Marcin Gortat

baloncestista polaco

Marcin Janusz Gortat, nado o 17 de febreiro de 1984 en Łódź, é un xogador profesional de baloncesto polaco. Mide 2,13 metros e xoga na posición de pivote.

Marcin Gortat
Axente libre
Posición Pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 17 de febreiro de 1984 (40 anos)
Łódź Łódź
Nacionalidade Polonia Polonia
Altura 2,11 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Pre-draft club Köln 99ers
NBA Draft 2005 / Rolda: 2 / Elección: 57
Por Phoenix Suns
Carreira dende 2003
Historial de equipos
ŁKS Łódź (2002–2003) Polonia
Köln 99ers (2003–2007) BBL
Orlando Magic (2007–2010)
Phoenix Suns (2010–2013)
Washington Wizards (2013–2018)
Los Angeles Clippers (2018–2019)
Información en nba.com

Traxectoria editar

Europa editar

Tras xogar no equipo da súa cidade en Polonia, en 2003 fichou polo equipo alemán do RheinEnergie Köln. Na súa última tempada tivo unha media de 10,4 puntos, 5,6 rebotes e 1,1 tapóns por partido na Euroliga.[1]

NBA editar

Foi elixido no posto 57 do Draft da NBA de 2005 por Phoenix Suns, que traspasou os seus dereitos a Orlando Magic, equipo co que disputou o tres últimas edicións da súa liga de verán, regresando sempre a Alemaña. Por fin en 2007 os Magic fixéronse co xogador para a tempada 2007-08.[1]

O 25 de outubro de 2013, Gortat foi traspasado, xunto a Shannon Brown, Malcolm Lee e Kendall Marshall ós Washington Wizards, a cambio de Emeka Okafor e unha elección protexida de primeira rolda do Draft de 2014.[2] Dos 4 xogadores que traspasaron os Suns, tan só Gortat quedou no equipo para xogar durante a tempada 2013-14, os outros tres foron cortados.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Marcin Gortat arranxou condicións e xogará no Magic de Orlando[Ligazón morta]
  2. "Wizards Acquire Gortat From Suns". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 25 de outubro de 2013. Consultado o 25 de outubro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar