RheinStars Köln

(Redirixido desde «Köln 99ers»)

O RheinStars Köln é un club de baloncesto da cidade de Colonia, no estado de Renania do Norte-Westfalia, que xoga na ProB, a terceira categoría do baloncesto alemán. O maior éxito do club foi a consecución da Basketball Bundesliga, máxima competición do baloncesto xermano, no ano 2005, o que lle serviu para participar na Euroliga, alén das tres Copas de Alemaña gañadas en 2004, 2005 e 2007. Porén, en xaneiro de 2008 o club desclárase insolvente e é relegado a categorías inferiores.

RheinStars Köln
Información xeral
Liga ProB
Fundación 1999
Historia Cologne 99ers (1999–2001)
RheinEnergie Köln (2001–2007)
Köln 99ers (2007–2013)
Cores                Vermello, branco, azul
Localización
Cidade Alemaña Colonia, Alemaña
Pavillón Basketball Campus Köln
Capacidade 200
Campionatos
Liga 1 (2006)
Copa 3 (2004, 2005, 2007)
Supercopa 1 (2006)
rheinstars-koeln.de

HistoriaEditar

O equipo foi fundado en 1999 co nome de Cologne 99ers. No ano 2001 reciben o patrocinio da compañía enerxética RheinEnergie, que apoia ao club até o ano 2007, ano no que o club toma o nome de Köln 99ers. Alén de gañar as Copas de Alemaña de 2004, 2005 e 2007, o maior éxito do club foi a consecución da Liga de Alemaña en 2006, o que lles permitiu participar na edición 2006-07 da Euroliga. Durante a súa participación na máxima competición continental o club xogou os seus partidos como local no Philips Halle de Düsseldorf. O 21 de xaneiro de 2008 o club anuncia que é insolvente, sendo relegado a categorías inferiores do baloncesto xermano. No ano 2013, o club foi relanzado co nome RheinStars Köln na Oberliga.

NomesEditar

  • Cologne 99ers (1999−2001)
  • RheinEnergie Köln (2001−2007)
  • Köln 99ers (2007−2013)
  • RheinStars Köln (2013−presente)

TemporadasEditar

Ano Nivel Liga Pos. Postemporada Copa Europa
2000–01
3
1.Regionalliga
1
2001–02
1
Bundesliga
3
Subcampión
2002–03
1
Bundesliga
4
Cuartos de final Subcampión 2 ULEB Cup Oitavos de final
2003–04
1
Bundesliga
6
Cuartos de final Campión 2 ULEB Cup Oitavos de final
2004–05
1
Bundesliga
3
Cuartos de final Campión 2 ULEB Cup Oitavos de final
2005–06
1
Bundesliga
3
Campión 3 FIBA EuroCup Cuartos de final
2006–07
1
Bundesliga
5
Semifinais Campión 1 Euroliga Fase regular
2007–08
1
Bundesliga
10
2 ULEB Cup Dezaseisavos de final
2008–09
1
Bundesliga
15
2 ULEB Cup Dezaseisavos de final
2013–14
5
2.Regionalliga
1
2014–15
4
1.Regionalliga
1
2015–16
2
ProA
13
2016–17
2
ProA
8
Cuartos de final
2017-18
2
ProA
4
2018-19
3
ProB
22
2019-20
4
1.Regionalliga
1
Ascenso
2020-21
3
ProB
9
2021-22
3
ProB
11

PalmarésEditar

  • Liga de Alemaña
    • Campións (1): 2006
  • Copa de Alemaña
    • Campións (3): 2004, 2005, 2007
  • Supercopa de Alemaña
    • Campións (1): 2005

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar