Dennis Rodman
Dennis Keith Rodman, nado o 13 de maio de 1965 en Trenton, Nova Jersey, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto, que xogou para Detroit Pistons, San Antonio Spurs, Chicago Bulls, Los Angeles Lakers e Dallas Mavericks na National Basketball Association (NBA). Lembrado principalmente pola súa fereza defensiva e a súa capacidade reboteadora, era coñecido moitas veces polo alcume "The Worm" (do inglés: o verme). Cunha altura de 2,01 m, durante os seus primeiros anos xogou na posición de ala para posteriormente evolucionar até a posición de ala-pivote.
Grazas á súa capacidade defensiva, foi incluído no "quinteto defensivo ideal da NBA" en sete ocasións e elixido como Defensor do Ano en dúas. Tamén foi o máximo revoteador da competición durante sete anos consecutivos, axudando aos seus equipos a gañar un total de cinco campionatos. A súa biografía na páxina web oficial da liga di que "é posibelmente o mellor ala reboteador da historia da NBA". En recoñecemento á súa traxectoria, os Detroit Pistons retiron o 11 de abril de 2011 a camisola co seu número 10,[1] sendo ademais uns meses despois incluído no Naismith Memorial Basketball Hall of Fame.[2]
Rodman experimentou unha infancia infeliz, sendo un rapaz tímido e introvertido nos seus primeiros anos. Despois de interromper unha tentativa de suicidio en 1993, reinventouse a si mesmo como un "bad boy" (do inglés: neno malo), sendo notorio polas súas numerosas e controvertidas bufonadas. Tinguiuse repetidamente o cabelo de cores artificiais, fíxose numerosos piercings e tatuaxes, e frecuentemente interrompeu os partidos ao enfrontarse a rivais e arbtitros. É coñecido tamén o caso no que acudiu á presentación da súa autobiografía Bad As I Wanna Be levando posto un vestido de voda. Alén do baloncesto, Rodman tamén ten participado en espectáculos de loita libre profesional e en obras cinematográficas.
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarDennis Rodman naceu en Trenton, Nova Jersey , fillo de Shirley e Philander Rodman, Jr., piloto das Forzas Aéreas, e máis tarde veterano da Guerra de Vietnam. Cando era novo, o seu pai abandonou a súa familia para instalarse finalmente en Filipinas. Segundo o seu pai, Rodman ten uns 26 ou 28 irmáns e irmás por liña paterna. A súa nai, Shirley, tivo moitos traballos, ás veces catro á vez, para poder manter á súa familia. Na súa biografía de 1997, Bad As I Wanna Be, expresa o seu odio e indignación cara ao seu pai. Rodman recoñeceu publicamente ao seu pai 42 anos despois de que os abandonase durante un acto público celebrado en Manila, debido a un partido de exhibición entre lendas de baloncesto estadounidenses e filipinas. O empobrecido Rodman e as súas dúas irmás, Debra e Kim, criáronse no Oak Cliff sección de Dallas, Texas, considerada como unha das peores zonas de Dallas na época. Rodman tiña moito apego á súa nai. De acordo con Rodman, Shirley Rodman estaba máis interesada nas súas dúas irmás Debra e Kim. Considerouse en xeral "atafegado" pola casa só con mulleres.
Cando Rodman experimentou o seu crecemento acelerado, voltouse aínda máis retraído, xa que sentía estraño no seu propio corpo. Rodman era tan inseguro coas mulleres que pensaban que era homosexual na súa adolescencia. Perdeu a súa virxindade cando tiña 20 anos, tendo a súa primeira experiencia sexual cunha prostituta, acto que describiu como unha experiencia desagradábel. Rodman asistía á South Oak Cliff High School. Porén, Rodman non se consideraba un destacado atletista. Segundo el, era "incapaz de meter unha bandexa" e, aínda que xogou nos equipos de baloncesto da escola secundaria, permanecía habitualmente ao banco de suplentes. Cómpre destacar que no seu primeiro ano da escola secundaria medía soamente 1,68 m. Despois de terminar a escola, Rodman traballou como conserxe de noite no Aeroporto Internacional de Dallas-Fort Worth. Nesa época experimentou un estirón repentino, polo que decidiu darlle outra oportunidade ao baloncesto.
Universidade
editarGrazas a este estirón, un amigo da familia avisou o adestrador en xefe da universidade do condado de Cooke en Gainesville, Texas. Nun só semestre alí, fixo unha media de 17,6 puntos e 13,3 rebotes por partido. Despois da súa curta estadía en Gainesville, foi transferido ao Southeastern Oklahoma State University. Alí, Rodman foi tres veces All-American e liderou á NAIA en rebotes. En tres tempadas alí, fixo unha media de 25,7 puntos e 15,7 rebotes por partido, liderou a competición en rebotes dúas veces e rexistrando unha porcentaxe de tiros de campo do 63,7%. No Torneo de Portsmouth, un campus pre-draft da NBA, recibiu o título de MVP, chamando a atención dos Detroit Pistons.
Durante este tempo, Rodman traballou nun campus de baloncesto xuvenil de verán, onde fixo amizade con campista Bryne Rich, que era tímido e retraído por mor dun accidente de caza no que por erro matou a tiros ao seu mellor amigo. Os dous fixéronse case inseparábeis. Así, Rich convidou a Rodman á súa casa rural de Oklahoma; nun primeiro momento, Rodman non foi ben recibido polos Rich debido a que era afroamericano. Con todo, a familia estaba agradecida con el por sacar ao seu fillo a saír fóra da casa e foron finalmente capaces de deixar ao carón os seus prexuízos. A pesar de que Rodman tiña familia e problemas persoais con si mesmo, a familia Rich adoptouno en 1982, e foise da vida da cidade a "conducir dun tractor e xogar coas vacas". Rodman atribúe os Rich como a súa "familia substituta" que lle axudou na universidade.
NBA
editarDetroit Pistons
editarOs Detroit Pistons elixiron a Rodman na segunda rolda do Draft da NBA de 1986 no posto 27. Nese punto os Pistons tiñan un equipo ben armado no que xogaban as estrelas como Isiah Thomas, Joe Dumars e Bill Laimbeer e outros xogadores como Adrian Dantley, Vinnie Johnson, John Salley ou Rick Mahorn. A intensidade de Rodman encaixou perfectamente co estilo equipo, que xa era coñecido polo seu estilo rudo de xogo e o seu defensa tenaz. Na súa primeira tempada na NBA, Rodman conseguiu unhas medias de 6,5 puntos e 4,5 rebotes en apenas 15 minutos de xogo. Os Pistons perderon na final de conferencia de 1987 contra os Boston Celtics, a pesar de que Rodman realizou unha defensa moi eficaz a Larry Bird, rebaixando considerablemente as súas medias. Na temporada 1987-88, Rodman mellorou notabelmente o seu xogo, sendo o segundo máximo reboteador do equipo só por detrás de Laimbeer, con 8,7 capturas por noite, derrotando na final de conferencia aos mozos Chicago Bulls. Este ano Rodman obtivo o primeiro dos seus dous títulos consecutivos de Mellor Defensor. Porén, os Pistons perden a final por 4-3 ante Los Angeles Lakers, influíndo na eliminatoria a forte escordadura que sufriu durante o sexto partido a estrela Isiah Thomas.
Na tempada 1988-1989 os Pistons enfrontáronse nas finais da NBA de novo cos Lakers. Esta vez gañaron o seu primeiro título cun resultado contundente de 4-0. Ao ano seguinte conseguiron revalidar o título ao vencer nas finais aos Portland Trail Blazers por 4-1. Rodman liderou aos Pistons con 12,5 rebotes por partido na tempada 1990-91 da NBA. En 1992, Rodman mellorou significativamente, pfacendo medias de máis de 18 rebotes por partido, gañando así o primeiro dos seus 7 títulos consecutivos como máximo reboteador da liga. En marzo de 1992, obtivo o maior número de rebotes nun partido durante a súa carreira con 34. Unha noite durante a tempada 1992-93, Rodman foi encontrado sentado na súa camioneta cunha arma cargada no estacionamento do pavillón dos Pistons. Rodman declarou nunha das súas autobiografías que esa noite foi cando asasinou o "vello Dennis" e deixou ao "novo Dennis" saír. Ao final da tempada foi traspasado a San Antonio Spurs xunto con Isiah Morris por Sean Elliott e David Wood.
San Antonio e Chicago
editarNa temporada 1993-94 Rodman asina cos San Antonio Spurs, onde compartiu vestiario con David Robinson. No equipo texano continuou practicando o xogo que máis dominaba, permitindo que o pivote do equipo, Robinson, se concentrase máis en anotar puntos. Precisamente o pivote dos Spurs gañaría ese ano o título ao máximo anotador da tempada, repetindo Rodman o título homólogo en rebotes, cunha media de 17,3 capturas por partido. Isto permitiulle tamén formar parte do "Primeiro quinteto defensivo". Foi a primeira vez que dous compañeiros de equipo compartían devanditas honras. A seguinte tempada axudou aos Spurs a conseguir a mellor marca da franquía (62-20), o que os levou ás finais de conferencia. Con todo, as súas constantes distraccións extradeportivas (tivo un breve romance con Madonna) non eran moi ben vistas, o que deteriorou a súa situación no equipo, até que os directivos, despois de que non chegase xunto co equipo ao quinto partido da final de conferencia, decidiron botalo da franquía.
Despois da tempada 1994-95, Rodman foi traspasado aos Chicago Bulls coa intención de que enchese o oco deixado por Horace Grant. Os Bulls con Rodman, Scottie Pippen e Michael Jordan, que regresaba do seu retiro, melloraron en 25 vitorias a súa marca da tempada anterior (de 47-35 a 72-10) para impor un récord da NBA. O seu camiño nas finais foi relativamente fácil e conseguiron o título de Campión. Xuntos Rodman, Jordan e Pippen integraron o equipo defensivo do ano, sendo esta a primeira vez que tres xogadores do mesmo equipo o lograban. Rodman liderou a liga en rebotes por quinto ano consecutivo e Jordan gañou o título de anotador, emulando o que xa conseguira con Robinson nos Spurs. Repetírono en 1997 e 1998, no que supuxo o segundo tricampeonato da década para os Bulls.
Despois dos Bulls
editarRodman deixou Chicago despois da tempada 1997-98, cando os Bulls comezaron unha reconstrución masiva do seu cadro de xogadores. Así terminou tamén a súa última tempada como grande estrela do baloncesto, xa que despois só tivo breves aparicións con outros dous equipos da liga: Los Angeles Lakers e Dallas Mavericks. Rodman foi o reboteador estrela dos anos 1990, con sete títulos consecutivos, e freou defensivamente a xogadores do talle de Michael Jordan, Scottie Pippen, Magic Johnson, Larry Bird, Shaquille O'Neal, Alonzo Mourning, Shawn Kemp, Karl Malone ou Charles Barkley. A súa actuación máis impresionante foi durante as finais da Conferencia Leste en 1996, cando Rodman apagou a Horace Grant e axudou a conter ao xigante O'Neal, que ao cabo foi a clave para que os Bulls lograsen a vitoria na final de conferencia. Despois de deixar a NBA xogou en equipos da ABA e mesmo nalgún equipo europeo.
