Tobias Harris
Tobias John Harris, nado o 15 de xullo de 1992 en Islip, Nova York, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).
![]() | |
Philadelphia 76ers – No. 33 | |
Posición | Ala / Ala-pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 15 de xullo de 1992 (31 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Half Hollow Hills West (Dix Hills, Nova York) Long Island Lutheran (Brookville, Nova York) |
Universidade | Tennessee (2010–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 19 Por Charlotte Bobcats |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Milwaukee Bucks (2011–2013) Orlando Magic (2013–2016) Detroit Pistons (2016–2018) Los Angeles Clippers (2018–2019) Philadelphia 76ers (2019–presente) | |
Información en nba.com |
Traxectoria editar
O 23 de xuño de 2011, Harris foi elixido na 19ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Charlotte Bobcats. Foi traspasado inmediatamente despois aos Milwaukee Bucks nun traspaso entre os Bucks, os Charlotte Bobcats e os Sacramento Kings.[1]
O 21 de febreiro de 2013, Harris foi traspasado ós Orlando Magic xunto a Doron Lamb e Beno Udrih, a cambio de J.J. Redick, Gustavo Ayón e Ish Smith.[2] Os seus minutos de xogo incrementáronse notablemente en Orlando, e triplicou o seu número de puntos por partido, e cuadruplicou o de rebotes, asistencias e tapóns por encontro. O 14 de xullo de 2015, Harris renovou cos Magic cun contrato de catro anos e 64 millóns de dólares.[3]
O 16 de febreiro de 2016, Harris foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de Ersan İlyasova e Brandon Jennings.[4]
O 29 de xaneiro de 2018, Harris foi traspasado ós Los Angeles Clippers xunto a Avery Bradley, Boban Marjanović e dúas futuras eleccións do Draft, a cambio de Blake Griffin, Willie Reed e Brice Johnson.[5]
O 6 de febreiro de 2019, Harris foi traspasado xunto a Mike Scott e Boban Marjanović ós Philadelphia 76ers a cambio de Mike Muscala, Wilson Chandler, Landry Shamet e unha futura elección do Draft.[6]
Notas editar
- ↑ Madden, Frank (24 de xuño de 2011). "NBA Draft 2011: Big trade, Tobias Harris and Jon Leuer highlight Milwaukee Bucks' busy draft day". BrewHoop.com. Consultado o 24 de xuño de 2011.
- ↑ "Magic Acquire Harris, Lamb and Udrih From Milwaukee; Warrick from Charlotte". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 21 de febreiro de 2013. Consultado o 30 de marzo de 2013.
- ↑ Denton, John (14 de xullo de 2015). "Harris Thrilled to Be Back With Magic". NBA.com (Turner Sports Interactive, Inc.). Consultado o 15 de xullo de 2015.
- ↑ "Detroit Pistons Acquire Forward Tobias Harris". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 16 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ "Press Release: L.A. Clippers Acquire Harris, Bradley, Marjanović, First & Second-Round Picks". NBA.com. 29 de xaneiro de 2018. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ Harris traded to Sixers in multi-player deal with Clippers
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 16 de decembro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)