Abrir o menú principal

Trevor Ariza

baloncestista estadounidense

Trevor Anthony Ariza, nado o 30 de xuño de 1985 en Miami, Florida, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 2,03 m, xoga na posición de ala. Antes de ser elixido no Draft da NBA de 2004 polos New York Knicks, Ariza formou parte dos UCLA Bruins da NCAA.

Trevor Ariza
Trevor Ariza Wizards.jpg
Sacramento Kings – No. 0
Ala
Información persoal
Nacemento 30 de xuño de 1985 (34 anos)
Florida Miami, Florida
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Información da carreira
Instituto Westchester (Os Ánxeles, California)
Universidade UCLA (2003–2004)
NBA Draft 2004 / Rolda: 2 / Elección: 43

Por New York Knicks

Carreira desde 2004
Historial de equipos
New York Knicks (2004−2006)
Orlando Magic (2006−2007)
Los Angeles Lakers (2007−2009)
Houston Rockets (2009−2010)
New Orleans Hornets (2010−2012)
Washington Wizards (2012−2014)
Houston Rockets (2014−2018)
Phoenix Suns (2018)
Washington Wizards (2018−2019)
Sacramento Kings (2019−presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2009)
Información en nba.com

TraxectoriaEditar

Instituto e UniversidadeEditar

Nado en Miami, Florida, Trevor Ariza formouse no instituto Westchester dos Ánxeles. No equipo de baloncesto do centro, os Comets, coincidiu na súa tempada junior co tamén profesional Hassan Adams. Como xogador, liderou ao equipo ao campionato estatal de California nas súas tempadas junior e senior. No seu último ano fixo unha media de 21 puntos, 14 rebotes, 9 asistencias e 3 tapóns. O xornal Los Angeles Times concedeulle o galardón de Xogador do Ano e Mellor Xogador dos Ánxeles. Nas súas catro tempadas xogou en todas as posicións. Na súa honra, o seu dorsal co número 4 foi retirado polo instituto.

Tras acabar o instituto, Ariza acudiu á Universidade de UCLA, aínda que só pasou alí unha temporada antes de presentarse ao Draft da NBA. As súas cifras foron de 11,6 puntos, 6,5 rebotes e 1,7 roubos en 25 partidos (23 deles como titular). O seu tope anotador ficou en 24 puntos, os cales conseguiu dúas veces, unha ante Oregon State e outra ante Southern California. Por outra banda, o seu récord rebotes quedou en 14 ante Michigan. Nesa temporada 2003-04 foi incluído no Quinteto Freshman da Pacific Ten Conference (Pac-10).

NBAEditar

Ariza foi escollido no posto 43 da segunda rolda do Draft da NBA polos New York Knicks. Ariza comezou desde o banco, e con 19 anos converteuse no segundo rookie máis novo en disputar 80 partidos cos Knicks. Pronto se gañou a titularidade da man de Larry Brown. En febreiro de 2006, Ariza foi traspasado a Orlando Magic xunto a Penny Hardaway por Steve Francis. Tras o traspaso, fixo unha media de 4,7 puntos por partido, mentres que o ano seguinte aumentou a súa contribución até os 8,9 puntos e 4,4 rebotes.

En novembro de 2007, Ariza recalou en Los Angeles Lakers en troca de Brian Cook e Maurice Evans. Con todo, uns meses despois, en xaneiro de 2008, lesionouse o pé dereito, non podendo facer o seu retorno até segundo partido das Finais de Conferencia ante os San Antonio Spurs. En marzo de 2009, Ariza foi expulsado dun partido tras unha durísima falta sobre Rudy Fernández, xogador dos Portland Trail Blazers, que acabou co xogador español hospitalizado. O 15 dese mes, Ariza logrou a súa mellor marca ao anotar 26 puntos ante Dallas Mavericks. Nos playoffs de 2009, Ariza anotou 21 puntos ante os Utah Jazz no primeiro partido e, nas Finais de Conferencia ante os Denver Nuggets, foi decisivo para a vitoria do seu equipo. Nas Finais da NBA, os Lakers venceron aos Orlando Magic, conseguindo Ariza o seu primeiro título da NBA. Na serie final achegou unha media de 11,3 puntos e 4,2 rebotes, ademais dun 50% desde a liña de tres puntos.

En xullo de 2009, Ariza asinou cos Houston Rockets un contrato de 33 millóns de dólares por 5 anos, deixando os Lakers na procura de máis protagonismo. Nun dos seus primeiros partidos co equipo texano, o 31 de outubro, anotou 33 puntos ante Portland Trail Blazers. NA mesma temporada, en abril, conseguiu o seu primeiro triplo-dobre. O seguinte verán foi traspasado aos New Orleans Hornets, nun traspaso a catro bandas con Indiana Pacers e New Jersey Nets. Nos playoffs de 2011, Ariza fixo unha media de 15,5 puntos e 6,5 rebotes. Os Hornets caerían ante Los Angeles Lakers en 6 partidos. Na temporada 2011-12, foi regular no seu rendemento, mais a marcha de Chris Paul debilitou moito aos Hornets que non conseguiron clasificarse a Playoffs.

En xuño de 2012, Ariza e Emeka Okafor foron traspasados aos Washington Wizards en troca de Rashard Lewis. Na temporada 2013-14, é vital para que o equipo volva aos playoffs e venza en primeira rolda aos Chicago Bulls por 4-1. Con todo, na seguinte rolda caerían ante os Indiana Pacers. Tanto na tempada regular como nos playoffs, Ariza mostrou un gran nivel, grazas sobre todo á súa capacidade para facer canatras triplas (en especial desde as esquinas onde estivo entre os líderes da liga) e á súa defensa perimetral. No verán de 2014, volve aos Houston Rockets nun acordo de firma e traspaso de tres bandos que involucrou aos Wizards e os New Orleans Pelicans.[1]

Vida persoalEditar

O irmán menor de Ariza, Tajh Ariza, morreu aos 5 anos de idade en Caracas, Venezuela, o 18 de marzo de 1996 despois de precipitarse pola xanela dun apartamento do piso 16 do Hotel Anauco Hilton, mentres Trevor Ariza estaba a ver un partido do seu padrasto cos Cocodrilos de Caracas. O seu primeiro fillo leva o nome do seu defunto irmán.[2]

O seu padrasto, Kenny McClary, xogou nos Florida Gators a finais dos anos 1980. Ariza ten ascendencia da República Dominicana, a través do seu avó Osvaldo Ariza, nativo de Porto Prata, e de Turks e Caicos a través a súa nai Lolita, unha ex-Miss Turks e Caicos nativa da Illa Gran Turca. Ariza considerou a mudanza de cidadanía para xogar coa selección de baloncesto da República Dominicana. Porén, descartou a opción despois de aceptar unha invitación ao campo de adestramento da selección de baloncesto dos Estados Unidos.

NotasEditar

  1. Stein, Marc (14 de xullo de 2014). "Rockets get Trevor Ariza in trade". ESPN (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  2. Velin, Bob (24 de xuño de 2004). "UCLA's Ariza moves from tragedy to prospect". USA Today. Consultado o 15 de novembro de 2015. 

Véxase taménEditar