Ike Diogu
Ikechukwu Somtochukwu Diogu, máis coñecido coma Ike Diogu, nado o 11 de setembro de 1983 en Buffalo, Nova York, é un xogador americano, de pais nixerianos, de baloncesto profesional. Actualmente xoga para os Sichuan Blue Whales da Chinese Basketball Association (CBA).
![]() | |
Sichuan Blue Whales – No. 6 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1983 (40 anos)![]() |
Nacionalidade | Estados Unidos / Nixeria |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 116 kg (255 lb) |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Garland, Texas |
Universidade | Arizona State |
NBA Draft | 2005 / Rolda: 1 / Elección: 9 Por Golden State Warriors |
Carreira | 2005−presente |
Historial de equipos | |
Golden State Warriors (2005–07) Indiana Pacers (2007–08) Portland Trail Blazers (2008–09) Sacramento Kings (2009) New Orleans Hornets (2009) Los Angeles Clippers (2010-2011) San Antonio Spurs (2012) Xinjiang Flying Tigers (2012) Capitanes de Arecibo (2012) Guangdong Southern Tigers (2012−2013) Leones de Ponce (2013) Bakersfield Jam (2013−2014) Leones de Ponce (2014) Dongguan Leopards (2014−2015) Guangdong Southern Tigers (2015−2016) Jiangsu Monkey King (2016−2017) Sichuan Blue Whales (2018−presente) |
Traxectoria profesional editar
Golden State Warriors editar
Diogu foi seleccionado na 9ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Golden State Warriors. O 23 de decembro de 2005, conseguiu a maior anotación na súa carreira, ao conseguir 27 puntos, en 13 de 15 tiros, pasando a súa anterior marca de 12 puntos.[1]
Indiana Pacers editar
O 17 de xaneiro de 2007, Diogu, a quen Larry Bird chamou a "xema" do traspaso, foi traspasado aos Indiana Pacers xunto con Mike Dunleavy, Jr., Troy Murphy, e Keith McLeod a cambio de Stephen Jackson, Al Harrington, Šarūnas Jasikevičius e Josh Powell.[2]
Portland Trail Blazers editar
O 26 de xuño de 2008, a noite do Draft da NBA de 2008, Diogu foi traspasado por Indiana aos Portland Trail Blazers xunto cos dereitos de Jerryd Bayless a cambio de Jarrett Jack, Josh McRoberts e os dereitos do draft de Brandon Rush.
Sacramento Kings editar
Diogu foi traspasado aos Sacramento Kings a cambio de Michael Ruffin dos Chicago Bulls o 18 de febreiro de 2009.[3]
New Orleans Hornets editar
Diogu asinou cos New Orleans Hornets o 29 de xullo de 2009, pero non xogou ningún partido para o equipo.
Detroit Pistons editar
Asinou cos Detroit Pistons o 27 de setembro de 2010, converténdose en membro do equipo na pretempada. O 20 de outubro de 2010, Diogu foi cortado polos Pistons.
Los Angeles Clippers editar
Os Los Angeles Clippers contrataron a Diogu coma axente libre o 22 de decembro de 2010.[4] O 8 de febreiro de 2011, Diogu anotou 18 puntos, a súa mellor marca da tempada, contra os Orlando Magic.
San Antonio Spurs editar
O 3 de xaneiro de 2012, asinou cos San Antonio Spurs.[5] O 11 de xaneiro, foi despedido.
Notas editar
- ↑ Pistons remain hot with 12-point win over Golden State
- ↑ "Pacers, Warriors announce 8-player deal". Associated Press. 2007-01-17. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2008. Consultado o 2007-12-23.
- ↑ Blazers get Ruffin from Bulls, send Diogu to Kings
- ↑ "CLIPPERS SIGN FREE AGENT FORWARD IKE DIOGU". NBA.com. 2010-12-22. Consultado o 2010-12-24.
- ↑ Spurs Sign Ike Diogu