Estatísticas
editarLenda | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
PX | Partidos xogados | PT | Partidos titular | MPP | Minutos por partido | %TC | Porcentaxe de tiros de campo |
%3P | Porcentaxe de tiros de 3 | %TL | Porcentaxe de tiros libres | RPP | Rebotes por partido | APP | Asistencias por partido |
ROU | Roubos de balón por partido | TPP | Tapóns por partido | PPP | Puntos por partido | Negra | Máximo de carreira |
Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1986–87 | Detroit Pistons | 77 | 1 | 15.0 | .545 | .000 | .587 | 4.3 | .7 | .5 | .6 | 6.5 |
1987–88 | Detroit Pistons | 82 | 32 | 26.2 | .561 | .294 | .535 | 8.7 | 1.3 | .9 | .5 | 11.6 |
1988–89 | Detroit Pistons | 82 | 8 | 26.9 | .595 | .231 | .626 | 9.4 | 1.2 | .7 | .9 | 9.0 |
1989–90 | Detroit Pistons | 82 | 43 | 29.0 | .581 | .111 | .654 | 9.7 | .9 | .6 | .7 | 8.8 |
1990–91 | Detroit Pistons | 82 | 77 | 33.5 | .493 | .200 | .631 | 12.5 | 1.0 | .8 | .7 | 8.2 |
1991–92 | Detroit Pistons | 82 | 80 | 40.3 | .539 | .317 | .600 | 18.7 | 2.3 | .8 | .9 | 9.8 |
1992–93 | Detroit Pistons | 62 | 55 | 38.9 | .427 | .205 | .534 | 18.3 | 1.6 | .8 | .7 | 7.5 |
1993–94 | San Antonio Spurs | 79 | 51 | 37.8 | .534 | .208 | .520 | 17.3 | 2.3 | .7 | .4 | 4.7 |
1994–95 | San Antonio Spurs | 49 | 26 | 32.0 | .571 | .000 | .676 | 16.8 | 2.0 | .6 | .5 | 7.1 |
1995–96 | Chicago Bulls | 64 | 57 | 32.6 | .480 | .111 | .528 | 14.9 | 2.5 | .6 | .4 | 5.5 |
1996–97 | Chicago Bulls | 55 | 54 | 35.4 | .448 | .263 | .568 | 16.1 | 3.1 | .6 | .3 | 5.7 |
1997–98 | Chicago Bulls | 80 | 66 | 35.7 | .431 | .174 | .550 | 15.0 | 2.9 | .6 | .2 | 4.7 |
1998–99 | Los Angeles Lakers | 23 | 11 | 28.6 | .348 | .000 | .436 | 11.2 | 1.3 | .4 | .5 | 2.1 |
1999–00 | Dallas Mavericks | 12 | 12 | 32.4 | .387 | .000 | .714 | 14.3 | 1.2 | .2 | .1 | 2.8 |
Liga | 911 | 573 | 31.7 | .521 | .231 | .584 | 13.1 | 1.8 | .7 | .6 | 7.3 | |
Play-offs | 169 | 89 | 28.3 | .490 | .149 | .540 | 9.9 | 1.2 | .6 | .6 | 6.4 | |
All-Star Game | 2 | 0 | 18.0 | .364 | — | — | 8.5 | .5 | .5 | .5 | 4.0 |
Logros
editar- Cinco veces Campión da NBA (1989–1990, 1996–1998).
- Dúas veces All-Star (1955–1965).
- Dez veces no Terceiro equipo da NBA (1992, 1995).
- Dúas veces Mellor defensor da NBA (1990–1991).
- Sete veces no Primeiro equipo defensivo da NBA (1989–1993, 1995–1996).
- Unha vez no Segundo equipo defensivo da NBA (1994).
- Sete veces consecutivas máximo reboteador da NBA (1992–1998).
- Membro do Basketball Hall of Fame como xogador (2011).
- Número 10 retirado por Detroit Pistons.
Notas
editar- ↑ Yahoo Sports, ed. (12 de febreiro de 2011). "Pistons to retire Dennis Rodman's number, acquire new owner?" (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2015.
- ↑ Fox Sports, ed. (24 de xullo de 2014). "Rodman, Mullin enshrined in Hall of Fame" (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2015.