Ronnie Brewer
Ronnie Brewer, nado o 20 de marzo de 1985 en Portland, Oregón, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou 10 tempadas na National Basketball Association (NBA).
Posición | Escolta / Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 20 de marzo de 1985 (39 anos) Portland, Oregón |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Fayetteville (Fayetteville, Arkansas) |
Universidade | Arkansas (2003–2006) |
NBA Draft | 2006 / Rolda: 1 / Elección: 14 Por Utah Jazz |
Carreira | 2006–2018 |
Historial de equipos | |
Utah Jazz (2006–2010) Memphis Grizzlies (2010) Chicago Bulls (2010–2012) New York Knicks (2012–2013) Oklahoma City Thunder (2013–2014) Houston Rockets (2014–2015) Chicago Bulls (2015–2016) Santa Cruz Warriors (2017–2018) |
Traxectoria
editarBrewer foi seleccionado na 14ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Utah Jazz. O 18 de febreiro de 2010, Brewer foi traspasado ós Memphis Grizzlies a cambio dunha futura elección da primeira rolda do Draft. Despois de que os Grizzlies decidiran non renovar o seu contrato, Brewer asinou cos New York Knicks.[1]
O 21 de febreiro de 2013, Brewer foi traspasado ós Oklahoma City Thunder a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2014.[2]
O 28 de agosto de 2013, Brewer asinou cos Houston Rockets.[3] O 21 de febreiro de 2015, foi cortado polos Rockets.[4]
O 7 de abril de 2016, Brewer asinou de novo cos Chicago Bulls.[5] O 15 de xullo de 2016 foi cortado polos Bulls.[6]
Notas
editar- ↑ "Knicks Sign Ronnie Brewer". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2012. Consultado o 18 de outubro de 2018.
- ↑ "Thunder Acquires Ronnie Brewer and Trade Exception in Separate Deals with Knicks and Blazers". NBA.com. 21 de febreiro de 2013. Consultado o 25 de febreiro de 2013.
- ↑ Rockets Add Brewer
- ↑ "Rockets waive Ronnie Brewer and sign Troy Daniels". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2018.
- ↑ Bulls sign Brewer for remainder of the season
- ↑ Bulls waive Amundson, Brewer and James
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 18 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)