Mike Muscala
Michael Peter "Mike" Muscala, nado o 1 de xullo de 1991 en St. Louis Park, Minnesota, é un xogador profesional de baloncesto americano que xoga nos Boston Celtics da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,11 metros pode xogar nas posicións de ala-pivote ou de pivote.
![]() | |
Boston Celtics – No. 57 | |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 1 de xullo de 1991 (32 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 108 kg (239 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Roseville (Minnesota) |
Universidade | Bucknell (2009–2013) |
NBA Draft | 2013 / Rolda: 2 / Elección: 44 Por Dallas Mavericks |
Carreira | dende 2013 |
Historial de equipos | |
Obradoiro CAB (2013–2014) Atlanta Hawks (2014–2018) → Fort Wayne Mad Ants (2014–2015) → Erie BayHawks (2017) Philadelphia 76ers (2018–2019) Los Angeles Lakers (2019) Oklahoma City Thunder (2019–2023) Boston Celtics (2023–presente) |
Traxectoria profesional editar
Muscala foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Dallas Mavericks. Despois foi traspasado xunto a Lucas Nogueira e Jared Cunningham ós Atlanta Hawks a cambio da 18ª elección do Draft, Shane Larkin.[1] O 31 de xullo de 2013, Muscala asinou un contrato dun ano co Obradoiro CAB. Durante a súa estancia en Santiago de Compostela, Muscala acadou 14.6 puntos e 7.8 rebotes por encontro, cunha valoración media de 16.9.
O 25 de febreiro de 2014 deixou o Obradoiro para xogar na NBA.[2][3] O 27 de febreiro de 2014, asinou un contrato de varios anos cos Atlanta Hawks.[4]
O 6 de febreiro de 2019, Muscala foi traspasado xunto a Wilson Chandler, Landry Shamet e unha futura elección do Draft ós Los Angeles Clippers, a cambio de Boban Marjanović, Mike Scott e Tobias Harris.[5] O día seguinte, Muscala foi traspasado ós Los Angeles Lakers a cambio de Michael Beasley e Ivica Zubac.[6]
O 10 de xullo de 2019, Muscala asinou cos Oklahoma City Thunder.[7]
Notas editar
- ↑ "Atlanta Hawks select Dennis Schroeder and acquire Lucas Nogueira in first round of 2013 NBA Draft". NBA.com. 28 de xuño de 2013. Consultado o 7 de agosto de 2013.
- ↑ "Mike Muscala flying to Atlanta to sign with Hawks, agent says". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2014. Consultado o 03 de marzo de 2014.
- ↑ "Obradoiro announce an agreement with Hawks for Mike Muscala". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2014. Consultado o 03 de marzo de 2014.
- ↑ HAWKS SIGN MIKE MUSCALA TO CONTRACT
- ↑ Harris traded to Sixers in multi-player deal with Clippers
- ↑ "L.A. Clippers Acquire Ivica Zubac And Michael Beasley". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ "Thunder Signs Mike Muscala". NBA.com. 10 de xullo de 2019. Consultado o 10 de xullo de 2019.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 29 de setembro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Mike Muscala no Twitter