Marvin Bagley III
baloncestista estadounidense
Marvin Bagley III, nado o 16 de marzo de 1999 en Tempe, Arizona, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA). Con 2,11 metros de estatura xoga na posición de ala-pivote.
![]() | |
Sacramento Kings – No. 35 | |
Ala-pivote | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1999 (22 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Corona del Sol (Tempe, Arizona) Hillcrest Prep Academy (Phoenix, Arizona) Sierra Canyon School (Chatsworth, California) |
Universidade | Duke (2017–2018) |
NBA Draft | 2018 / Rolda: 1 / Elección: 2
Por Sacramento Kings |
Carreira | dende 2018 |
Historial de equipos | |
Sacramento Kings (2018–presente) | |
Información en nba.com |
Traxectoria profesionalEditar
O 21 de xuño de 2018, Bagley foi seleccionado polos Sacramento Kings na segunda posición do Draft da NBA de 2018.[1] O 1 de xullo de 2018, Bagley asinou cos Kings.[2] Debutou na NBA o 17 de outubro de 2018 na derrota dos Kings por 123–117 contra os Utah Jazz, facendo 6 puntos e 5 rebotes en 12 minutos de xogo.[3]
NotasEditar
- ↑ "Kings go power forward route with Marvin Bagley III as No. 2 pick". ESPN.com. 21 de xuño de 2018. Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ "Kings Sign Marvin Bagley III". NBA.com. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ "Utah Jazz vs. Sacramento Kings - October 17, 2018". NBA.com. Consultado o 2 de xaneiro de 2019.