todos os partidos. O 19 de febreiro de 2010 liderou a vitoria dos Heat contra os Memphis Grizzlies con 30 puntos, o máximo da súa carreira, xunto con 8 rebotes.[19] Nesa tempada, fixo 14.8 puntos e 6.4 rebotes por partido. Na derrota en primeira rolda dos playoffs de 2010 contra os Boston Celtics, baixou a súa media a 10.4 puntos e 5.8 rebotes.[20]

Minnesota Timberwolves (2010-2012) editar

O 12 de xullo de 2010, Beasley foi traspasado aos Minnesota Timberwolves a cambio dunha elección en segunda rolda do draft do 2011 e do 2014. Beasley foi traspasado para facer oco salarial para Miami, para asinar aos axentes libres LeBron James e Chris Bosh, e para asinar outra vez con Dwyane Wade.[21]

O 10 de novembro de 2010, liderou a vitoria dos Timberwolves sobre os Sacramento Kings con 42 puntos, o máximo da súa traxectoria, conseguindo tamén 9 rebotes.[22] Rematou a tempada entre os 20 máximos anotadores da liga, con 19.2 puntos por partido.[23]

Phoenix Suns (2012-2013) editar

O 20 de xullo de 2012, Beasley asinou un contrato por 3 anos e 18 millóns de dólares cos Phoenix Suns.[24]

Los Angeles Lakers (2018-2019) editar

O 23 de xullo de 2018, Beasley asinou cos Los Angeles Lakers.[25] O 7 de febreiro de 2019, Beasley foi traspasado xunto a Ivica Zubac ós Los Angeles Clippers a cambio de Mike Muscala.[26] Dous días máis tarde, foi cortado polos Clippers.[27]

Notas editar

  1. HEAT Select Michael Beasley In The 2008 NBA Draft
  2. Heat Sign Beasley
  3. Beasley, Chalmers Shine in Pro Debut
  4. Beasley takes Round 1 with fellow top draft pick Rose
  5. Beasley stars in summer league debut
  6. HEAT: HEAT Player 2008: Michael Beasley
  7. Beasley elbowed in chest during first Heat practice
  8. Beasley returns to summer-league workout after bruising chest
  9. Beasley resumes contact drills with Heat
  10. Beasley's Preseason Debut[Ligazón morta]
  11. Nets 100, Heat 98 – Box score – October 9, 2008
  12. Heat 92, Nets 94 – Box score – October 12, 2008
  13. Magic 100, Heat 92 – Box score – October 18, 2008
  14. Grizzlies 85, Heat 102 – Box score – October 21, 2008
  15. Heat 80, Hornets 100 – Box score – October 23, 2008
  16. Heat 96, Spurs 93 – Box score – October 24, 2008
  17. Michael Beasley: Complete 2008–09 Regular Season Game Log
  18. http://msn.foxsports.com/rumors/nba#10
  19. "Wade sits as Beasley has career night". NBA.com. February 20, 2010. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2010. Consultado o July 20, 2010. 
  20. "Michael Beasley Info Page". NBA.com. Consultado o July 20, 2010. 
  21. "Sources: Heat clear space, deal Beasley". ESPN. July 9, 2010. Consultado o July 9, 2010. 
  22. "Beasley's career night lifts Wolves over Kings". NBA.com. November 11, 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2011. Consultado o November 11, 2010. 
  23. "2010-11 SCORING LEADERS : Points Per Game". NBA. 11 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2013. Consultado o 11 de xuño de 2011. 
  24. Suns Sign Michael Beasley
  25. "Lakers Sign Michael Beasley". NBA.com. 23 de xullo de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  26. "L.A. Clippers Acquire Ivica Zubac And Michael Beasley". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  27. "L.A. Clippers Waive Michael Beasley". NBA.com. 9 de febreiro de 2019. Consultado o 9 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar