Luther Head

baloncestista estadounidense

Luther Dale Head, nado o 26 de novembro de 1982 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente xoga no CB Valladolid da Liga ACB.

Luther Head
CB Valladolid
Posición Escolta
Liga Liga ACB
Información persoal
Nacemento 26 de novembro de 1982 (41 anos)
Chicago, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Información da carreira
Instituto Manley Academy
(Chicago, Illinois)
Universidade Illinois (2001–2005)
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 24
Por Houston Rockets
Carreira dende 2005
Historial de equipos
Houston Rockets (2005-2009)
Miami Heat (2009)
Indiana Pacers (2009-2010)
Sacramento Kings (2010-2011)
Austin Toros (2012-2013)
Texas Legends (2013)
CB Valladolid (2013-presente)

Traxectoria profesional editar

Houston Rockets editar

Na tempada 2005-06, Head xogou en 80 partidos, sendo titular en 27. Rematou a tempada acadando 8.8 puntos e 2.7 asistencias por partido. Tras a tempada, Head foi incluído no segundo mellor equipo de rookies da NBA.[1]

 
Luther Head xogando para os Rockets

Na tempada 2006-07, fixo 10.8 puntos, 3.2 rebotes e 2.4 asistencias, e amosou ser un gran reserva para os Houston Rockets,[2] especialmente coas ausencias de Tracy McGrady e Yao Ming debido ás lesións. O 4 de abril de 2007, coa ausencia de McGrady e Yao, Head anotou 30 puntos, o máximo da súa carreira, na derrota contra os Golden State Warriors.

O 19 de febreiro de 2009, Head reuniuse de novo co seu compañeiro na Universidade de Illinois Brian Cook, despois de ser adquirido polos Rockets dos Orlando Magic, pero ese encontro durou pouco, xa que o 28 de febreiro os Rockets despediron a Head.[3]

Miami Heat editar

O 3 de marzo, Head asinou cos Miami Heat.[4] Tras un pequeno período cos Heat, Head mancouse unha man contra os Orlando Magic, o cal lle fixo perder o resto da tempada.

Indiana Pacers editar

O 17 de setembro de 2009, asinou un contrato cos Indiana Pacers.[5]

Sacramento Kings editar

O 5 de setembro de 2010, asinou un contrato cos Sacramento Kings. No seu primeiro partido cos Kings, saíu do banco para anotar 14 puntos na vitoria por 117-116 contra os Minnesota Timberwolves o 27 de outubro de 2010. O 19 de marzo de 2011, foi despedido polos Kings.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar