Doron Lamb

baloncestista estadounidense

Doron Emmanuel Calvin Lamb, máis coñecido como Doron Lamb, nado o 6 de novembro de 1991 en Queens, Nova York, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no UEB Gesteco Cividale da Serie A2 Basket italiana.

Doron Lamb
UEB Gesteco Cividale  – No. 1
Información persoal
Nacemento 6 de novembro de 1991 (32 anos)
Nova York, Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Posición Escolta
Información da carreira
Instituto Oak Hill Academy (Virxinia)
Universidade Kentucky (2010–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 2 / Elección: 42
Por Milwaukee Bucks
Carreira 2012−presente
Historial de equipos
Milwaukee Bucks (2012−2013)
→ Fort Wayne Mad Ants (2013)
Orlando Magic (2013−2014)
Texas Legends (2014−2015)
Westchester Knicks (2015)
Budućnost Podgorica (2015)
Nanterre 92 (2016)
Westchester Knicks (2016−2017)
Lavrio (2017−2019)
Darüşşafaka (2019−2020)
Start Lublin (2021)
Victoria Libertas Pesaro (2021−2022)
Scafati Basket (2022−2023)
New Basket Brindisi (2023)
US Monastir (2023)
UEB Gesteco Cividale (2024−presente)

Traxectoria editar

Universidade editar

Lamb graduouse no Oak Hill Academy.[1] No instituto, recibiu os galardóns McDonald's All-America e Jordan Brand Classic All-America.[1] Despois, asistiu á Universidade de Kentucky. No seu primeiro ano, os Wildcats chegaron á Final Four da NCAA e perderon por un só punto contra os UConn Huskies. No seu segundo ano, os Wildcats conseguiron un récord de 38-2, e gañou o Campionato da NCAA de 2012.

Profesional editar

En abril de 2012, Lamb anunciou que se presentaba ó Draft da NBA de 2012, xunto ós seus compañeiros en Kentucky Anthony Davis, Marquis Teague, Terrence Jones e Michael Kidd-Gilchrist. O 28 de xuño de 2012, Lamb foi elixido na 42ª posición do Draft polos Milwaukee Bucks. Asinou un contrato por varios anos cos Bucks, aínda que só permanceu unha temporada. Após outra campaña cos Orlando Magic e con equipos da G League, Lamb continuou coa súa carreira en Europa.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Doron Lamb Profile — Kentucky Wildcats Official Athletic Site". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2012. Consultado o 2 de abril de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar