American Airlines Center

Pavillón en Dallas, Texas

O American Airlines Center, ás veces chamado AAC, é un pavillón localizado no barrio de Victory Park, preto do centro de Dallas, Texas, que é usado para partidos de baloncesto da National Basketball Association (NBA) dos Dallas Mavericks e de hóckey sobre xeo da National Hockey League (NHL) dos Dallas Stars. Tamén é utilizado para concertos.

American Airlines Center
Dallas e Victory Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AAC
Tipopista de xeo e multi-purpose sports venue (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EpónimoAmerican Airlines Editar o valor en Wikidata
Custo$420 millóns USD
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
OcupanteDallas Mavericks, Dallas Stars, National Basketball Association e National Hockey League Editar o valor en Wikidata
Propietario/aCenter Operating Company, L.P.
Arquitecto/aDavid M. Schwarz
HKS Inc.
Johnson/McKibben
Datas
Fundación17 de xullo de 2001 Editar o valor en Wikidata
Inauguración17 de xullo de 2001
Dimensións
CapacidadeBaloncesto: 21.041
Hóckey sobre xeo: 18.532
Acontecementos
2001 construción Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 32°47′26″N 96°48′37″O / 32.790555555556, -96.810277777778
Situado enDallas e Victory Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización Dallas, Texas
Fontes e ligazóns
Páxina WEBamericanairlinescenter.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Historia

editar

Para o ano 1998, os Dallas Mavericks, o seu dono Mark Cuban e os Dallas Stars indicaban o seu desexo de substituír o seu pavillón (o Reunion Arena) por un novo. Os residentes de Dallas aprobaron a introdución de impostos novos nos hoteis e na renda para pagar o novo fogar dos Mavs e dos Stars.

Moitos confunden o nome co AmericanAirlines Arena, pavillón de Miami Heat. Ironicamente, en 2006, os dous equipos chegaron ás Finais, nunha serie ao mellor de sete, que terminou con catro vitorias dos de Florida. Os Mavericks que venceran os 2 primeiros xogos en casa, perderon o resto dos partidos. As series acabaron sendo coñecidas como as "American Airlines Series".

Equipos

editar

O American Airlines Center é o fogar dos seguintes equipos:

Galería

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar