Earl Monroe

baloncestista estadounidense

Vernon Earl Monroe, nado o 21 de novembro de 1944 en Filadelfia, Pensilvania, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no segundo posto da primeira rolda do Draft de 1967 polos Baltimore Bullets (actuais Washington Wizards), onde xogaría até 1971. No seu primeiro ano como profesional, 1968, conseguiu gañar o premio ao Rookie do Ano. Con todo, o seu maior éxito foi noutro equipo, xa que consegue facerse co anel de campión da NBA en 1973 cos New York Knicks. A nivel individual, tamén foron destacábeis as súas catro presenzas no All-Star. En 1990 pasou a formar parte do Basketball Hall of Fame como xogador e, seis anos despois, en 1996, foi seleccionado como uns dos "Cincuenta mellores xogadores da historia da NBA". Os dous equipos nos que xogou profesionalmente retiraron o seu dorsal como homenaxe a súa carreira. Foi alcumado habitualmente como "The Pearl".

Infotaula de personaEarl Monroe

(2013) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de novembro de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónJohn Bartram High School (en) Traducir
Winston-Salem State University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura191 cm Editar o valor em Wikidata
Peso84 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor em Wikidata - 1980 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor em Wikidata
Convocado porWashington Wizards Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- New York Knicks Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Universidade

editar

Monroe xogou na pequena universidade de Winston-Salem State, no estado de Carolina do Norte, pertencente á segunda división da NCAA. Tras un frouxo primeiro ano, anotando tan só 7 puntos por partido, a súa participación foi facéndose maior, e no seu último ano de carreira presentou unhas destacábeis estatísticas de 41,5 puntos e 6,7 rebotes, que o levaron a ser considerado mellor xogador do ano da División 2 da liga universitaria, gañando o seu equipo o título ese mesmo ano.

Foi elixido no segundo posto da primeira rolda do Draft da NBA de 1967 polos Baltimore Bullets. Non defraudou, e no seu primeiro ano foi elixido Rookie do Ano, tras facer unha media de 24,3 puntos, 5,3 rebotes e 4,3 asistencias por partido, incluíndo unha destacábel actuación contra Los Angeles Lakers na que anotou 56 puntos, o que supón a terceira mellor marca nun partido para un novato en toda a historia da NBA. Neses primeiros anos en Baltimore formou unha excelente parella con Wes Unseld, e chegaron a disputar a final do campionato en 1971.

A principios da tempada 1971-72 foi traspasado aos Knicks de Nova York, e alí coincidiu con outro gran xogador, Walt Frazier, co cal formou un dos mellores backcourt, ou parella de base-escolta, de todos os tempos. Xuntos conseguiron o título da NBA en 1973. Tras nove anos na cidade dos rañaceos, Monroe retirouse en 1980 por mor dunha lesión na xeonllo.

Equipos

editar

Palmarés

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar