Hasheem Thabeet

baloncestista tanzano

Hasheem Thabeet, nado Hashim Thabit Manka o 16 de febreiro de 1987 en Dar es Salaam, é un xogador profesional tanzano de baloncesto que xoga nos Grand Rapids Drive da NBA Development League.

Hasheem Thabeet
Grand Rapids Drive – No. 34
Posición Pivote
Liga NBA D-League
Información persoal
Nacemento 16 de febreiro de 1987 (37 anos)
Dar es Salaam, Tanzania
Nacionalidade Tanzania Tanzania
Altura 2,21 m (7 ft 3 in)
Peso oficial 119 kg (263 lb)
Información da carreira
Universidade Connecticut (2006–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 2
Por Memphis Grizzlies
Carreira dende 2009
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2009–2011)
Dakota Wizards (D-League) (2009–2010)
Houston Rockets (2011–2012)
Rio Grande Valley Vipers (D-League) (2011)
Portland Trail Blazers (2012)
Oklahoma City Thunder (2012–2014)
Grand Rapids Drive (D-League) (2014–presente)

Traxectoria deportiva editar

Profesional editar

Thabeet foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Memphis Grizzlies, e converteuse no primeiro xogador tanzano da NBA. O 25 de febreiro de 2010, foi enviado aos Dakota Wizards da NBA Development League.[1] Foi chamado de volta o 8 de marzo de 2010.[2]

O 24 de febreiro de 2011, o día límite de traspasos, foi traspasado aos Houston Rockets xunto a unha elección de primeira rolda do Draft a cambio de Shane Battier. Foi asignado outra vez á D-League, desta vez aos Rio Grande Valley Vipers, o 21 de marzo de 2011. O 11 de abril de 2011, foi chamado de volta polos Rockets.

O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto a Jonny Flynn a cambio de Marcus Camby.[3]

O 11 de xullo de 2012, asinou coma axente libre polos Oklahoma City Thunder.[4]

Notas editar

  1. Grizzlies send Thabeet to NBDL team
  2. "Grizzlies Recall Thabeet". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2010. Consultado o 23 de febreiro de 2012. 
  3. "Trail Blazers Send Camby to Houston". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  4. "Thunder sign Hasheem Thabeet". NBA.com (NBA Media Ventures, LLC, Turner Sports Interactive, Inc.). 11 de xullo de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar