50 mellores xogadores da historia da NBA
Os 50 mellores xogadores da historia da NBA (en inglés: 50 Greatest Players in NBA History), tamén chamado Equipo do 50º aniversario da NBA ou NBA's Top 50, é unha lista de xogadores elavorada en 1996 polo 50 aniversario da fundación da National Basketball Association (NBA). Estes cincuenta xogadores foron elixidos a través dunha votación na que participaron membros dos medios de comunicación, xunto con xogadores e adestradores retirados, ademais de membros dos corpos técnicos do equipos. Fíxose ademais unha lista cos dez mellores adestradores e cos dez mellores equipos dunha determinada temporada.[1] Dentros dos criterios necesarios para ser elixidio, os xogadores tiñan que ter xogado polo menos unha parte das súas carreiras na NBA, independentemente da posición ocupada.
A lista foi anunciada polo comisionado da NBA David Stern o 29 de outubro de 1996 no hotel Grand Hyatt New York, situado na antiga localización do Commodore Hotel, lugar onde se asinou a constituación orixinal da NBA o 6 de xuño de 1946. O anuncio supuxo o comezo dunha longa temporada de celebracións polo aniversario da competición.[1] Corenta e sete dos cincuenta xogadores reuníronse máis tarde en Cleveland durante a cerimonia do descanso do All-Star da NBA de 1997. Os tres xogadores ausentes foron: Pete Maravich, quen morrera en 1988 aos corenta anos;[2] Shaquille O'Neal, que se estaba a recuperar dunha lesión de xeonllo; e Jerry West, que tiña programada unha intervención por unha infección de oído e non podía voar. No momento do anuncio, once dos xogadores seleccionados estaban en activo, aínda que actualmente xa están todos retirados. O último deles en retirarse foi o propio O'Neal, que acabou a súa carreira como xogador da NBA a finais da tempada 2010−11.[3]
Xogadores seleccionados
editarProceso de selección
editarA lista foi elavorada a través da recompilación dos votos, sen orde de preferencia, de 50 membros dun xurado. Dezaseis dos membros do xurado eran ex xogadores, trinta eran membros da prensa e dos medios audivisuais, e vinte e un representantes de equipos, entre os que se encontraban actuais e antigos directores xerais, destradores e executivos. Deste último grupo, trece tamén foran xogadores da NBA. Os xogadores tiñan prohibido votarse a si mesmos. Finalmente, tan só tres deses veteranos non foron seleccionados: Bill Bradley, Johnny Kerr e Bob Lanier.
Voters
editarSinala a un votante que foi seleccionado para a lista | |
Categoría de voto | Tal e como foi categorizado pola NBA |
Lista
editarOnce dos xogadores (Charles Barkley, Clyde Drexler, Patrick Ewing, Michael Jordan, Karl Malone, Shaquille O'Neal, Hakeem Olajuwon, Robert Parish, Scottie Pippen, David Robinson e John Stockton) estaban en activo na temporada 1996−97, durante a cal os xogadores foron anunciados. O'Neal foi o último en retirarse da NBA, deixando a competición durante a temporada 2010−11. Todos os xogadores a 2015, excepto o propio O'Neal, foron incluídos no Naismith Memorial Basketball Hall of Fame. Baixo as actuais normas do Hall of Fame, un xogador debe estar retirado durante cino anos antes de poder optar a ser elixido para poder ser incluído; polo tando, O'Neal non será elixíbel até a promoción de 2017. Lenny Wilkens é o único membro da lista de xogadores que tamén foi seleccionado na lista de adestradores.
Cursiva | Denota a un xogador que estaba activo na NBA no momento da selección | |||||
Elixido para o Naismith Memorial Basketball Hall of Fame | ||||||
AllStar | Denata o número de aparicións no All-Star | |||||
Ano | Denota o ano de introdución no Basketball Hall of Fame | |||||
G | Base | F | Aleiro | C | Civote | |
Pos | Posición | Pts | Puntos | Reb | Rebotes | |
Ast | Asistencias | MVP | Most Valuable Player |
Nota: A estatísticas son correctas até a fin da temporada 2010−11, a última en que calquera xogador da lista estaba en activo.
