Landry Fields

baloncestista estadounidense

Landry Fields, nado o 27 de xuño de 1988 en Long Beach (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense actualmente axente libre.

Landry Fields
Axente libre
Posición Escolta / Aleiro
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 27 de xuño de 1988 (35 anos)
California Long Beach (California)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Información da carreira
Universidade Stanford (2006–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 2 / Elección: 39
Por New York Knicks
Carreira dende 2010
Historial de equipos
New York Knicks (2010-2012)
Toronto Raptors (2012-2015)
Información en nba.com

Traxectoria editar

Universidade editar

Fields xogou no baloncesto universitario para a Universidade de Stanford. Xogou 14 minutos por partido no seu primeiro ano, e foi mellorando ano a ano os seus números, ata chegar ó seu derradeiro ano coma un dos mellores xogadores na Conferencia Pac-10.

Fields rematou a súa tempada coma sénior liderando a Pac-10 en anotación e en rebotes, pese a xogar de escolta e ala. Foi incluído no primeiro mellor equipo da Pac-10. Os seus 22 puntos por partido fixéronlle situarse na 8ª posición de anotadores do país.

Profesional editar

Fields foi elixido na 39ª posición do Draft da NBA de 2010 polos New York Knicks.[1] Tras unha grande actuación na liga de verán e na pretempada, comezou de titular no primeiro partido de liga. O 16 de novembro de 2010, Fields conseguiu os seus máximos da súa carreira con 21 puntos e 17 rebotes na derrota contra os Denver Nuggets.[2]

O 6 de febreiro de 2011, superou ese máximo ao anotar 25 puntos na vitoria contra os Philadelphia 76ers. [3]

Fields gañou o premio ao Rookie do Mes da Conferencia Leste nos meses de novembro e decembro do 2010. [4]

Grazas á súa gran tempada coma rookie, foi elixido no primeiro equipo de rookies da NBA da tempada 2010-11. Fields foi elixido para xogar co Team Shaq no Rising Stars Challenge de 2012.[5]

O 11 de xullo de 2012, Fields asinou un acordo cos Toronto Raptors, cun valor de 20 millóns de dólares en tres anos.[6] Os Knicks decidiron non igualar a oferta e Fields uniuse oficialmente ós Raptors o 14 de xullo de 2012.[7]

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 05 de maio de 2011. 
  2. Beck, Howard (17-11-2010). "Neither Anthony Nor Knicks Are at Their Best". The New York Times (en inglés). 
  3. "NBA game results, Feb. 7". The San Francisco Chronicle (en inglés). 7-2-2011. 
  4. Abrams, Jonathan (3-1-2011). "Knicks' Danilo Gallinari to Miss 2-3 Weeks". The New York Times (en inglés). 
  5. "2012 Rising Stars Challenge". NBA (en inglés). 21-1-2012. Arquivado dende o orixinal o 30-05-2012. Consultado o 18-08-2012. 
  6. "Raptors Sign Landry Fields To Offer Sheet". NBA.com (en inglés). 11-7-2012. Arquivado dende o orixinal o 15-07-2012. Consultado o 12-7-2012. 
  7. "Raptors Sign Landry Fields". NBA.com (en inglés). 15-7-2012. Arquivado dende o orixinal o 17-07-2012. Consultado o 15-7-2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar