Thabo Sefolosha
Thabo Patrick Sefolosha, nado o 2 de maio de 1984 en Vevey, é un ex xogador suízo de baloncesto profesional que pasou a meirande parte da súa traxectoria coma xogador na National Basketball Association (NBA). En 2006 converteuse no primeiro xogador suízo en xogar na NBA.
![]() | |
Posición | Escolta / Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 2 de maio de 1984 (39 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2006 / Rolda: 1 / Elección: 13 Por Philadelphia 76ers |
Carreira | 2001–2020 |
Historial de equipos | |
Vevey Riviera Basket (2001–2002) Élan Chalon (2002–2005) Angelico Biella (2005–2006) Chicago Bulls (2006–2009) Oklahoma City Thunder (2009–2014) → Fenerbahçe (2011) Atlanta Hawks (2014–2017) Utah Jazz (2017–2019) Houston Rockets (2019–2020) |
Traxectoria profesional editar
NBA editar
Sefolosha foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Philadelphia 76ers, e foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio de Rodney Carney.[1]
O 19 de febreiro de 2009, Sefolosha foi traspasado ós Oklahoma City Thunder a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2009.[2] Na tempada 2009-10, foi escollido no segundo mellor equipo defensivo da NBA.
En outubro de 2011, durante o lockout da NBA, Sefolosha asinou co Fenerbahçe SK turco, pero tan só para partidos da Euroliga. O acordo co Fenerbahçe permitía ao xogador volver ós Thunder unha vez rematase o lockout.[3] Durante a Euroliga 2011-12 disputou sete partidos co equipo turco. Ó remate desa mesma tempada, Sefolosha e os Thunder disputaron as Finais da NBA, onde perderon contra os Miami Heat.
O 15 de xullo de 2014, Sefolosha foi traspasado xunto os dereitos de Giorgos Printezis ós Atlanta Hawks, a cambio dos dereitos de Sofoklis Schortsanitis.[4]
O 18 de xullo de 2017, Sefolosha acordou cos Utah Jazz un contrato por varios anos.[5]
O 23 de setembro de 2019, Sefolosha asinou un contrato dun ano cos Houston Rockets.[6]
O 31 de marzo de 2021, Sefolosha anunciou a súa retirada coma xogador profesional.[7][8]
Notas editar
- ↑ ESPN article on the 2006 NBA Draft
- ↑ "Thunder Acquires Thabo Sefolosha". NBA.com. 19 de febreiro de 2009. Consultado o 9 de marzo de 2013.
- ↑ "Thabo Sefolosha signs With a Turkish Club". Boston.com. 12 de outubro de 2011. Consultado o 9 de marzo de 2013.
- ↑ "Hawks Acquire Thabo Sefolosha in Sign-And-Trade Transaction". Atlanta Hawks. Consultado o 8 de abril de 2015.
- ↑ "Jazz Sign Thabo Sefolosha". NBA.com. 18 de xullo de 2017. Consultado o 18 de xullo de 2017.
- ↑ "Rockets Sign Free Agent Thabo Sefolosha". NBA.com. 23 de setembro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2019.
- ↑ "Thabo Sefolosha retires after 14 NBA seasons". supersport.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2021. Consultado o 2021-05-03.
- ↑ "Report: Former Bull Thabo Sefolosha retires". RSN. Consultado o 2021-05-03.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Estatísticas en Basketball-Reference Arquivado 13 de agosto de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)