Austin Rivers
Austin James Rivers, nado o 1 de agosto de 1992 en Santa Monica (California), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA). É fillo de Doc Rivers, ex xogador e actual adestrador da NBA.
Minnesota Timberwolves | |
Posición | Escolta / Base |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 1 de agosto de 1992 (31 anos) Santa Monica (California) |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Winter Park HS |
Universidade | Duke (2011–2012) |
NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 10 Por New Orleans Hornets |
Carreira | dende 2012 |
Historial de equipos | |
New Orleans Hornets / Pelicans (2012–2015) Los Angeles Clippers (2015–2018) Washington Wizards (2018) Houston Rockets (2018–2020) New York Knicks (2020–2021) Denver Nuggets (2021–2022) Minnesota Timberwolves (2022–presente) |
Traxectoria profesional
editarRivers foi seleccionado na 10ª posición do Draft da NBA de 2012 polos New Orleans Hornets.[1] Escolleu o número 25, o mesmo que levou o seu pai cando xogaba na NBA. O 24 de xullo de 2012, Rivers asinou un contrato de 3 anos cos Hornets.
O 12 de xaneiro de 2015, Rivers foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre os Celtics, os Pelicans e os Memphis Grizzlies.[2] Tres días máis tarde, foi traspasado ós Los Angeles Clippers, equipo adestrado polo seu pai Doc Rivers, nun traspaso entre Celtics, Clippers e Phoenix Suns.[3] O 16 de xaneiro de 2015, Rivers fixo o seu debut cos Clippers, e converteuse no primeiro xogador na historia da NBA en xogar para o seu pai.[4]
O 26 de xuño de 2018, Rivers foi traspasado ós Washington Wizards a cambio de Marcin Gortat.[5] O 17 de decembro de 2018, os Wizards traspasaron a Rivers xunto a Kelly Oubre Jr. ós Phoenix Suns a cambio de Trevor Ariza.[6] Ó día seguinte, Rivers foi cortado polos Suns.[7]
O 24 de decembro de 2018, Rivers asinou cos Houston Rockets.[8]
O 27 de novembro de 2020, Rivers asinou cos New York Knicks.[9]
O 25 de marzo de 2021, Rivers foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Philadelphia 76ers,[10] e foi cortado tres días máis tarde.[11]
O 20 de abril de 2021, Rivers asinou cos Denver Nuggets un contrato de dez días.[12] Dez días máis tarde, asinou cos Nuggets para o resto da tempada.[13] O 1 de setembro de 2021, Rivers renovou o seu contrato cos Nuggets.[14]
O 14 de xullo de 2022, Rivers asinou un contrato dun ano cos Minnesota Timberwolves.[15]
Notas
editar- ↑ "Hornets take Davis with No. 1 pick in Draft". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
- ↑ Boston Celtics Complete Three-Team Trade
- ↑ LOS ANGELES CLIPPERS ACQUIRE AUSTIN RIVERS IN THREE-TEAM TRADE
- ↑ Stein, Marc (16 de xaneiro de 2015). "Austin Rivers to L.A. in 3-team deal". ESPN. Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
- ↑ Rosen, Zach (26 de xuño de 2018). "Wizards boost backcourt with Rivers trade". NBA.com. Consultado o 26 de xuño de 2018.
- ↑ "Phoenix Suns Complete Trade with Washington Wizards". NBA.com. 17 de decembro de 2018. Consultado o 17 de decembro de 2018.
- ↑ "Phoenix Suns Waive Austin Rivers". NBA.com. 18 de decembro de 2018.
- ↑ "Rockets Sign Free Agent Austin Rivers". NBA.com. 24 de decembro de 2018. Consultado o 24 de decembro de 2018.
- ↑ "Knicks Sign Austin Rivers". NBA.com. 27 de novembro de2020. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Thunder Acquires Tony Bradley, Austin Rivers, Two Second-Round Draft Picks and Generates Trade Exception". NBA.com. 25 de marzo de 2021.
- ↑ "Thunder Waives Austin Rivers". NBA.com. March 28, 2021. Consultado o 16 de abril de 2021.
- ↑ "Denver Nuggets Sign Austin Rivers to 10-Day Contract". NBA.com. 20 de abril de 2021. Consultado o 20 de abril de 2021.
- ↑ "Denver Nuggets sign Austin Rivers". NBA.com. 30 de abril de 2021. Consultado o 30 de abril de 2021.
- ↑ "Denver Nuggets Re-Sign Austin Rivers". NBA.com. 1 de setembro de 2021. Consultado o 1 de setembro de 2021.
- ↑ "Free agent Austin Rivers agrees to 1-year deal with Minnesota Timberwolves". ESPN.com. 15 de xullo de 2022. Consultado o 15 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 08 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Biografía en Duke (en inglés)