Dez mellores adestradores
editarXunto á selección dos 50 mellores xogadores, fíxose unha selección dos 10 mellores adestradores da historia da NBA. A lista foi compilada en base a unha selección non ordenada realizada exclusivamente polos membros da prensa escrita e audiovisual que cobren regularmente a NBA. Os dez adestradores nomeados estaban vivos no momento do anuncio da lista, e catro deles - Phil Jackson, Don Nelson, Pat Riley e Lenny Wilkens - estaban aínda en activo. Catro morreron desde entón: Red Holzman en 1998, Red Auerbach en 2006, Chuck Daly en 2009, e Jack Ramsay en 2014. Jackson foi o último dos adestradores en anunciar o seu retiro despois da temporada 2010–11. Nelson é o único membro que nunca gañou un campionato como adestrador, a pesar de que gañou cinco como xogador. Wilkens é o único membro da lista de adestradores que foi tamén seleccionado na lista de xogadores.
Elixido para o Naismith Memorial Basketball Hall of Fame | |
Ano | Denota o ano de introdución no Basketball Hall of Fame |
Dez mellores equipos
editarNa celebración do 50 aniversario da NBA tamén se incluíu unha selección dos 10 mellores equipos da historia da competición. A lista foi rellida en base a unha selección sen orde realizada exclusivamente polos membros da prensa escrita e audiovisual que cobren regularmente a NBA. Os equipos foron seleccionados de entre os mellores dunha soa tempada durante. Todos os equipos escollidos gañaron o campionato da NBA, tendo entre todos unha media de 66 partidos gañados por temporada. A mellor histórica de todos os equipos, porén, téñena os Chicago Bulls da temporada 1995-96 con 72 vitorias.
Tan só seis das trinta franquías da NBA (vinte e nove no momento do anuncio) teñen un equipo na lista. Catro deses equipos contan con máis dun equipo seleccionado: os Boston Celtics, os Chicago Bulls, Los Angeles Lakers e os Philadelphia 76ers.
Seis xogadores están no cadro de xogadores de dous equipos distintos da lista: Wilt Chamberlain cos Sixers de 1966-67 e os Lakers de 1971-72; James Edwards, Dennis Rodman e John Salley cos Pistons 1988-89 e os Bulls de 1995-96; e Michael Jordan e Scottie Pippen cos Bulls, tanto en 1991-1992 e 1995-1996. Outros tres individuos figuran tanto como xogador como adestrador, todos os cales repetindo franquía: K. C. Jones cos Celtics como xogador en 1964-65 e como adestrador en 1985-86, Billy Cunningham cos Sixers como xogador en 1966-67 e como adestrador en 1982-83, e Pat Riley cos Lakers como xogador en 1971-72 e como adestrador en 1986-87. Phil Jackson, o adestrador en xefe dos Bulls desde 1989 até 1998, foi o único home en adestrar a dous equipos que chegaron á lista. Aínda que Jackson estaba baixo contrato cos Knicks como xogador na tempada do campionato de 1969-70, non xogou ese ano por mor de estarse a recuperar dunha cirurxía de fusión espinal.[4]
Os xogadores cuxos nomes están en cursiva foron incluídos no Basketball Hall of Fame despois do anuncio dos 10 mellores equipos. Os xogadores pertencentes os Salón da Fama que figuran para cada equipo individuo son só os que foron incluídos como xogadores, e non inclúe os seleccionados noutras funcións como adestrador ou técnico.
Aclaracións
editar- a Os equipos da American Basketball Association (ABA) que non foron admitidos na NBA en 1976 non están incluídos; cada ano liga co artigo a esa tempada en particular.
- b Os récords e as porcentaxes de vitorias en cursiva reflicten todos os partidos xogados até a tempada 2010−11; o rexistro anterior é o do adestrador no momento da súa selección.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "The NBA's 50 Greatest Players". NBA.com (en inglés). Turner Sports Interactive, Inc. 26 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2010. Consultado o 18 de marzo de 2015.
- ↑ Rogers, Thomas (6 de xaneiro de 1988). The New York Times, ed. "Pete Maravich, a Hall of Famer Who Set Basketball Marks, Dies" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015.
- ↑ MacMullan, Jackie (1 de xuño de 2011). ESPN.com, ed. "Shaquille O'Neal announces retirement" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2015.
- ↑ Lawrence, Mitch (27 de febreiro de 2010). Daily News, ed. "Los Angeles Lakers adestrador Phil Jackson amazes Knick legends with his hoops longevity" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2010. Consultado o 20 de marzo de 2015.