Vivint Smart Home Arena

Coordenadas: 40°46′06″N 111°54′04″O / 40.768333, -111.901111

O Vivint Smart Home Arena, antes coñecido como Delta Center (1991–2006) e EnergySolutions Arena (2006–2015), é un pavillón polideportivo cuberto situado na cidade de Salt Lake City (Utah, Estados Unidos). Actualmente, é sede do equipo de baloncesto da National Basketball Association (NBA) Utah Jazz. Ten capacidade para 19.911 espectadores para partidos de baloncesto, a cal pode variar para outro tipo de actividades ou espectáculos, como o hóckey sobre xeo (14.000) ou concertos (20.000). Foi unha das sedes dos Xogos Olímpicos de Inverno de Salt Lake City 2002, acollendo as probas de patinaxe artística sobre xeo e patinaxe de velocidade sobre pista curta. Durante as Olimpíadas o pavillón foi coñecido como Salt Lake Ice Center.

Vivint Smart Home Arena
Datos
Localización Salt Lake City, Estados Unidos
Nomes antigosDelta Center (1991–06)
EnergySolutions Arena (2006–15)
Construción
Construción22 de maio de 1990
Inauguración4 de outubro de 1991
ArquitectoFFKR Architecture
EnxeñeiroRalph L. Wadsworth Engineering
Custo$93 millóns
Estadio
Capacidade19.911
PropietarioLarry Miller Sports & Entertainment
OperaradoraLarry Miller Sports & Entertainment
LocalíaUtah Jazz (NBA)
Eventos
Xogos Olímpicos de Inverno de 2002
All-Star da NBA 1993

Historia editar

 
Interior do pavillón.

O pavillón foi pensado para acoller 20.000 espectadores nos partidos dos Utah Jazz da NBA e dos Salt Lake Golden Eagles, un equipo das ligas menores de hóckey sobre xeo, substituíndo ao xa demolido Salt Palace, que contaba con 12.616 localidades. O financiamento correu a cargo do empresario de Utah Larry H. Miller, comezando as obras o 22 de maio de 1990 e sendo inaugurado o 4 de outubro de 1991. O custo total ascendeu a 93 millóns de dólares.

O primeiro partido que se disputou nel foi o disputado entre os Golden Eagles e os Peoria Rivermen, o 16 de outubro de 1991, mentres que o primeiro partido de baloncesto foi un de pretemporada entre os Jazz e os New York Knicks, con vitoria destes últimos por 101-95. Nel foron celebrados diversos eventos de importancia, como os torneos de baloncesto masculino da Western Athletic Conference entre 1993 e 1995, o All-Star Game de 1993, o campionato dos Estados Unidos de Patinaxe artística sobre xeo en 1999, así como diversas probas dos Xogos Olímpicos de Salt Lake City 2002. En agosto de 1999 o teito da instalación viuse seriamente danado por un tornado, custando a súa reparación case 4 millóns de dólares. Vivint comprou os dereitos do nome do pavillón en outubro de 2015, substituíndo a EnergySolutions.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar