Ish Smith
Ishmael Larry "Ish" Smith, nado o 5 de xullo de 1988 en Charlotte, Carolina do Norte, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga para os Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA).
![]() | |
Denver Nuggets – No. 14 | |
Posición | Base |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 5 de xullo de 1988 (35 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,83 m (6 ft 0 in) |
Peso oficial | 79 kg (175 lb) |
Información da carreira | |
Universidade | Wake Forest (2006–2010) |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Houston Rockets (2010–2011) →Rio Grande Valley Vipers (2011) Memphis Grizzlies (2011) Golden State Warriors (2011–2012) Orlando Magic (2012–2013) Milwaukee Bucks (2013) Phoenix Suns (2013–2014) Oklahoma City Thunder (2014–2015) Philadelphia 76ers (2015) New Orleans Pelicans (2015) Philadelphia 76ers (2015−2016) Detroit Pistons (2016−2019) Washington Wizards (2019−2021) Charlotte Hornets (2021−2022) Washington Wizards (2022) Denver Nuggets (2022−presente) |
Traxectoria editar
Xogou cos Wake Forest Demon Deacons na universidade[1], despois asinou coma axente libre, sen ser elixido no Draft da NBA, polos Houston Rockets o 23 de agosto de 2010.[2] O 17 de xaneiro de 2011, foi asignado aos Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.[3] Despois foi chamado de novo para xogar cos Rockets, pero o 24 de febreiro de 2011, foi traspasado aos Memphis Grizzlies xunto ao seu compañeiro Shane Battier a cambio de Hasheem Thabeet, DeMarre Carroll e unha futura elección de primeira rolda do Draft.[4]
Na tempada 2011-12 asinou cos Golden State Warriors. Xogou o seu primeiro partidos cos Warriors o 25 de decembro de 2011, na derrota con Los Angeles Clippers por 105-86. Foi despedido polos Warriors o 14 de xaneiro de 2012.[5]
O 2 de febreiro de 2012 asinou cos Orlando Magic.[6]
O 21 de febreiro de 2013, Smith foi traspasado ós Milwaukee Bucks xunto a J. J. Redick e Gustavo Ayón, a cambio de Beno Udrih, Doron Lamb e Tobias Harris.[7]
O 29 de agosto de 2013, Smith e Viacheslav Kravtsov foron traspasados ós Phoenix Suns a cambio de Caron Butler.[8] O 15 de xullo de 2014, Smith foi cortado polos Suns.[9]
O 19 de xullo de 2014, Smith asinou cos Houston Rockets.[10] Porén, foi cortado o 27 de outubro de 2014.[11]
O 7 de novembro de 2014, Smith asinou cos Oklahoma City Thunder.[12] O 19 de febreiro de 2015, Smith foi traspasado xunto ós dereitos de Latavious Williams ós New Orleans Pelicans.[13] Foi cortado polos Pelicans o mesmo día.[14]
O 22 de febreiro de 2015, Smith asinou cos Philadelphia 76ers.[15]
Notas editar
- ↑ "Player Bio: Ishmael Smith". Wake Forest Demon Deacons Athletics. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2010. Consultado o 27 de outubro de 2010.
- ↑ "Rockets Sign Guard Ishmael Smith". FS Houston. Fox Sports Houston. 23 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2010.
- ↑ "Rockets assign Smith to the Vipers". FS Houston. 17 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2012.
- ↑ "2011 NBA trade deadline tracker". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2011. Consultado o 22 de xuño de 2011.
- ↑ "Warriors waive guard Ish Smith". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 14 de xaneiro de 2012.
- ↑ Magic Sign Ish Smith
- ↑ "Bucks Acquire J.J. Redick, Gustavo Ayon and Ish Smith from Magic". NBA.com. 21 de febreiro de 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2013.
- ↑ Suns Trade for Kravtsov, Smith From Bucks
- ↑ Suns Release Ish Smith
- ↑ Rockets Add Depth to Roster with Signings
- ↑ Rockets Waive Adrien, Clark, Covington, Richmond and Smith
- ↑ Thunder Signs Ish Smith
- ↑ "Pelicans Acquire Ish Smith". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
- ↑ "Pelicans Waive Ish Smith". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
- ↑ "Sixers Sign Ishmael Smith". NBA.com. 22 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de febreiro de 2015.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 06 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)